venres, 9 de xuño de 2023

Seguro que as vemos (ou as queremos ver)?

 

Hai cartas marcadas moi profundas que non as queremos ver...

E, desde logo, non son xenéticas. Son cartas que nos dá a sociedade establecida, ás veces recén nacidos, para tentar sobrevivir por embaixo de mínimos humanos.

Son cartas como a pobreza, a fame... ou a escravitude. Cartas que se fabrican nas  factorías da SAD e que son repartidas a moreas, entre os seres humanos menos protexidos (por esa mesma SAD) do planeta.


Algúns traen as cartas da cuna...

Son, por exemplo, millóns de nenos terrestres, que pasan fame, ata o punto de que moitos deles morren famentos.

Esos mesmos nenos, por certo, que logo son reclutados como soldados, pola mesma SAD que os desprecia, precisamente para non morrer de fame.

E o chamado Occidente, a Gran Hipócrita Europa, como máis antigo representante, mirando para outro lado. Despois de provocar esa mesma pobreza, que agora tanto afecta ás súas ex-colonias.


E se pasan de xeración en xeración...

Ou como as cartas que lles deron aos chamados escravos. Seres humanos, que nacían xa como escravos ou que os poderosos de turno, facían escravos, unha vez que era conquistado o seu territorio. 

Nada disto é xenético. No ADN non está a marca de escravitude. Ven sendo unha circunstancia de xenética social. E decimos xenética, porque se transmite de pais a fillos, como se fose unha herencia xenética natural.

Por iso falamos ás veces de que se necesita unha Socioxenética, que estude o que pode significar a presencia dun adn social, tanto positivo como negativo. Porque ambos tipos de adn social, parten dun desevolvemento social do ADN orixinal.

E como ben amosa a Biblia, non deixa de ser unha versión do pecado orixinal, que segundo os seus crentes foi cometido polos "nosos primeiros pais". Así tamén sería a escravitude, unha especie de pecado orixinal. Ou, no seu defecto, a asunción dese pecado por haber perdido unha guerra.


Mentras os sabios non fan as preguntas correctas...

Pero aquí nos toca agora, volver a marear a perdiz cos amigos filósofos da Grecia Antigua. Especialmente o iniciador da reflexión filosófica, en base a unha metodoloxía moi sinxela : facer(se) preguntas.

Pero, como decía o outro, o quid da cuestión non é preocuparse pola resposta, senón que se debe tentar, primeiro, que a pregunta sexa a correcta.

O amigo Sócrates gustaba moito de preguntarse por coneceptos tan abstractos como Beleza, Bondade, Xustiza... , pero era máis reacio a se facer preguntas máis concretas. Ou, polo menos, con un tipo de abstracción diferente.

Non se trataba tanto de reflexionar sobre a beleza dunha estatua grega, por exemplo, que se poidera elevar a categoria xeral, abstracta, como A Beelza. Nós pediríamoslle reflexioanar sobre algo que tiña unha clara concreción na vida social da "democrática" Atenas, do propio Sócrates. 

Por exemplo : Por que había ciudadanos de primeira e ciudadanos de segunda? Para ser precisos, por que había seres humanos que non chegaban a ser ciudadanos? Non nos interesa tanto si existe A Igualdade ou non, por exemplo. Wue se pode dicir da Igualdade, habendo xente tan desigual?

Que coño pasaba, entón, con esa clara discriminación? Había dous tipos de seres humanos? Que pasaba, en ese tipo de sociedad "democrática", para que un escarvo se mudara en libre, pola libre decisión do seu amo?

Eran todas preguntas, que non cabían na mente do amigo Sócrates? Por que?




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...