Amosando publicacións coa etiqueta sumisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sumisión. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (e VI)


E meténdose algo máis adentro (do corpo humano), que pode pasar?

Que os profes de Ciencias Naturais xa non podemos ensinar o que ata hai anos ensinabamos. Xa que o ADN pasa a ser algo meramente secundario, para definir o que debe ser un ser humano. Dito irónicamente.

Xa non no tocante a cor de pelo, de ollos, número de dedos... mesmo se se ten útero ou non... todo vai quedar decidido pola vontade do ser humano, aínda que teña todas esas características, sexan masculinas, femininas ou neutras (ata hoxe).

Din os evanxélicos queer, que depende de "como se sinta" : home ou muller. Para nada vainod etereminar aexistencia dese aparato repoductor masculino ou feminino. 

Todo dependerá de como, este ser humano, se acomode no corpo que o ADN lle foi deseñando. Unha vez nacido (suponse que antes non), xa pode decidir si lle vai gustando o seu corpo de muller ou de home. Din eles, e parece que sin dúbida algunha.

E xa deixamos de lado o problema dos hermafroditas humanos, que se supón teñen menos dereitos que aqueles humanos, aos que o Evanxeo Queer considera como merecedores do cambio de sexo.


O ADN valerá para algo?

Ter útero, ovarios, clitoris deixa de ser determinante, para dicir o sexo dun ser huamnao recén nacido.E xa no hai que se meter en características psicolóxicas, que a natureza lle deixou marcadas á portadora de cromosomas XX, para que poida exercer o mellor posible co su futuro papel de nai.

Ou será atmén esa marca natural no ADN,(ser nai) unha simple tatuaxe, que algún avispado "terf" (se dirá así?) meteu polo medio, do proceso de maduración, antes do nacemento? Ou nese meses iniciais na vida do bebé.

Porque, en que momento se inicia esa transición no cerebro do bebé, para se situar en corpo non apetecible? Será con dous meses, con catorce, con catro aniños... ou pode que, moitos se sintan disconformes co seu corpo, a partir dos sete anos. Cando a Igrexa católica decía que "nos viña o uso da razón" ás crías humanas. E por iso se facía a Primeira Comuñón, que certificaba o bautismo perpetrado cando se era recén nacido. Así de científica é a Igrexa Católica.


E o cromosoma Y será un conto chino?

E que nos dirá o Evanxeo Queer, sobre estas "menudencias" xenéticas? Quizás sexa unha parte da ciencia (a xenética), que non lles dá moito gusto tratar con ela. Demasiadas preguntas sen contestar, para todo evanxélico?

Porque se o corpo non te gusta con sete aniños, co teu cerebroaínda en fase de maduración inicial (fase infantil), que importancia ten a existencia do cromososma Y? Se supón que o ADN será abondo independente, como para permitir un desenvolvemento de caracterísiticas de femia, aínda non tendo esa conformación de XX. Para qué a necesitas? Pode que a natureza non sepa facer ben o seu traballo, por moito que tardase millóns de anos en seleccionar a mutación que deu no homo sapeins.

Se parece que abonda coa vontade do nene, que quere mudar de sexo, para que tanto esforzo?


Porque agora os XY serán mulleres, se "eles" queren!!

E, ademais deste tipo de aspectos científicos, habería que lle preguntar aos adultos que promocionan estas ideas, algo sobre o seu apoio a estas crías humanas que se ven na querencia de mudar de sexo. 

Habería que se preguntar, por exemplo, polo papel de pais e técnicos no comportamento dun ser humano, que quere iniciar unha transición sexual. Especialmente se se vai facer en base a engadir sustancias químicas, operacións quirúrxicas e, sobre todo, introdución/inxerto de pensamentos, que non son propios da cría humana, que eles din quere facer a transición. Unha cría con sete anos, aquí non falamos de adultos transicionais, que vai acabar con ese tipo de pensamentos no seu cerebro, como se realmente fosen seus. 

E iso non se chamou sempre, lisa e rasamente, lavado de cerebro?

Así que non loitemos por mudar esa SAD, que tanto maltrata aos seres humanos "diferentes". Sexa por caraceterísticas físicas ou por características psíquicas. Non tentemos modificar o sistema chamado educativo, auténtico sistema domesticador, para unha integración (non mera inclusión) natural e libre das cías humanas, que podemos considerar como diversas. Vai con ironía!

Sexa por ter algún tipo de característica autista, de orientación sexual ou de gustos por calquera actividade creativa, que a sociedade, aínda supoñendo que xa non sexa SAD, non quera integrar.

Precisamente, na liña do noso querido adn social, temos que defender esta consideración do cambio de sexo (en crías humanas!), como unha aberración, sempre que se faga antes de que o cerebro da cría humana, poida reflexionar sobre o positivo e o negativo do cambio de sexo tan ansiado.    

Dá igual ser XX ou ser XY, mentras o cerebro non está maduro para pensar (ademais de sentir), analizando con seriedade racional o posible cambio de sexo, que narices fan os adultos manipulando a unha cría humana, nese fodido trance?

Que sacan en limpio esos adultos? Por que resulta moi difícil pensar en que no sacan algo de proveito personal, con esta defensa acientífica do cambio de sexo. E xa volveremoso a falar deste cambio, cando metamos un cerebro xa adulto na ecuación do cambio:

Ti (o teu cerebro inmaduro) + Mamá (o seu cerebro maduro) + Psicólogo (o seu cerebro maduro = TRANS 

E supoñendo que os dous adultos que interveñen na ecuación, teñan realmente o seu cerebro maduro, porque hai moito adulto con cerebro inmaduro (é dicir, perdeu parte da súa adolescencia).

E digamos ademais que, esta ecuación, non é moi fácil de resolver. E que, ademais, pode non ter solución ou dar varias solucións, o que fai casi imposible escoller a correcta HUMANAMENTE.

martes, 11 de xullo de 2023

Un Vertedoiro chamado Vietnam...

 

E por que lle chamar Vertedoiro (ou Sumidoiro)?

Porque en Vietnam o colonialismo de mediados do XX verteu, ademais de Napalm, toda a parafernalia capitalista ben armada. Viña, en certo xeito, ser unha batalla da burguesía occidental contra un pobo chamado "incivilizado" polos colonos. Tal como foi toda a colonización europea, em África e Asia, durante os séculos XIX e XX. 

E como foi a espantosa colonización europea, durante os séculos que van do XV ata o XIX. Co seu invento da escravización de "outros" seres humanos.


O adn social do soldado perfecto...

Por exemplo o adn social negativo do coronel Klingore. Unha perfecta muestra do perfecto militar. O modelo de auténtico fanático de usar as armas, sempre a máis grande e violenta, Moi enamoradp do napalm. E seguro de que matar cantos máis enemigos, moito mellor para a humanidade. A súa humanidade "particular"!

Ven sendo o que padece un Síndrome de Estocolmo Militar. A súa vida se centra exclusivamente na loita contra calquera enemigo que lle marca o Alto Mando. E nada o pode desviar dese obxectivo. 

Moi tolo, por surfear nas augas vietnamitas ou usar a música de Wagner, para animar aos seus e atemorizar ao enemigo.

o adn social do reporteiro, que fai da guerra unha aventura...

Pero nas guerras é fundamental o relato que se monten os posibles vencedores. Xa antes de a rematar, necesitan expoñer unha película que amose o gran "heroísmo" dos seus guerreiros. 

En Roma eran os seus lexioanrios, ahora nos USA son os seus marines.

E agora, com anates, nons epoden admitir ovelals negras nos eo das FFAA. Por iso s eneecsita rematar co coronel disidente, Kurtz. Un enorme Marlon Brandon.

E como dixemos o outro día, contarán para ese crime organizado con toda as Forzas Especiais que ten o Pentágono USA. Esas que se dedican a matar, dun xeito máis mafioso que legal.

As lexións aínda non levaban nin redactores nin fotógrafos, as guerras modernas xa no se poden facer sin a parafernalia do relato audiovisual. A narración ideada polos posibles vencedores. 


e o soldado "perdido", que vai voltar a casa destrozado!!

E finalmente temos ao "soldadiño de a pé". Ese soldado de base, ou, como moito, de baixas graduacións. Que se mete na inmensa merda da guerra, pero que será incapaz de sair dela. E se sae vivo, levará no seu cerebro unha boa cantidade de merda incorporada. Unha merda mental que o vai mudar nun inválido cerebral, como mínimo, senón o fai tamén corporal.

Ademais este adn social, do soldado típico USA, que recén chegado nin é positivo nin negativo, como moito activamente patriótico (algo fanático), remata por ser tan negativo, que xa non lle deixa pensar ao soldado, nin racional nin emocionalmente.

Convírtese nunha máquina de matar e, cos seus camaradas de loita, conforma unha enorme manada de animais humanos, onde o instinto pasa a ser quen domina os seus cerebros. A fabulosa escena da matanza no río, a barca con unha familia viet, que levaba animais "de verdade". E pola puta iniciativa dun casi adolescente, resulta dunha claridade meridiana. 

Vista esa escea, por exemplo, no resulta raro que, cando saia de alí (se sae vivo), este soldado sairá cun adn social tan negativo, que lle fará imposible a vida "normal" no seu país. 

Nos USA, acabará sendo un pelele, que nunca entenderá como chegou a pelexar na guerra, e, sobre todo, como os paisanos USA esqueceron todo o que el fixo por eles. Como cando veu a combatir en Europa, ou foi ao Pacífico, para evitar a invasión dos EE.UU. 

Comprobará que mesmo lle botarán en cara ter sido tan tonto, como para ir a Vietnam. Sobre todo, os que non foron, lle farán sentir que el sí foi, porque "quería ser un puto heroe".

E resulta moi importante salientar este carácter de manada nas FFAA. Especialmente as USA, ou tamén nas da Federación Rusa... como agora se comproba en Ucrania. Igual que antes se comprobou en Chechenia e Afganistán. 

E supoñemos que tamén serán manada, na República Popular de China. A fin de contas todas está cortadas polo mesmo patrón, un belicismo profundamente irracional e megapatriótico.

Un belicismo, que se basas en implementar o carácter mais animal dos soldados, que son moi ben adestrados para non desobedecer nunca as ordes dos seus mandos. Mandaran o que mandaran. 

Unha clara sofisticación do clásico método nazi de manipular aos seus soldados. Algo que, lóxicamente, xa tiñan descuberto os civilizados romanos. Que, entre outras cousas, drogaban aos seus lexionarios para entrar en batalla y evitar, así, reflexiones innecesarias (para o Alto Mando), sobre os seu brutal desenvolvemento.


martes, 27 de xuño de 2023

E por que nos fascinarán tanto os lobos?


Ao mesmo tempo que nos asustan!

Será porque, no fondo, temos medo de que nos imitemos demasiado a eles?

Porque non nos gusta pensar neso da domesticación (humana), pero sempre tivemos claro que o ser humano está máis domesticado do que debería, sobre todo dada a súa capacidade xenética para madurar natural e libremente.

Entón, por que tanto medo?

Ou tamén podemos dicir, entón porque tanta xent non quere ser consciente do seu grado de domesticación? Por que, tanta xente se considera libre, aínda que, no seu día a día, pode notar que algo falla : que non é tanta a libertade que ten. 

Que lle prometen máis libertade da que pode disfrutar realmente. Se se compara cun corpo sólido, por exemplo, que ten 3 grados de libertade, o ser humano, como moito, dispón dun só. Non pode ir nada máis que "cara diante e cara atrás. Nunca "cara aos lados", e moito menos, "cara riba". 

Para usar esas dimensións necesita o permiso do poder establecido. Xa non falemos doutras posibles dimensións, por onde se desprazar. Canta xenet poderá dispoñer dunha vaixe no espazotempo (4ª dimensión?), cando iso sexa posible?

Por que?

Resulat terribel obseravr como en lobo reepresenta perefcatmeneet,a o ememso tempo,a esencia d aliberatade e da doemsticación. O que podemsos er, libres, eoq eu seremos, unah vez doemsticados. Oprimidos poal sociedade adulta dominante.


Hai un ADN en cada un de nós...

De pequeno lle tiña moito medo aos "indios". Os Peles Vermellas, os nativos usamericanosnon os nativso da India. 

E todo era porque a tremenda Lavadora de Cerebros, que sempre foi a industria do cine made Hollywood, nolos pintaba como malos. Máis ben, malísimos. Como Animais Salvaxes e Sanguinarios. E nada bo podía sair da súas cabezas. Había que os odiar, para que, a cambio, sentir amor polos "bos e xenerosos" militares. Isos que salvaban á nacente USA, para masacrar todo tipo de nativo, humano o bisonte, que eran os auténticos amos e señores daquel territorio a conquistar polos europeos colonizadores.

E así, regalarllo a eses corruptos colonos, que lles vendían armas e alcohol aos nativos. 

Eses eran os auténticos lobos USA. Tanto vestidos de civiles como vestidos de militares. E como non, os políticos de Washington  facendo o seu corrupto traballo, que é o que mellor saben facer en todo o planeta.

E sí, todo isto é tamén un inxerto claro de adan social negativo. Para que as crías humanas terrestres, "maduremos" aprendendo a odiar a todo aquel ser humano, que sexa algo diferente, todo aquel que non conte co beneplácito da sociedade adulta dominante.

Así que os lobos "están" para ser domesticados, nas casas huamanas e os lugares onde se usan para loitar con outros lobos.

E os "indios" nativos usaamericanos, os poñen a montar Casinos en Reservas de Merda, onde no se pode máis que malvivir. Ou, lóxicamente, aproveitando a corrupción que lle oferta o Home Branco. Como non!


e logo está o ecosistema onde nos van soltar...

Porque non só hai un inxerto do adn social negativo, que nos converte en peza oprimida da maquinaria social. O lavado de cerebro leva sempre consigo unha casi perfecta readaptación a un novo ecosistema, onde a natureza non ten nada que dicir, porque as normas as impón esa SAD, da que tantos piropos decimos aquí.

Por exemplo, na película que estamos citando (Bailando con lobos), exterminan unha poboación de bisontes, para que o pobo nativo, dependa totaemente da alimentación e da droga, mesmo do armamento, que lle proporcionan os colonos brancos.

Así que, no fondo, todos intuimos, que os verdadeiros lobos non son os que acompañan ao protagonista, na súa buscc dunha vida máis natural e libre. Os verdadeiros lobos (asilvestrados) son os colonos, que buscan o xenocidio da especie nativa dese territorio agora chamado USA.


para buscar unha adaptación que sexa propia (natural e libre)!!

Así que non mareemo a perdiz demasiado. O ADN desta xente, sexa un ex-miliatr ou unha nativa, será rescrito totalmente, para facer deles unhas marionetas do poder establecido.

E non abonda con ir ao cine, made in Hollywood, para sufrir un inxerto de adn social negativo.

O levamos decindo moito tempo : desde a cuna, ata o centro educativo. Pasando primeiro polos "amigos da rúa" e logo polos compañeiros de traballo, é un constante proceso de inxerto. Sen esquecer ese esencial momento de "formar unha familia tradicional".  

Intoxícannos, igual que nos contaminan a saúd. E seguimos crendo que todo ten un "aire natural". Porque se te pintan un "feroz indio", que quere saltar da pantalla do cine, paar te matar, que coño de reposta podes dar?

O ser humano, sobre todo macho, é un lobo para outro ser humano. Pero non de xeito natural, senón por un mecanismo de inducción (inxerto), que se chama adn social negativo. Así de "simple". E logo nos asusta a improbable abducción alieníxena, ou o control mental dunha IA, creada para colmo por unha IH.

Si, somos terriblemente mediocres, como versión actual de homo sapiens.


luns, 22 de maio de 2023

E estou moi cabreado...

 

Máis que cabreado...

Porque a chamada IH (intelixencia humana) leva oprimindo ás crías humanas desde que vivía nas covas, aló na prehistoria. Aínda que, entón, non podía reflexionar sobre o seu papel (das crías) na rexeneración social do grupo/tribu que se estaba formando ao seu arredor.

Nun principio, o ser humano adulto,  non se soupo desprender do lastre educacional/domesticador que supoñía preparar ás crías humanas, polo que non as soupo preparar para que xogaran un papel relevante na sociedade en proceso de creación.

E se o ser humano, aínda homínido, aprendeu a domesticar algún animal, mesmo que fose mantendoo atrapado nun simple cercado, por que non iba ser capaz de domesticar a unha cría humana, que xa en principio se notaba máis desvalida e necesitada de atención materna. Pero coidado, decimos "domesticación", non educación!

Teñamos en conta que o paso de domesticación, animal (humano incluido), a educación, levou moitos séculos de evolución humana. Ata  os ilustrados franceses o suxeito educativo (o neno) era unha mera trasposición do animal irracional.

E por iso o mantra educativo era "a letra con sangue entra". E non se lles ataba ao asento da escola, pero pouco menos.

E precisamente por iso, non o esquezamos, aquí empeza a nosa navegación, por este océano reflexivo do blog : que coño/pito pasa coa cría humana, que necesita tanto tempo de adaptación ao ecosistema onde vai vivir? Un animal "normal" está para sair ao ecosistema onde vivirá en poucos meses, pero o ser humano necesita varios anos para que pueda dar ese paso.

Por que somos tan difrentes aos demais animais, entón, se é que realmente o somos? Ou terá razón o Sócrates e compañía, decindo que as crías humanas son simples adultos "en pequeno"?

E por iso nós temos tamén un mantra. 

E el nos di que a cría humana non ten nada que ver co adulto. Ven sendo algo moi diferente, aparte de ter xa escritas, no seu ADN, todas as capacidades que deberá desenvolver como adulto. Pero non é que as teña "en pequeno", é que nin sequera existen como tales capacidades, ata que maduren abondo. Unha cría humana non é un adulto en pequeno, só é un proxecto de adulto, que pode chegar a ser (adulto) ou que pode quedar nunha mera versión de adulto de homo sapiens, totalmente mediocre.

De aí que lle demos tanta importancia a ese concepto, que chamamos "perda da adolescencia". 

E por iso mesmo se debe protexer tanto (a cría humana), dar un adulto completo, non unha mediocre versión de homo sapiens, tal como a que domina o planeta hoxe en día. O Sócrates se quedou sen facer unha preguntt esencial : En que se diferencia unha cría humana do adulto que vai dar (se lle deixan, repito)?

E seguimos sen facer os deberes do Sócrates, a fondo. E por iso as crías humanas, na súa etapa adolescente, teñen que estar tan cabreadas coa sociedad adulta dominante.


Un que quere marcar as cartas propias...


E si, tamén tiña moita razón o Walter White. Cando estás cabreado coa sociedade, porque, básicamente, non te quere comprender, só queda un estoupido de ira e defenderte dela.

Aquí non defenderemos nunca o terrorismo, pero si denunciaremos que, a carón do terrorismo individual o grupal, existe un terrorismo do estado. Todos os gobernos son tan amigos de usar o terrorismo, como o poden ser as bandas organizadas que, eses mesos gobernos, tildan de terroristas. Como se o crimen de estado fose menos crime! E como se eses mesmos gobernos non subvencionaran o terrorismo das bandas, cando lles convén, para atacar a outros gobernos. Caso típico que se deu no apoio a Bill Laden, por parte do goberno USA, para que lle botara fóra aos soviéticos de Afganistán.

Canto mal fixeron gobernantes como Ivan IV de Rusia, Fouché na Francia revolucionaria e na restauración monárquica. E xa non digamos os grandes criminais da humanidade, como foron Hitler e o  seu "colega" Stalin.

Eles poden encarnar o melloriño diso que, aquí, chamamos a Gran Hipócrita Europa. Simbolizan o peor da humanidade como especie animal. Facendo máis entendible o comportamento contra o sistema social dun WW.


Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...