Amosando publicacións coa etiqueta manada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manada. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xullo de 2023

E que pasa cando volves cheiño de merda?

 

Porque matar, especialmente matar a crías humanas, non ten nada de "limpo"...

E porque matar en manada, sentindo que a manada te domina, e non sendo un lobo, tampouco ten nada de honroso. Nin sequera ten a característica de ser un humano, é dicir, alguén que teña conciencia do que "eso" significa. Porque se matas, como matan os soldados na guerra serás calquera cousa, menos un ser humano. 

Porque, en principio, será o máis aproximado a un zombi, que nos poidamos maxinar.

Porque, en este asunto (en xeral sempre), o feito de ter conciencia do que fas, como tal, resulta primordial, para que poidas ter a sensación positiva de ser "ti mesmo". 

Se te parece ben ser inhumano, como vas ter conciencia de ser humano? Serás un puto zombi!


Ti te consideras humano...

Cando se empeza(s) unha guerra podes considerarte máis ou menos humano, máis ou menos simpático, máis ou menos guapo.

Pero cando se remata esa guerra, global ou só para ti, xa non es o que "eras". Só quedou de ti aquela parte que se reduce un animal irracional, mesmo moi mutilado físicamente.

E a tua mente xa non te pertenece, xa non funciona como tal mecanismo cerebral, capaz de razoar, mesmo de sentir profundas emocións. Só te vale para organizar catro ideas sobre o mundo que te rodea e soportar unha ansia sin límites de sobrevivir. Ou todo o contrario.

Ante todo, en principio, sobrevivir!


e ata te esforzas por o demostrar...

E cando sobrevives, entón é cando te podes prantexar que, se tiveste sorte, quedou algo no teu cerebro capaz de seguir lendo o teu ADN orixinal. 

Algo que pode ser capaz de iniciar unha relectura do ADN. Ese que foi rescrito por un adn social negativo, inxertado ao longo desa penosa guerra que tes sufrido.

A tortura (ruleta rusa), como lle pasou a este grupo de cazadores, que usamos de referencia, pode rescribir todo o teu ADN ata mudalo nun ADN típico dun animal irracional. Y, como pasa cos cans asilvestrrdos, pode mesmo facer que te queden sobrevaloradas certas características moi "animais".

Pero, como levamos decindo desde hai tempo, tamén pode ser que consigas unha relectura do escrito en orixe, dun xeito positivo. Atoparalo remodelado en parte, pero sen perder a esencia que a naureza te deu como homo sapiens. Esas aportacións, definitorias do teu carácter humano, que aínda te poden rescatar do mundo animal, que antes indicamos como parcialmente sobrevalorado.


e tomas conciencia do que te fixeron!!

E así, como lle pasa a este "nacido o 4 de xullo", recuperar a parte da tua conciencia. De ser un ser humano, mesmo dun ser humano moi maltratado polo seu goberno. E polo seu país (os usamericanos de a pé, que desprecian a tua aportación bélica).

E incluso podes facerte activista antibelicista, porque consisderas que necesitas mostrar o teu desagrado a esa violencia, que o goberno dos USA ten como esencia patriótica de calquer habitante do país. E que vale tanto para fóra do país, como no seu interior. 

Unha esencia, que se vai destilando en modo adn social negativo, ao longo da vida deses habitantes USA.

Porque nos asusta o lavado de cerebro que facía Mao, cos disidentes da China Popular, por exemplo. Pero como podemos observar sin asco ese lavado de cerebro permanente, aunque pacífico, que se fai nos USA, co sistema domesticador, tanto fotrmal como informal?

Na guerra te lavan o cerebro. Mesmo tanto, que te deixan unha zona del tan limpa, que pasas a ter un vacio existencial profundo. Tal que chegas de novo aos USA, sendo só un zombi.

Pero, acaso o lavado de cerebro que te practican nas escolas e ruas dos USA, ven ser algo moi diferente?

Acabas sendo un zombi capitalista, por moito que fixeras (ou más si cabe) os últimos anos da tua preparación "educativa" (domesticadora a tope, nos antros preparadores do poder establecido USA : Yale, Harvard, Stanford ou MIT)

A deriva mental que conleva este tipo de domesticación, no se pode dicir que sexa moi humana. Aparte de ser moi lucrativo para a raza de psicoanalistas que pululan polos USA, pódemonos facer esta pregunta : que ten de homo sapiens esas características básicas do usamericano medio, tanto corporal como mentalmente?

Y non resulta moito mellor, a comparación deste lavado pacífico, coa estancia en territorio vietnamita. Si collemos como referentes as pandas violentas dos barrios periféricos USA. O, o que xa resulta moito máis grave, as chamadas maras centroamericanas. Esa especie de organización mafiosa, tan terrorista como poden ser os grupos islamistas, que poñen bombas alí onde lle sae do cú.

Porque non esquezamos que, o inxerto dun adn social capitalista usamericano (hai outros capitalismos), non se reparte só polo territorio UA.






xoves, 13 de xullo de 2023

E se seguimos no sumidoiro vietnamita?

 

Pero non se necesita estar nunha guerra "bélica" (de "verdade"), para ser un asasino...

Na película El cazador, podemos observar como funciona un adn social negativo, inxertado nunha guerra tan destroza cerebros, como foi a do Vietnam (anos 70).

Os que volvían ao seu país, eran tratados con desprecio dobre : como tolos, que se "deixaron ir", primeiro á guerra e logo "dentro dela" e, ademais, como tolos, que son incapaces de "integrarse de novo na sociedade civil". Tolos ao cadrado!

Todo elo, como decimos, dobremente despreciados : como soldados e como seres humanos. Foron simple carne de cañón para unha sociedade ,que os debería acoller e non lles declarar piltrafas humanas. En certo xeito lles están berrando, que deberían ter morto no campo de batalla.

Porque a sociedadae USA, neses tempos, se especializou en ser receptora de ataúdes. Coa bandeira nacional por riba, o himno e unha salva de disparos ao ar. Iso era o celebrable. Ter que recibir moitos corpos mutilados, e as mentes de casi todos, iso era un auténtico fracaso social. Non se podía permitir.

Sobre todo, non o podían permitir, os que se poideron salvar de "ir a Vietnam". Fose polo motivo que fose.


Os humanos cazan para matar (por ADN)...

Así que si. Somos cazadores por ADN. Sempre que, como bos animais, teñamos que comer e só cacemos o neecsario. Pero cazar por placer, mesmo exterminado unha especie animal (como os bisontes), non ven marcado no noso ADN. 

Ese vicio de matar cazamndo, mesmo seres humanos, é un inxerto comunitario por vía do adn social. Y totalmente negativo, xa que fomenta un instinto agresivo animal, que xa non pertenece ao acervo cultural (xa por xenética) do ser humano. E menos si pretende ser unha versión normal de homo sapiens.


Pero matan por placer (por adn social negativo)...

E por iso asociarse para matar por placer, ven ser unha idiosincracia típica da socialización animal. Dese aspecto de "ser manada", que xa non debe ter a especie humana, pero que normalmente a sociedade adulta dominante prefire manter vixente.

Velaí outro motivo, polo que as crías humanas necesitan desenvolver a súa capacidade para rexenerar a SAD. Só elas poden variar este tipo de comportamento tan de animal irracional.

E por iso, se hai unha guerra, con máis motivo, se necesita regenerar este tipo de comportamentos instintivos. Porque as guerras necesitan dun instinto primario moi desenvolvido. Nos fai máis competitivos e sanguinarios. Nada que ver co fomento dunha intelixencia racional e emocional.

Porque o feito de se deixar controlar polas emocións, non deixa de ser algo puramente instintivo. Non ten nada que ver co desenvolvemento dunha intelixencia emocional, xa que esta debe estar en equilibrio coa intelixencia racional. Non confundamos instinto animal con emocións humanas.

Matar ao violador da nosa filla é totalmente de animal irracional. Pero o podemos entender, dado o contexto tan emocional do momento. Pero ser o violador ou matar mulleres e nenos, nunah aldea vietnamita, non ten nada de "instinto por castigar a un violador". Responde únicamente a un adn social negativo, que prima o instinto irracioanl por riba de calquera intervención racional sobre as nosas emocións.

Iso e as drogas engadidas, son o que alimenta o instinto destructor dun soldado. Nin máis nin menos.


e mesmo poden xogar a matarse!!!

E isa desesperación ven ser a que explica perfectamente, que un soldado desquiciado se poida xogar a súa vida nunha ruleta rusa.

E dá igual que sexa no corazón da selva natural, aínda que as armas a fagan moi artificial, ou sexa no corazón da selva urbana, onde o adn social negativo urbano nos convirte en animais totalmente irracionais. Capaces de violar e matar a outros seres humanos. Ou rematar coa vida propia, sen ter un só remordemento de conciencia. Simplemente porque xa non temos conciencia.

Como bos animais, só podemos estar preparados para se defender, ou cazar o neecasrio. Co adn social negativo inxertado, podemos cazar sen freo, matar humanos, mesmo un familiar (por exemplo, drogados)... e mesmo, coa "lóxica" da total desesperación, levar a cabo a nosa propia morte.

Porque, que lamento pode haber cando temos claro que xa non somos seres humanos vivos, senón putos zombies destrozando todo o que atopan no seu camiño.

Os zombis non son "eles", os da TV, os zombis somos "nós", os seres humanos normales!

E logo din que é un problema convivir con IAs.

domingo, 9 de xullo de 2023

Cando o poder decide tomar medidas...

 

E busca como as executar...

Empezando por elexir moi ben un sicario capaz de as levar a cabo, sen demasiadas dificultades. E, sobre todo, sen demasiadas preguntas...

Porque aquí se fala moito da maquinaria social, desa da que somos pezas moitos seres humanos, preparadas pra iso con tempo e paciencia, desde que nacemos. Pero que exemplos podemos poñer desea especialización que a chamada SAD fai cos seus "súbditos"? Como podemos notar o efecto dun adn social negativo, na preparación deses especialistas sociais en facer "determinadas cousas" : ser familiar, amigo, profesor, comerciante, soldado... ou simplemente sicario?


Os funcionarios do poder establecido...

Bos exemplos os temos na película do Coppola Apocalipse Now. Nela nos amosan modelos de perfectas pezas desa maquinaria spcial, da que tanto tanto falamos.

Por exemplo, nada máis empezar, temos nun hotel e nunha oficina da CIA en Saigón, a un especialista en matar por encargo. Pero non por encargo de mafiosos, non. Por encargo do goberno dos EE.UU. 

Paar ser máis precisos, podemos dicir do seu Departamento de Estado, a través das Forzas Especiais do seu Pentágono. E nesa ofician de Saigón están os funcionarios pertinentes, para organizar o crime organizado do coronel Kurtz. Tal que si fose unha encomienda mafiosa do puto Al Capone.

Todo moi formal, todo perfectamente paralegal. E sempre polo ben dunha Patria.


o sicario do poder establecido...

E o sicario que se vai encargar dese traballo "mafioso" será un tenente, que leva toada a súa vida militar como mafioso paralegal, "borrando" xente problemática para o Departamento de Estado USA.

O tenente Villard, viaxará ata o mesmo fondo das tebras conradianas (O corazón das tebras), para rematar cun coronel que se lle ten atravesado a ese poder establecido nos USA. Un poder enlodado no máis profundo dunha guerra colonialista no Vietnam de finais do século XX.


e o enemigo do poder establecido!!

E así chegamos ao tercer caso de adn social negativo, antes foron os funcionarios e o tenente. Aínda que agora, xa non está tan claro se, no fondo, o corornel non se trata dun adn social positivo. Xa que estamos ante un coronel ao que lle estoupou o cerebro, tentando cumplir as ordes totalmente inhumanas do seu Estado Maior. Algo que o leva a pensar/crer que, xa "de tolos ao río".

Porque, quen vai ser o coronel Kurtz, para matar só na medida na que lle mandan en Washintong? Os "malos" do Vietcong. Aínda que, para iso, teñan que arrasar con napalm as aldeas cheas de mulleres e nenos. Que vai facer se o meteron nunha guerra básicamente inxusta e despiadada, que non permite conservar a conciencia human máis aló de certos límtes. Uns límites que ax estaban rebasados desde hai varios anos. 

Empezando xa, pola primeira vez que se desembarcou nese territorio para lle salvar o cú a un dictador e desvastar sen piedade nin razón todo un país. Máis aló desa falta de razón, que sucede cando durmimos, como ben decía o Goya. E mentras todos durmen plácidamente en Washintong, o coronel Kurtz decide espertar na selva vietnamita : e ceibar nela, de súpeto, todos os monstruos que se trouxo dormidos desde a capital dos USA.

Así de simple. Así de complexo. Así de bélico. Así de inhumano. Como dixemos outro día, o coronel non deixa de ser un claro exemplo de can asilvestrado. Alguén que foi domesticado para matar "limpamente", alguén que se desata e se fai un matarife completamente tolo. Ou, dito doutro xeito, que a súa inmensa lucidez lle leva a facer cousas de tolos. Un tolo fabricado " a conciencia" polo aparato militar usamericano.

E aínda podemos, nesta película, ver outros casos de adn social negativo moi interesantes. Mesmo a relación que se pode dar entre un tipo de adn social e o outro, cando se produce cierto conflicto de intereses, entre un e o outro, dentro do mismo cerebro.






martes, 4 de xullo de 2023

Unha readaptación salvaxe, en pleno Amazonas...

 

Cando facerse de novo salvaxe é imposible...

Polo menos para a especie humana. Non pode haber humanos "simplemenete asilvestrados". O que haberá será humanos "devoltos á vaad salvaxe", que se mudarán en psicópatas humanos, en busca de alimento.

Podemoso dicir que, o mundo zombi, non é algo tan difícil de pensar en que exista realmente. Ou poida existir con unha pouca de "boa" intención, por parte desta mediore versión de HS que estamos sendo.


Cando o ADN sufre un brutal cambio...

Porque se fala moito do zombi, que representa a un ser humano morto, que, por causas que non veñen a conto, volva a estar vivo, aínda que non lle funcione o seu cerebro. Salvo, precisamente, para o deixar aniquilado, en caso de que se lle destroce.

Pero é que, se temos en conta que un ser humano con inxerto de adn social negativo, xa non obedece realmente ao mandato do seu ADN,  que segue instalado no seu cerebro, por que non o imos considerar unha especie de zombi, que actúa segundo lle manda a SAD, a través do seu adn social negativo? 

Aparte de ter unha pinta menos estropeada, en realidade a autonomía do seu cerebro non existe. Pode chegar a ser mesmo moi amable, porque funcionará como unha peza da maquinaria social que, neste caso, lle obriga a ser moi amable. Como pode ser maltratador, se ese ser humano porta un adn social negativo de "maltratador".


Cuando te fan ser outro moi diferente...

No caso desta película (La selva esmeralda), temos a un adolescente branco, que foi roubado aos seus país do "civilizado" Brasil, por unha tribu de "salvaxes" amazónicos, que viven prácticamente illados.

E o convirten nun salvaxe tan preparado, como sería se houbese nacido nesa tribu.

E, por que non? Simplemente lle rescribiron o seu ADN, cun adn social, neste caso positivo, para facer un nativo que se soupese defender perfectamente. Incluso dos brancos. Porque el xa non era "branco".

A fin de contas é o conto do nativo secuestrado polo home branco europeo, levado como escravo ao continente ecolonizador típico.

A diferencia está na integración dese nativo na sociedade europea. Porque sempre será un mero criado, unha peza da maquinaria social, que solo "vale" para servir aos seus amos europeos.


Cando ti queres ser o colonizador!!

Mentras que, neste caso da película, temos unha tribu que fai do neno branco secuestrado, outro individuo integrante da tribu. Pasa a ser considerado como outro nativo calquera. Nin escravo, nin criado, ni sequera soldado mercenario (como eran nas lexións romanas).

Así que podemos notar como o mesmo fenómeno dun secuestro, pode dotar dun adn social positivo ou negativo. No caso nativo amazónico, totalmente positivo. Desenvolven o seu ADN, para que se faga un ser humano totalmente natural e libre. Sería moi difícil que na súa sociedade "civilizada" de orixe, poidera desenvolver toda as  capacidades humanas, que desenvolve como neonativo.

E, ao revés, se é un nativo amazónico europeizado, sería simple carne de cañón abusada polos colonizadores. Nada que ver co tratamento humano da tribu amazónica. Porque secuestrado foi, iso non se pode xustificar, pero aquí salientamos a gran diferencia do trato, como ser humano en proceso de maduración. No caso europeo se fomenta su carácter animal, no caso amazónico se fomenta su carácter humano (racional/emocional). Mesmo o de "ter espíritus", que lle axuden a camiñar pola vida. 


domingo, 25 de xuño de 2023

Existirá a adaptación e readaptación "sucesivas"?

 

E que poden dar de si os experimentos humanos?

Podémosnos preguntar : Pode suceder unha desdomesticación a todo proceso de domesticación? Estará nesa posibilidade o camiño para pensar, que o ser humano pode chegar a ser algún día realmente libre?

Porque está moi ben pensar neste tipo de universos virtuais que, como o desta Cicely ou os máis típicos do Walt Disney, mostrar universos irreales de aventura e amores casi imposibles. Donde incluso unha Bela e unha Besta, poden ter unha gran historia de amor. Ou unha nativa usamericana e un colono británico, como ven ser o caso da Pocahontas.

Imposibles no mundo real, porque este nunca será o que nos amosan nesas películas tan "de Hollywood".

O mundo real está mediatizado por unha versión mediocre de homo sapiens, que, polo de agora, non fixo moito para dar os pasos necesarios, no proceso da evolución natural e libre da especie humana.

Máis ben fixo todo o contrario.


Un ADN libre, tal como o xenera a natureza...

Así que volvemos ao noso Cicely, pero, neste caso, ao real. No ao da serie de TV. Situémonos nun  bosque real, onde o lobo é señor e amo. Mentras lle deixe, algún que outro posible depredador, que lle invada on seu ecosistema natural.

E ahí teremos a un ser vivo, co seu ADN a tope. Natural e libre. Facendo de macho alfa, de lobo obediente, ou de femia disposta a ser a que trae a este mundo ás novas promocións de lobatos. Y, como non, temos a esas crías de loba, que deben aprender moito. Necesitan saber moitas  cousas, que lle permitan adaptarse ao ecosistema onde lles vai tocar vivir.

Dito coa linguaxe que empezamos a usar por estes lares : teñen que se deixar inxertar un adn social animal, totalmente instintivo e positivo. Para que a semente escrita no seu ADN, os mude en auténticos lobos adultos. Lobos e lobas. Xefes de manada ou simples "soldados". O que "lles toque" xenéticamente.


Un ADN reconvertido en adn domesticado...

Pero sempre será, o seu destino xenético natural, algo que supoña vivir en libertade. Non vivir domesticado polo ser humano. O seu fodido e antinatural domesticador. 

Porque, como se verá ao longo da historia humana, o adestramento do lobo será un suplicio para a súa especie, unha vez domesticada. Mesmo para os que aínda queden libres, por esa obsesión enfermiza do ser humano en non recoñecer os grandes erros que pode ser capaz de cometer. Especialmente na súa relación coa natureza. E neste caso concreto o cruce tan irracional de cans domésticos. O que ten levado a criar razas totalmente irercuperables como aniamis de uso doméstico. Só valen para loitas de cans e acabar como cans asilvestrados, en modo salvaxe incontrolable, unha vez que consiguen ser liberados. 

E así, con este caso podemos reflexioanr sobre un feito claro de desdomesticación, que no caso da readaptación human tipo Dr. Fleishman no nos permitía facer.

Porque unha boa pregunta podería ser, que lle pasaría ao Dr. Fleishman se, unha vez que se afai á vida pacífica e campestre de Cicely, as súas circunstancias vitais o devolven ao peor ecosistema posible de NY? Sería o mesmo doctor, bonachón e pacífico, ou se convertiría nun Don Nadie, quen, unha vez enfadado, esatría disposto a ser máis bruto que os típicos brutos do barrio onde lle tocara vivir?


Un adn domesticado reconvertido en adn salvaxe!!!

Porque no noso ADN están moi ben marcadas as fronteiras, apar no seguir sendo un puro e instintivo animal irracional. Eses límites xenéticos humanos nos dan a capacidade de racionaliza, sen esquecer a de nos emocionar, para que sexa máis fácil atopar un equilibrio que evite o noso descontrol mental.

Iso que  precisamente, pretenderá romper o inxerto dun adn social negativo, para poder manter o control do noso comportamento social.

Así que nos preguntaremos, que tipo de ser humano iba ser ese, que foi readaptado no territorio de Alaska, cando se ve obrigado a comportarse como "un can" reurbanizado en NY, para se defender no novo e violento ecosistema de NY?. Seguirá sendo pacífico, o se desatará o peor de animal instintivo que estaba agochado aínda dentro? 

Ven acostumado, por exemplo, a que a comida non é un problema. Sempre había alguén para lla dar. Pero agora terá que pelexar por ela. E se para iso necesiat matar matará, xa que o posible equilibrio "ecolóxico" alcanzado en Cicely, xa non lle vale paar nada en NY City. Cando ademais a ley da selva novaiorquina é moito máis salvaxe e traicioneira que os bosques de Alaska. 

De feito se temos en conta a adoración do humano novaiorquino polas razas de cans máis brutais, temos unha idea clara do que esperan dun can asilvestrado. O caso do Cairo Branco do Jack London é outro bo exemplo de como a interacción entre domesticación e desdomesticación, sempre se librará con máis perxuicio para o can/humano readaptado. Cando se ve obrigado a sufrir un proceso de volta a unha selva urbana. 

Así como o can asilvestrado, acostumado a vivir co humano, vese obrigado a volver a unha vida salvaxe, nun monte que xa non controla, como cando era un lobo natural e libre. 

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...