Amosando publicacións coa etiqueta sociedad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sociedad. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de agosto de 2023

A muller e a sociedade...

 

Algo dixemos da muller como problema social...

Un falso problema, por outro lado, xa que pode estar creado polo machismo universal. É máis, podémonos preguntar socráticamente, se haberá machismo no resto do universo, ou xa non haberá problemas sexuais?

E, como non, tamén podemos facer de Sócrates cunha pregunta que el nunca se fixo, cando observaba a escravitude ao seu arredor, durante un día si e outro tamén.

E, se hai machismo no planeta, porque naceu ese machismo? Porque, igual que pasa coa escravitude, hai que ser moi pouco filósofo, para considerar que ese machismo sexa algo natural. Que teñamos todo ser humano un xen, onde ven marcada esa capacidade innata para ser machista.

Nin sequera hai que ser tan ignorante en Ciencias, como era o Sócrates, para non se facer ese tipo de preguntas.

Porque son preguntas que podemos chamar "de sentido común". Pero pode que iso non fora algo que existira realmente no cerebro dos grandes filósofos gregos. Seguro que os filósofos que aplicaban o sentido común, caso de os haber, non eran abondo académicos para a élite filosófica ateniense, non si?



Un adn social negativo...

Neste 2023 triunfa Barbie. A moneca creada precisamente como a quintaesencia da muller que desexamos todos. Polo menos, todos os que recibimos a ración correspondente de adn social negativo, inxertado a través do mundo cinematográfico USA. 

Hollywood e a súa máquina de montar historias na mente dos adolescentes, coa condición de que foran o máis aproximadas ás historias que se montaban os chicos USA. Sobre todo os chicos de ambientes non moi pobres, xa que os máis pobres usamericanos sempre foron considerados carne de cañón. Eles non servían como exemplo, xa que non merecen asistir ás clases de filósofos e economistas en Yale ou  Harvard. Eles nin valen para exemplificar o famoso Self Made Man.

Porque as grandes universities eran e son os cocederos do adn social negativo de calidade. Especialmente deseñado para futuros abogados, políticos e empresarios. Os que van controlar os fios do poder establecido na sociedade dominante USA.

E, por suposto, será sempre cousa de adultos.


inxertado en épocas muy bélicas...


Asi foi aproveitada a época da guerra mundial, para favorecer unha imaxe da muller, que combinara traballar facendo armas e servindo, ao mesmo tempo, de "ameno disfrute" da tropa, cando estivera de permiso. 

Iso sí, tratabase de facer ver que a muller USA era a máia axeitada para usar como esposa. Dado que estaba ben preparada, para exercer como ramera, paralegal ou legal.



y a través da industria "do cine"!!

Era a erótica do poder. Non era que se delegara auténtico poder nos habitantes do planeta, só se lles facía crer que podía gozar dunhas posibilidadee eróticas. Que, lóxicamente, non estarían ao seu alcance, máis que en contadas ocasións, e para moi contados individuos. Era unha erótica imposta socialmente, que logo iría derivando poos derroteiros da pornografía, a prostitución masiva e outros varios camiños de alienación social.

A mesma libertade, que se lle parecía conceder á ama de casa USA era totalmente ficticia.

E por iso, ademais da Pin Up, nacía o concepto do ser humano VIP. Era alguén que tería a posibilidade real, por moi pouco tempo, de gozar do privilexio social de ter un nivel de poder dun auténtico poderoso.

En certo xeito viña ser unha variante del "Self Made Man". Banderín de enganche civil, que usaba a SAD USA (e logo a mundial), para atraer aos novos mandos civís, tanto desde unha aula universitaria, como desde unha banda xuvenil en barrio baixo urbano, por moi conflictivo que fose.

En resumo, a muller como obxecto sexual, a poseer por unha módica suma. Ou, en casos extremos, pola venta da propia conciencia, tal que un moderno Fausto.

E, para iso, se necesitaba un adn social moi potente, xa que debía crear ao memso tempo, adictos masculinos, para pelexar pola muller obxecto... e, como non, adictas femininas, para ocupar o corpo esas mulleres obxecto. A mente da muller obxecto, Pin Up ou ama de casa tradicional, non necesitaba ocupación de ningún tipo, salvo algunhas nocións básicas de "saber estar en sociedade". 



xoves, 3 de agosto de 2023

Ser muller, un problema científico, filosófico y social...


Cando a Ciencia pasou a ser sustituida polo Novo Evanxeo Queer?

Fálase moito do movemento evanxélico, nos USA ou no Brasil, pero haberá que empezar a mirar con lupa ao novo movemento evanxélico, que eu chamo Movemento Queer.

O lobbismo que últimamnte se empezou a practicar co Movemento Gay, empeza a ser moi superado polo lobbismo Queer. Igual que pasou co Movemento Verde, se subiron ao carro deste tipo de movementos sociais que presumen de transformadores, unha serie de elementos humanos, que non teñen a democracia como unha característica básica no seu adn social.

Realmente pódese dicir que o seu adn social e unha mestura caótica de aspectos positivos e negativos, que empezan a oler abondo mal.

O caso da deriva megalomaníaca de ONGs como Greenpeace, son un símbolo da corrupción ideolóxica deste tipo de movementos.

E así...


Un ADN de femia humana...

O que sempre admiramos como unha muller, unha femia humana, segundo a definición científica, que pareceu correcta, nos inicios da clasificación dos seres vivos. 

Pero actualmenteestamso en momentos de refixar coñecementos sobre a anatomía humana, ou eso parece. 

Así que estamos sufrindo unha disolución de conceptos varios, todos eles pasados polo "non filtro" da ciencia. En certo xeito, volvemos aos tempos da Grecia Clásica, onde a metafísica ocupaba o lugar da "Física".

Eran os tempos nos que as preguntas socráticas versaban sobre a Xusticia e a beleza, en vez de preguntar(se) sobre a escravitude e o maltrato das crías humanas (abuso sexual  de adolescentes).



Otro ADN de femia humana...


Actualmente, confundindo claramente o concepto de ADN e o concepto de adn social, nos queren convencer de que, determinadas prácticas ou costumes dos seres humanos, poden pasar a ser definitorias do sexo dun ser humano. 

Ademais de facer un conglomerado moi diluido con aspectos que están relacionados con otro concepto , aínda peor para "definir" que el sexo (simplementt binómico), ao que chamaron xénero. 

Pero chegaron os lingüistas y la fastidiaron. Sin querer, porque non podían imaxinar que a diferenia sexual anatómica iba ser tan reñida nun futuro. Mesmo no seu entorrno psicolóxico. O feminino e o masculino, o singular e o plural, usados na gramática, son como atrancos para este debate actual sobre o "xénero sexual".



Y otro ADN de femia humana...

Así que, como pasou coas cores azul e rosa, o que ven sendo simple patrimonio do uso social, en relación ao sexo/género, se quere aproveitar para fomentar unha enorme e interesada confusión, sobre duas definicións perfectamente delimitadas, como son macho e femia (humanos ou non).

Delimitadas anatómicamente, en principio, xa que a nivel cerebral a cousa era moito máis complicada. Pero xa chegaremos a reflexionar sobre un tipo de contradicción, que se pode dar enrte a anatomía corporal e a producción cerebral de pensamentos propios. Porque será moi importante, para tentar un equilibrio entre definición obxectiva (externa) e subxectiva (interna), da esencia de "ser femia"(a finais do XXI).

O único que pode estar claro é que o uso social da vestimenta, por exemplo, resulta trivial na hora de definir sexos/xéneros.

Así, o coiro fíxose un símbolo falaz da característica dunha orientación sexual homerótica. Un gay tiña que vestir de coiro (e negro), como un xove rebelde tiña que vestir de Marlon Brando ou James Dean. 

En certo modo, funcionaba como o chamado toque afeminado (ou "pluma"). Ou como logo encheuse o barrio de punks, e demais familias "diverxentes". Agora se fala de "querer cambiar de sexo", casi como se un fora a unha tenda de roupa, para cambiar de traxe de chaqueta por un vestido estilo hipi.

Se toma o secundario polo pirncipal e se decide que toda discusión científica sobre o tema, ven sendo un ataque claro aos mandamentos que dicta o novo Evanxeo Queer.

Seguiremos...

domingo, 28 de maio de 2023

Que podemos facer, logo, os humanos cabreados?

 

Vivir é complicado... e non se cabrear máis!

Parecerá raro que ainda sen falar da materia viva, xa estamos nomeando ao representante máis complicado na escala da vida : o ser humano.

Pero é que este blog non está feito polos complexos moleculares primixenios, nin polas medusas ou polos peixes, nin sequera polos gatos ou polas vacas... quen atende a este blog é un ser humano. Ou iso espero ser.

Unha versión mediocre do homo sapiens, que pretende, como autor e, espero, como lector, indagar algo no proceso de creación/evolución da materia viva, neste planeta (polo de agora non temos datos de "outro").

Así que lóxicamente se trata de recomendar que nos cabreemos menos e que, pola contra, gardemos as nosas enerxías para reflexionar sobre os temas aquí tratados. 

E de aí o título desta entrada. Trátase de tomar en serio o concepto da evolución, para o estudar a fondo. Para tirar unha idea de como analizar depois o comportamento dos seres humanos. Esos aos que aquí chamamos versión mediocre de HS (homo sapiens), porque temos escrito moito máis no noso ADN do que pensa normalmente a xente "común". Esa que se conforma con seguir o que lle marca o seu adn social negativo.


Observar a natureza é o que define a un ser vivo...

E falando de "xente" xa estamos de novo enlazando co concepto de sociedade. Un concepto moi ligado ao concepto de vida. Porque os seres vivos, aínda os máis simples, necesitan vivir con outros seres vivos o máis parecido a eles. Son os seus iguais. Os que lle axudarán a vivir. E por iso, é tan importante a función dos serse vivos que chamamos "de relación".

Para analizar as outras funcións dos seres vivos, que chamaremos, en conxunto, funcións vitais, (realción, nutrición e reprodución) é fundamental partir de ésta. Ela nos leva a ser capaces de pescar. E ela nos levará a ser capaces  de buscar parella, e interactuar con ela, no caso de que a nosa reproducción a necesite.

Sen a relación non podemos nin facer a nutrición, nin facer a reprodución.





mércores, 24 de maio de 2023

Os seres vivos necesitan aparecer nun momento determinado e vivir en sociedade...

 

Tiña que se poñer creativa (a natureza), para poder evolucionar.

Porque os crentes podían esperar axuda dun determinado Deus, pero a chamada Nai Natureza, non ten deuses que lle axuden na súa tarea "creativa".

Producir novos mundos, sobre todo nes especial onde van aparecer os seres vivos, non é tarefa que se poida facer sen un gran esforzo, pero, sobre todo, unah bao dose de "imaxinación".

Combinando con eficiencia a creatividade e unha selección natural, dos cambios que se vaian producindo, nese proceso de facer e desfacer no espazo que consideramos como "natural", vai ser como esa nai natureza, pode dar lugar a crear algo tan marabilloso como é a VIDA.


Isto xa se está facendo complexo...

A evolución dos seres vivos, non é máis que unha selección das mutacións naturais, que non se sabe por que se van dando nas partículas materiais, unha vez que se organizan entre elas. Para dar moléculas algo máis complexas que as orixinais.

Aí empeza a carreira pola vida.

E aí empeza, como decimos, o primeiro problema serio da natureza : que facer, cando ten varias moléculas complexas, que entran "en colisión"? Tócale buscar o xeito de facer que algunha desas moléculas, polo motivo que sea, non volvan a desaparecer.

Estamos a falar de organizar algún tipo de actividade da natureza, que máis adiante coñeceremos como selección natural? Simplemente, poñer algo de orde, alí onde iba desaparecer de novo.

Porque non esquezamos que, como xa dixemos antes, o cosmos non está moi tranquilo, máis ben non para de chocar tan fortemente, que rematan por mudar a estructura das moléculas formadas.

Pero, a natureza se vai conformar con se quedar mirando como chocan (e volta a empezar)?

A natureza non sabemos o que é, pero podemos ter seguro que vai "querer" facer cambios na materia, que sexan máis permanentes, e mesmo, xogar/experimentar con eses cambios, unha vez  producidos..



Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...