Amosando publicacións coa etiqueta animal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animal. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xullo de 2023

As guerras non só matan adultos...

 

Tamén matan a moitas crías humanas...

... que, para colmo, non teñen nin unha ínfima cota de responsabilidade!

Porque unha cría humana aínda ten o seu ADN en proceso de maduración. Axeitándose a un ecosistema, para que as características xenéticas que ten marcadas, se poidae convertir en características humanas operativas. Que sexan capacidades "de facto", para se enfrontar con éxito á realidade dese ecosistema, onde lle tocou vivir.

As crías humanas non son aínda capaces de asumir ningunha responsabilidade individual, e moito menos social, por moi involucrada que estea (o seu corpo) nunha determinada acción, sexa pacífica ou de guerra.

Cando se lls acusa de colaborar co enemigo, por exemplo, é un enorme dislate dos adultos. Só se está esquecendo que os adultos, que lle "comeron o coco", son os auténticos reponsables desa acción bélica. Sexa dar información das forzas de ocupación ou, mesmo, poñer unha bomba que lle proporcionaron os adultos manipuladores.

Eles nunca poderán ser responsables. Ata que sexan adultos e fagan, ou non, o que fan os adultos que os corrompen mentalmente (lavado de cerebro infantil).


A guerra non é só cousa de adultos...

Así que, se os postadolescentes que van a pelexar na guerrr, o fan domesticados por unha idea de patriotismo totalmente etéreo e inhumano, que podemos dicir dos que nin a adolescentes chegaron?

Os adultos con galóns que mandan no campo de batalla e, sobre todo, os altos mandos, que mandan desde os seus despachos en Washington, esos sí, son os responsables indirectos da morte de adultos, homes e mulleers, meso se son vellos, e, por suposto, das crías humanas, que naceron para ser reposto (rexenerador) dos adultos. Deses que están morrendo na batalla, aínda que sexa na retagarda. Pero non naceron para ser carne de cañón, activa (levando bombas) ou pasiva (recibindo o seu estoupido).



nen sequera de adultos megamachistas...

Porque son eses adultos, megamachos, con tantas pelotas, que lle habitan no seu cerebro, ocupando o lugar da neuronas que alí debían estar.


a guerra é sempre "cousa de nenas"!!!!

E son eses mesmos adultos, tan tarados eles, os que causan o maltrato das crías humanas, que se ven involucradas nunha guerra, por activa o por pasiva. Unha guerra que eles non fixeron nada por traer á súa casa.

Moi maltratadas , sobre todo as femias, de palabra e obra (mesmo violadas). Asesinadas por marines USA que din aquelo de : "pode ser vietcong". Ou por negarse a se deixar violar. E, ademais, sempre serán despreciadas como seres humanos, mesmo polos seus "protectores" (teóricos), é diir, polos adultos do Vietcong.

E rematamos cun apuntamento histórico.

Porque moita xente pensa que as atrocidades da guerra é algo moderno. Cando realmente xa ven de moi antigo. Por exemplo, entre los "civilizados" romanos e os "menos civilizados" galos. Tal como pasou, cando forxaron, entre ambos enemigos, o desastre humanitario de Alesia. Onde moitas crías humanas tiveron que morrer de fame, porque na guerra non se pode mostrar humanidade. Nin os autochamados civilizados. Canta hipocresía!

Muerte de los civiles de Alesia

Llevaba el asedio unas seis semanas y las condiciones dentro de la fortaleza se hicieron cada vez peores y finalmente se les agotaron los granos. Los jefes celtas convocaron un consejo para decidir qué hacer, escuchándose distintas opciones, destacando la del noble arverno Critognato,​ quien estaba totalmente en contra de capitular​ y propuso devorar a aquellos que no pudieran combatir (no combatientes y heridos).​ Pues durante la invasión de cimbrios y teutones les permitió resistir en sus fuertes y recuperar sus tierras cuando el enemigo se retiró.​ De no hacerlo la conquista romana sería segura.​

Los cabecillas galos decidieron expulsar a todo el que no podía luchar para evitar tener que seguir el consejo de Critognato.​ Los mandubios, habitantes de la fortaleza, debieron expulsar a sus familias. La masa de no combatientes llegó a las posiciones romanas donde suplicaron ser tomados como esclavos y alimentados.​ Probablemente se trataran de las personas más pobres (y con menos influencia) de la villa.​ César ordenó que no fueran admitidos​ pues no tenía granos para alimentar a miles de bocas extras y les dijo que regresaran a la ciudad, pero cuando lo hicieron sus líderes no les dejaron entrar.​ Murieron de hambre en la tierra de nadie entre Alesia y la contravalación.​ Estudios arqueológicos modernos indican que la población de la villa fortificada bien pudo ser de 5000 a 10 000 personas.​ Algunos hablan de hasta 12 000 fallecidos por hambre entre civiles y heridos.193​(Wikipedia)



xoves, 13 de xullo de 2023

E se seguimos no sumidoiro vietnamita?

 

Pero non se necesita estar nunha guerra "bélica" (de "verdade"), para ser un asasino...

Na película El cazador, podemos observar como funciona un adn social negativo, inxertado nunha guerra tan destroza cerebros, como foi a do Vietnam (anos 70).

Os que volvían ao seu país, eran tratados con desprecio dobre : como tolos, que se "deixaron ir", primeiro á guerra e logo "dentro dela" e, ademais, como tolos, que son incapaces de "integrarse de novo na sociedade civil". Tolos ao cadrado!

Todo elo, como decimos, dobremente despreciados : como soldados e como seres humanos. Foron simple carne de cañón para unha sociedade ,que os debería acoller e non lles declarar piltrafas humanas. En certo xeito lles están berrando, que deberían ter morto no campo de batalla.

Porque a sociedadae USA, neses tempos, se especializou en ser receptora de ataúdes. Coa bandeira nacional por riba, o himno e unha salva de disparos ao ar. Iso era o celebrable. Ter que recibir moitos corpos mutilados, e as mentes de casi todos, iso era un auténtico fracaso social. Non se podía permitir.

Sobre todo, non o podían permitir, os que se poideron salvar de "ir a Vietnam". Fose polo motivo que fose.


Os humanos cazan para matar (por ADN)...

Así que si. Somos cazadores por ADN. Sempre que, como bos animais, teñamos que comer e só cacemos o neecsario. Pero cazar por placer, mesmo exterminado unha especie animal (como os bisontes), non ven marcado no noso ADN. 

Ese vicio de matar cazamndo, mesmo seres humanos, é un inxerto comunitario por vía do adn social. Y totalmente negativo, xa que fomenta un instinto agresivo animal, que xa non pertenece ao acervo cultural (xa por xenética) do ser humano. E menos si pretende ser unha versión normal de homo sapiens.


Pero matan por placer (por adn social negativo)...

E por iso asociarse para matar por placer, ven ser unha idiosincracia típica da socialización animal. Dese aspecto de "ser manada", que xa non debe ter a especie humana, pero que normalmente a sociedade adulta dominante prefire manter vixente.

Velaí outro motivo, polo que as crías humanas necesitan desenvolver a súa capacidade para rexenerar a SAD. Só elas poden variar este tipo de comportamento tan de animal irracional.

E por iso, se hai unha guerra, con máis motivo, se necesita regenerar este tipo de comportamentos instintivos. Porque as guerras necesitan dun instinto primario moi desenvolvido. Nos fai máis competitivos e sanguinarios. Nada que ver co fomento dunha intelixencia racional e emocional.

Porque o feito de se deixar controlar polas emocións, non deixa de ser algo puramente instintivo. Non ten nada que ver co desenvolvemento dunha intelixencia emocional, xa que esta debe estar en equilibrio coa intelixencia racional. Non confundamos instinto animal con emocións humanas.

Matar ao violador da nosa filla é totalmente de animal irracional. Pero o podemos entender, dado o contexto tan emocional do momento. Pero ser o violador ou matar mulleres e nenos, nunah aldea vietnamita, non ten nada de "instinto por castigar a un violador". Responde únicamente a un adn social negativo, que prima o instinto irracioanl por riba de calquera intervención racional sobre as nosas emocións.

Iso e as drogas engadidas, son o que alimenta o instinto destructor dun soldado. Nin máis nin menos.


e mesmo poden xogar a matarse!!!

E isa desesperación ven ser a que explica perfectamente, que un soldado desquiciado se poida xogar a súa vida nunha ruleta rusa.

E dá igual que sexa no corazón da selva natural, aínda que as armas a fagan moi artificial, ou sexa no corazón da selva urbana, onde o adn social negativo urbano nos convirte en animais totalmente irracionais. Capaces de violar e matar a outros seres humanos. Ou rematar coa vida propia, sen ter un só remordemento de conciencia. Simplemente porque xa non temos conciencia.

Como bos animais, só podemos estar preparados para se defender, ou cazar o neecasrio. Co adn social negativo inxertado, podemos cazar sen freo, matar humanos, mesmo un familiar (por exemplo, drogados)... e mesmo, coa "lóxica" da total desesperación, levar a cabo a nosa propia morte.

Porque, que lamento pode haber cando temos claro que xa non somos seres humanos vivos, senón putos zombies destrozando todo o que atopan no seu camiño.

Os zombis non son "eles", os da TV, os zombis somos "nós", os seres humanos normales!

E logo din que é un problema convivir con IAs.

sábado, 1 de xullo de 2023

Domesticar non é nada fácil...

Convén diferenciar ben, entre educación e domesticación...

Parece que rematan igual (en "on"), pero só se parecen algo, realmente, nos seus inicios. Logo, os dous procesos, se van separando. E acaban por dar dous finais totalmente difrenets : un proceso produce un adn social positivo, mentras que o outro proceso produce da adn social negativo.

Ambos parten do ADN orixinal, pero un o desenvolve madurando, para facer un humano verdadeiramente libre, e outro proceso o borra, casi completamente, para facer do humano unha peza da maquinaria social, en absoluto libre. Neste segundo caso podemos dicir que se "rescribe" o ADN, tal como necesita a SAD.


Todos nacemos algo de "salvaxes"...

Porque todos fomos salvaxes, como especie, nalgún momento da nosa evolución. Pero unha vez instituida a sociedade humana, xa é outro cantar. Entramos no que se chamou sociedade salvaxe, que comenza a ser civilizada. Aínda que ese concepto de civilización (civitas), non se usou ata os romanos, que demostraron abondo ser moi pouco "civilizados".

Xa dixemos ben de veces, que a sociedade humana está construida sobre o roubo dun territorio por parte dun  ser humano, que se fixo antes co poder necesario para cometer ese roubo.

E logo veñen as normas, impostas por ese mesmo poder, unha vez establecido, para tentar manter o poder por riba "de todo". Mesmo se inventa a orixe diviña dese poder terrenal.

E, para meter no coco da xente que un deus concede o poder, a ese que o roubou, necesita duas cousas : primeiro, instalar na sociedade creada unha relixión, que lle sirva de apoio virtual e segundo, un sistema de inxerto social, unha especie de aplicación a instalar no cerebro da xente, que faga da cría humana un servidor totalmente domesticado, por ese mesmo poder.

E de aí sairá a necesidade de ter sacerdotes e soldados. Non chega con boas palabras, para convencer a seres humanos cun ADN liberador no seu corpo.



pero no tenemos que ser violentos...


Así é como se genera unha sociedade violenta, por moito que presuma de pacífica. Para manter o control social é imprescindible esa violencia social. En caso contrario, os "roubados" tentarían recuperar o que lle roubaron. Y eso no está no guión da historia, que van escribindo os vencedores.

Porque a violencia quedou moi remitida no ADN humano, xa que a natureza considerou que para resolver os posibles conflictos, temos a intelixencia. Tanto no seu aspecto racional como emocional.

Con eso e a necesaria comunicación (outra capacidad moi humana), seremos capaces de evitar a violencia como remedio, para solucionar conflictos entre os diversos tipos de seres vivos.

De feito a caza debe ter un uso moi corto, xa que nos van dar a posibilidade de coseguir alimentación de tipo vexetal.


si sabemos usar la inteligencia "natural"!!


Pero que nones. O poder establecido vai tentar que, a domesticación do humano, empezando xa en idades moi tempranas, nos convirta en pezas da maquinaria social: soldados, curas, amos de casa, esposas e crías sumisas...

E todo cunha forte violencia na interacción, eso si o máis oculta e sofisticada posible, para que se poida presumir, por parte da SAD, de que non se practica. Que se vive en un oasis de paz. E así, ademais, denunciar a todo disidente, porque a veces necesitará protestar con certa dose de violencia. Entón os violentos sempre serán "os outros, os que protestan. Os que non se deixaron roubar a charca, como pasaba na película do Kubrick.

E todo, por que o poder establecido rompeu o equilibrio natural das cousas. E agora necesita ser violento, para impedir que ese equilibrio natural se restablezca.

Por iso estamos agora tan mergullados na loita por sair da emerxencia climática que padecemos, por poñer un exemplo. O que será algo imposible de conseguir, se nos deixamos levar polo adn social negativo  que tenta convencernos de que non existe este tipo de emerxencia. A SAD quere que sigamos consumindo enerxía, como se non houbese un mañán.

No fondo somos nós, os chamados civilizados, os grandes salvaxes do planeta Terra. Porque estamos a facer que as súas condicións ambientais volvan a ser como as que había na lonxana prehistoria. Ou peores, porque a especie humana o tería máis difícil para reiniciar o seu proceso evolutivo. Antes estarán oa insectos.








martes, 27 de xuño de 2023

E por que nos fascinarán tanto os lobos?


Ao mesmo tempo que nos asustan!

Será porque, no fondo, temos medo de que nos imitemos demasiado a eles?

Porque non nos gusta pensar neso da domesticación (humana), pero sempre tivemos claro que o ser humano está máis domesticado do que debería, sobre todo dada a súa capacidade xenética para madurar natural e libremente.

Entón, por que tanto medo?

Ou tamén podemos dicir, entón porque tanta xent non quere ser consciente do seu grado de domesticación? Por que, tanta xente se considera libre, aínda que, no seu día a día, pode notar que algo falla : que non é tanta a libertade que ten. 

Que lle prometen máis libertade da que pode disfrutar realmente. Se se compara cun corpo sólido, por exemplo, que ten 3 grados de libertade, o ser humano, como moito, dispón dun só. Non pode ir nada máis que "cara diante e cara atrás. Nunca "cara aos lados", e moito menos, "cara riba". 

Para usar esas dimensións necesita o permiso do poder establecido. Xa non falemos doutras posibles dimensións, por onde se desprazar. Canta xenet poderá dispoñer dunha vaixe no espazotempo (4ª dimensión?), cando iso sexa posible?

Por que?

Resulat terribel obseravr como en lobo reepresenta perefcatmeneet,a o ememso tempo,a esencia d aliberatade e da doemsticación. O que podemsos er, libres, eoq eu seremos, unah vez doemsticados. Oprimidos poal sociedade adulta dominante.


Hai un ADN en cada un de nós...

De pequeno lle tiña moito medo aos "indios". Os Peles Vermellas, os nativos usamericanosnon os nativso da India. 

E todo era porque a tremenda Lavadora de Cerebros, que sempre foi a industria do cine made Hollywood, nolos pintaba como malos. Máis ben, malísimos. Como Animais Salvaxes e Sanguinarios. E nada bo podía sair da súas cabezas. Había que os odiar, para que, a cambio, sentir amor polos "bos e xenerosos" militares. Isos que salvaban á nacente USA, para masacrar todo tipo de nativo, humano o bisonte, que eran os auténticos amos e señores daquel territorio a conquistar polos europeos colonizadores.

E así, regalarllo a eses corruptos colonos, que lles vendían armas e alcohol aos nativos. 

Eses eran os auténticos lobos USA. Tanto vestidos de civiles como vestidos de militares. E como non, os políticos de Washington  facendo o seu corrupto traballo, que é o que mellor saben facer en todo o planeta.

E sí, todo isto é tamén un inxerto claro de adan social negativo. Para que as crías humanas terrestres, "maduremos" aprendendo a odiar a todo aquel ser humano, que sexa algo diferente, todo aquel que non conte co beneplácito da sociedade adulta dominante.

Así que os lobos "están" para ser domesticados, nas casas huamanas e os lugares onde se usan para loitar con outros lobos.

E os "indios" nativos usaamericanos, os poñen a montar Casinos en Reservas de Merda, onde no se pode máis que malvivir. Ou, lóxicamente, aproveitando a corrupción que lle oferta o Home Branco. Como non!


e logo está o ecosistema onde nos van soltar...

Porque non só hai un inxerto do adn social negativo, que nos converte en peza oprimida da maquinaria social. O lavado de cerebro leva sempre consigo unha casi perfecta readaptación a un novo ecosistema, onde a natureza non ten nada que dicir, porque as normas as impón esa SAD, da que tantos piropos decimos aquí.

Por exemplo, na película que estamos citando (Bailando con lobos), exterminan unha poboación de bisontes, para que o pobo nativo, dependa totaemente da alimentación e da droga, mesmo do armamento, que lle proporcionan os colonos brancos.

Así que, no fondo, todos intuimos, que os verdadeiros lobos non son os que acompañan ao protagonista, na súa buscc dunha vida máis natural e libre. Os verdadeiros lobos (asilvestrados) son os colonos, que buscan o xenocidio da especie nativa dese territorio agora chamado USA.


para buscar unha adaptación que sexa propia (natural e libre)!!

Así que non mareemo a perdiz demasiado. O ADN desta xente, sexa un ex-miliatr ou unha nativa, será rescrito totalmente, para facer deles unhas marionetas do poder establecido.

E non abonda con ir ao cine, made in Hollywood, para sufrir un inxerto de adn social negativo.

O levamos decindo moito tempo : desde a cuna, ata o centro educativo. Pasando primeiro polos "amigos da rúa" e logo polos compañeiros de traballo, é un constante proceso de inxerto. Sen esquecer ese esencial momento de "formar unha familia tradicional".  

Intoxícannos, igual que nos contaminan a saúd. E seguimos crendo que todo ten un "aire natural". Porque se te pintan un "feroz indio", que quere saltar da pantalla do cine, paar te matar, que coño de reposta podes dar?

O ser humano, sobre todo macho, é un lobo para outro ser humano. Pero non de xeito natural, senón por un mecanismo de inducción (inxerto), que se chama adn social negativo. Así de "simple". E logo nos asusta a improbable abducción alieníxena, ou o control mental dunha IA, creada para colmo por unha IH.

Si, somos terriblemente mediocres, como versión actual de homo sapiens.


martes, 6 de xuño de 2023

Pero existen as cartas marcadas?

 

E se te dan as cartas marcadas?

O outro día dixemos que os seres humanos con pel escura, estaban marcados no seu ADN, dun xeito totalmente natural e libre. E significando algo tan positivo como o feito de ter marcada unha pel branca, amarela ou cobriza. Só responde a unha resposta do ser vivo humano, unha mutación necesaria, para adaptarse, para acoplarse mellor ao ecosistema, onde lle tocou aparecer como representante da especie humana.

Iso é así, polo menos na teoría científica, que intenta explicar a aparición dos seres vivos. E na práctica científica tamén.

Pero hai outra práctica moi importante, que nos ten marcados a lume, como as vacas no espazotempo do cowboy. E máis marcada que a ferro, xa que se produce mediante un inxerto, durante as etapas de cría humana. Se provoca unha adsorción (usando un termo químico) das diversas marcas que a SAD quere que portemos, para o resto da nosa vida. Ven ser o que aquí chamamos adn soical negativo.

En vez dunha maduración natural e libre da cría humana, cara un adn social positivo. Iso que sería un rearme total das pequenas marcas, como sementes, que temos no noso ADN. Esas capacidades xenéticas que nos impele a, por exemplo, loitar pola nosa liberatde. Pero que, unah vez feito o inxerto como adn social negativo, en vez desa maduración positiva, se nos fai "ler" outra marca : adaptarse a vivir en sumisión.

E, o que é moito peor, coa marca adxunta de que esa sumisión é totalmente natural.


Todos temos cartas marcadas...

E por iso, decimos que se nos dan unhas cartas marcadas. Como aos negros de USA, ás mulleres e nenos do mundo, e, como non, a ese tipo de ser humano, que parece haber nacido para ser pobre toda a súa vida.

Esas son as cartas que nos dan, a moitos xa ao nacer. Nunca serán as cartas que queiramos coller, porque esa elección a ten prohibida o poder establecido. Ese poder formado por un conxunto de seres humanos, que mandan no que chamamos sociedade adulta dominante (SAD).


Algunhas se levan felinamente...

E somos os únicos que sufrimos co reparto das cartas marcadas? 

Non, nós somos animais racionais, e, polo tanto, debía ser mási difícil sobreescribir no nos ADN. Pero, lóxicamnete, tamén pode haber outrso animais que sufren ese tipode póker amañado. Non por outros animais como eles. Os únicos que poden xogar ao póker ao modo táhur, son os seres chamados humanos. Esa versión mediocre, que decimos aquí, do que debía ser a última mutación animal (polo de agora): o chamado homo sapiens.

Somos animais capaces de domesticar a un bravo felino, para que sexa un simple gato. Esa mutilación do ser animal, non a pode facer ningunha outra especie animal. Ven sendo, desde sempre, obra y figura (de avance domesticador) da chamada Intelixencia Humana (IH).

Esa que tanto medo ten a interactuar coa chamada IA. Esa outra, que non deixa de ser un invento humano, e, polo tanto, en esencia, menos intelixente que nós. Polo de agora.


Outras son imposibles de levar!!

Pero hai cartas marcadas, moito peores que a "discriminación pola cor da pel. E pode que isto soe raro. pero non esquezamos que nunha sociedade maioritariamente negra, nada evita a discriminación dos que teñan a pel branca. O funcionamento do adn social negativo non discrimina al azar, vaino facer con aquelo que decida unha SAD, que sexa discriminado. 

Pero si somos negros (nunha sociedaae branca), de sexo feminino (diga o que diga o movemento queer)... e podemos ser ademasi moi pobres, ata o punto de ter que pedir ésmola pola rúa, axeonllados, para demostrar sumisión, pero, tamén, tapando a cara, por estar mortos de vergoña... en fin, se temos a peor man de póker, que nunha mesa se pode dar... entón, somos simplemente pobres. 

Entón nos marcaron para sempre, inxertando un adn social negativo, que podemos chamar mendigo, pordiosero, menesteroso, morto de fame, "temor dos ricos"... en fin, o que queiramos chamar, que, polo de agora o uso da linguaxe segue sendo libre. Como din os ingleses "speech is free". Sempre que non estemos sufrindo unha ditadura.



Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...