Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xuño de 2023

E como podemos ver este tipo de marcas xenéticas?

 

Non temos a realidade virtual, para o ilustrar, pero sí temos a realidade cerebral,...

... e así, poder reflexionar, como vimos facendo xa desde o anterior blog, sobre aspectos da evolución dos seres vivos. que son moi determinantes no comportamento actual dos seres humanos, como especie, tanto na sáu vida natural como na social.

Por exemplo, veamos un repaso a ese gran salto evolutivo, que supón o feito de mudar en anfibios. Porque antes "eramos" peixes (os seres vivos máis complexos existentes, nese momento xeolóxico).


Desde un peixe evolucionouse a un humano...

Partindo dun peixe se foron dando varios pasos, e moi importantes, ata dar cunha mutación que a natureza decidiu establecer como máis evolucionada. Agora si chegamos a nós, os humanos. Dun peixe se pasara a un réptil, que logo evolucionou ata un mamífero... e de aí, nun lapso de tempo moi moi longo, fumos derivar nos simios, primeiro, e logo nos homínidos. 

Pasou un bo cacho de tempo. E de traballo por parte da natureza, para permitir mutacións importantes, que logo iba seleccionando. Sempre buscando unha mellora no conxunto de seres vivos xa establecidos. 


E din que un sapo pode mutar en príncipe...

Pero si de peixe se puido pasar a homínido, por que non se pode pasar de sapo (ou rá) a un auténtico príncipe?

Porque unha cousa son os contos de fadas e outra moi diferente a ciencia.

Así que nos podemos imaxinar as desventuras dun pobre sapo, ao que lle machucaban a bicos, tentando que se mudara en príncipe. Pero el sabía que eso era imposible, por ter algunhas nocións de ciencias. Mesmo lera, pola súa conta, algo sobre a evolución dos seres vivos e xa estaba canso da ignorancia que tiña a maioría da xente coñecida.


Pero non biques o que aínda non puido mutar...

Así que non nos imos meter cos pescadores e a súa teima en rematar coas especies de peixes, como por exemplo, as que habitan nos ríos do mundo. Pero si esperamos que non se ande bicando aos sapos e rás, que habitan nos humedais terrestres, porque, no caso dos sapo,s ata pode que teñan defensas tóxicas, e nos vai quedar un destrozo na boca da (ou do) imprudente.

Os seres humanos temos que ser creativos. E imaxinarnos mundos de fantasía, para mellor pasar o tempo de lectura (e de escritura).

Pero tamén temos que ser creativos, tal como é a natureza, para favorecer refelxións onde se expliquen os comportamentos humanos, a partir de todas esas etapas de evolución que tivo a natureza. Incluída, como sempre digo, os cambios que a tecnoloxía "by humanos" ten aplicada a esa mesma natureza inicial.

É dicir, temos que ser creativos, para gozar dunha mellor adaptación aos cambios do ecosistema onde vivimos, libres ou forzados.

Igual que fixo ese pescador, que se adaptou a pescar, cando foi "creado" pola natureza, e tiña pouca tecnoloxía para se alimentar doutro xeito. Hay monos que pillan varas para cazar formigas, e o ser humano tivo que inventar a caña para pescar peixes.

Agora lle toca ser máis creativo, para evitar extinguir especies animais, que xa non son precisas para servir como alimento. Cando, ademais, pode ser un primeiro paso no camiño que nos leva á extinción deses pescadores. Non como usuarios da pesca, senón como especie "superior", que se autoextingue. 

Algo que se podía entender como unha continuación do proceso, que se iniciou cos dinosaurios, no camiño de ir eliminando especies de seres vivos, "excesivamente" complicadas. A natureza, ademais de creativa, necesita tamén ser eficiente. Rentabilizar o traballo feito. Para que manter un ser vivo humano, que vai ser un gasto inútil nas sucesivas mutacións.





luns, 5 de xuño de 2023

A vital importancia do ADN...

 

E para que queremos un ADN?

Xa chegamos a onde queríamos chegar, despois desta longa introducción : o que marca os pasos a dar na nosa viaxe evolutiva como seres vivos.

Como un tipo de seres vivos moi especiais, nos que a natureza meteu moito esforzo e moitas ganas de sacar un "producto", que realmente significara un avance claro na evolución terrestre.

Despois do fiasco cos dinos, pero tras un periodo xeolóxico dedicado a pulir os posibles defectos que houbo nese caso, chegamos por fin os humanos.

E nos tocaría dar, seguro, o "do de peito", ou, máis científicamente, asegurar o que a natureza nos escribiu no noso ADN.


A todos nos deron o mesmo ADN...

Porque a cor da nosa pel é totalmente secundaria, como variante xenética, fronte a outras características moito máis importantes. Por exemplo, a capacidade para loitar pola nosa libertade. A capacidade innata que nos permite ser disidentes, especialmente cando somos aínda crías humana.

O ADN te indica que debes rexenerar a SAD, onde te tocou caer, e que anda a te foder un día sí e outro tamén, co agravante de que non decidiches ti caer nela.

Por exemplo, se es negro nunha sociedade adulta ben cargada de "branquiños". Que, para colmo, se sinten os amos do mundo e o queren ser tamén de moitos seres humanos. Nese tipo de sociedade resulta evidente, que vas xogar sempre coas cartas marcadas.



Pero o ser humano non o quere seguir...

Porque non está no ADN, pero sí no adn social negativo a capacidade (in)humana para ser un adicto á opresión dos demais seres humanos. Empezando xa polos animais.

Que outra especie pode presumir da domesticación dos felinos, por exemplo? Por non falar, como xa indicamos antes, da "domesticación" do sector de seres humanos que nacen coa pel máis escura.

Esa característica, ser domesticadora de animais, ven marcada por unha sociedade humana adulta e dominante. Que decidiu nalgún momento da historia facerse coa propiedade material doutros seres humanos, ata que lle pareceu pouco, e decidiu tamén apropiarse do seu corpo.


Aínda que outros animais si!!


E finalmente, notando o poder inmenso do ADN, marcando o paso cara a libertade, decidiu que era necesario apoderarse tamén da mente deses humanos, dos que xa poseía o seu corpo.

Naceu o famoso lavado de cerebro. Algo tan antiguo como nos conta a Biblia, ou calquera outro tipo de planetarias crenzas. Evitar con mentiras, que se perda a vontade (xenética) humana de ser libre. Forzando eso si a mneet que seqre "lavar", o máximo posible sen matar o corpo que a contén.

E se lavado, que aquí decidimos bautizar co nome de adn social, xa que nos parece máis científico, e digno de estudar como algo máis serio que un asunto de limpeza. A Socioxenética sería ese campo do coñecemento, que lle daría un tinte universitario (nada moi interesante, por outra banda) ao estudo do que antes se coñecía como lavado de cerebro.

Algo moito máis profundo, logo, que un simple lavado, por moi a fondo que se faga. Xa que realmente se tratra dun auténtico inxerto (virtual), no cerebro do ser humno ao que se lle practica.

En certo xeito está emparentado con ese concepto tan importante no proceso evolutivo : a adaptación. Pois se trata dunah adaptación "inversa". Algo que nos leva a outro concepto vital, antagónico coa evolución, estamos a falar da regresión evolutiva.



domingo, 4 de xuño de 2023

E tamén todo pode ter un final...

 

Porque a evolución non é nada liñal...

E igual que tivo un principio, tamén pode ter un remate, aínda que a chamada natureza tente evitar lle poñer fin á historia dos seres vivos.

Eses seres vivos, que van mutando, e por tanto desaparecendo na súa versión obsoleta, pero que tamén poden desaparecer por motivos alleos á selección natural.


Demasiada enerxía acumulada nun ser vivo?

Como lles pasou aos dinosaurios. Unha creación da natureza, algo excesiva en volume e en enerxía, para o momento "histórico" do proceso evolutivo terrestre.

A fin de contas foi a prrpia natureza quen provocou os fenómenos, que remataron coa súa creación. Pero ben pode que, deste suceso aprendera a medir algo mellor os pasos a dar na selección das mutacións naturais.

Dalgún xeito, se qureemos ser positivos, esta aprendizaxe serviulle para non tropezar tanto na creación  do ser humano.

Aínda que non está nada claro, pero pode que se no dionosaurio puxo demasiada enerxía e volume corporal, máis difícil de superar grandes catástrofes; agora co ser humano lle concedeu demasiada intelixencia, para que el mesmo non se puxera en perigo de extinción. Ás veces o exceso de intelixencia, aínda medio dormida, pode crear monstros, capaces de finiquitar coa vida de todos.


Demasiada capacidade para imaxinar...

Porque o ser humano, sobre todo esta mediocre versión de homo sapiens, se considera demasiado listo. De feito soe despreciar o traballo da natureza, sexa o que ela sexa. Mesmo hai seres humanos moi mediocres, que se chegan a crer deuses e adoptan posturas inhumanas ata límites insospeitados.

Ata tenta resucitar vida morta, ou creala de novo, sen ter en conta toda a enorme experiencia que, nese terreo, ten a natureza.

Cando se pon a xogar coa xenética, un caso de comportamento humano a estudar pola socioxenética, algo máis grave que o inxerto dun adn social negativo nas crías humanas, é cando máis preto estamos de que, os propios dinosaurios, se teñan que rir das nosas ilusas pretensións como especie. Tanta intelixencia reducida a un mero instrumental de vestirse como deuses, para operar como auténticas musarañas campestres.

E logo din que o problema radica na chamada IA. Cando está claro, que o enemigo real da humanidad, que ten desde que foi "creada" está na súa propia IH.


Demasiada capacidade para se autoextinguir...

Observemos a imaxe típica do cazador (cazado). Non queremos ser conscientes de que os dinos se extinguiron cun aporte intelixente mínimo. Tiñan cerebro de réptil. 

Nós o imos facer coa posibilidade de reorientar a nosa intelixencia, aproveitando ademais desa hibernada intelixencia emocional, que tan necesaria é para  se equilibrar coa racional. E así poder favorecer unha maduración das cías humanas, que supoña realmente a rexeneración positiva da nosa anquilosada sociedade.

Restaurar o equilibrio que tanto lle costa manter á natureza. E que nós estamos levando a límites casi irrecuperables.

Rexenerar, esa é a misión das crías humanas, que van aparecendo como novas. Seguir os dictados do seu ADN, onde está ben marcada esa necesidade imperiosa do equilibrio enerxético e, sobre todo, da capacidade para o manter. Unha vez que a maduración  natural e libre, como cría humana, permite facer "o que hai que facer".

Seguindo o ADN, iríamos madurando cara un adn social positivo, en vez do adn social negativo, que nos inxerta a sociedade adulta dominante (SAD).  E nese adn social negativo é onde está a incapacidade social para restablecer equilibrios enerxéticos e, polo tanto, rexenerar o mal camiño que leva esta SAD. Cara a súa propia extinción.                             


mércores, 31 de maio de 2023

E tanto que se complica o feito de descubrir!

 

Porque descubrir a natureza supón un considerable esforzo...

Sempre temos que lembrar a gran importancia de distinguir entre mirar e ver. Se mira cos ollos, ben abertos, pero se ve co cerebro (a imaxe ten que aparecer no seu interior).

E mesmo non chega con ver ben algo, porque se o queremos observar (deixar a imaxe ben fixa na memoria), para así chegar a o coñecer en parte, se necesita ver con moita atención. Así que observar é ver con atención unha porción de materia inerte ou viva, é d ecir, iso que chamamos realidade (analóxica). 

Pero, ademais de atención, se necesita repetición. 

Hai que ver o que queremos observar varias veces. En diferentes momentos e desde diferentes lugares. Só así podémoslle chamar observación. 

E ,ao mesmo tempo, estamos practicando unha visión con diferentes perspectivas. Algo moi necesario para poder traballar cun tipo de pensar, ao que podemos chamar "pensar críticamente". Ou, doutro xeito, producir un tipo de pensamento que ven ser o pensamento crítico. Algo fundamental, cando cheguemos a reflexionar sobre a relación do ser humano coa natureza.


Algo pode ser en potencia...

Porque se observamos (sic), por exemplo, a imaxe, que mostra unha fase da metamorfose dunha bolboreta, non vemos nada que nos fale de vida. Salvo polo feito de que a vida ten moito máis colorido que a non vida.

Pero, que podemos saber do que hai dentro desa cápsula verde? Supoñendo que haxa algo.


Para se convertir en acto...

E tanto que hai!

A marabillosa beleza dunha bolboreta monarca, que ten madurado abondo, como para mudar nunha preciosa bolboreta, a partir dunha eiruga, non precisamente preciosa. Ou non tanto.

E non ten que ver coa maxia, tal como a practican os seree humanos. Esta "maxia", totalmente natural, sen axuad de escuros espíritus, ven sendo simplemente o traballo de moitos millóns de anos, diso que chamamos Nai natureza. Aínda que non sepamos moi ben o que pode ser.

Ela soiña, o do toque diviño xa non o usamos a partir de agora, se fabricou esta marabilla, a partir dunha materia viva moi moi diferente. Non é maxia é o ADN!

venres, 26 de maio de 2023

Ademais o cabreo non nos vai dar de comer...

 

O cabreo mesmo pode espantar a pesca...

Salvo que lle quitemos comida a outro ser vivo. Ou que sexa el o noso alimento.

E seguimos co mesmo illote pousado no mar, esperando que a natureza monte de novo en cólera e decida facela desaparecer, ou, pola contra, que aumente de tamaño. Xa que igual que emerxeu unha vez, hai xa moito tempo, pode seguir medrando a cordilleira marina que a sustenta.

Este illote non necesita relacionarse, non sinte se algo se lle achega ou non. Nin tampouco necesita alimentarse, xa que non ten vida que gaste enerxía, e polo tanto non a necesita repoñer.


A vida é moi complicada, require paciencia...

Pero un pescador si necesita comer. Xa pasou da fase inicial de molécula primixenia, viaxeira e complexizada ata máis non poder (naquel momento). Pero segue tendo unha necesidade vital, como toda materia viva : Tense que nutrir. E por iso pesca.

E se pode cabrear se non pican, pero a súa vida en sociedade xa lle ten aprendido que non se pode enfadar cos peixes, porque eles teñen escrito no seu ADN, que deben evitar ser pescados. Ven ser, o que podemos chamar xa ,"unha lei da vida": ti me atacas e eu me defendo.

Así que se establece esa loita pola vida, entre un ser vivo que necesita comer e outro ser vivo que necesita non ser comido. Pero desta complexidade vital imos pasar polo de agora. Aínda toca seguir reflexionando sobre o control do cabreo, sobre todo o "cabreo imposible" da natureza.

mércores, 24 de maio de 2023

Os seres vivos necesitan aparecer nun momento determinado e vivir en sociedade...

 

Tiña que se poñer creativa (a natureza), para poder evolucionar.

Porque os crentes podían esperar axuda dun determinado Deus, pero a chamada Nai Natureza, non ten deuses que lle axuden na súa tarea "creativa".

Producir novos mundos, sobre todo nes especial onde van aparecer os seres vivos, non é tarefa que se poida facer sen un gran esforzo, pero, sobre todo, unah bao dose de "imaxinación".

Combinando con eficiencia a creatividade e unha selección natural, dos cambios que se vaian producindo, nese proceso de facer e desfacer no espazo que consideramos como "natural", vai ser como esa nai natureza, pode dar lugar a crear algo tan marabilloso como é a VIDA.


Isto xa se está facendo complexo...

A evolución dos seres vivos, non é máis que unha selección das mutacións naturais, que non se sabe por que se van dando nas partículas materiais, unha vez que se organizan entre elas. Para dar moléculas algo máis complexas que as orixinais.

Aí empeza a carreira pola vida.

E aí empeza, como decimos, o primeiro problema serio da natureza : que facer, cando ten varias moléculas complexas, que entran "en colisión"? Tócale buscar o xeito de facer que algunha desas moléculas, polo motivo que sea, non volvan a desaparecer.

Estamos a falar de organizar algún tipo de actividade da natureza, que máis adiante coñeceremos como selección natural? Simplemente, poñer algo de orde, alí onde iba desaparecer de novo.

Porque non esquezamos que, como xa dixemos antes, o cosmos non está moi tranquilo, máis ben non para de chocar tan fortemente, que rematan por mudar a estructura das moléculas formadas.

Pero, a natureza se vai conformar con se quedar mirando como chocan (e volta a empezar)?

A natureza non sabemos o que é, pero podemos ter seguro que vai "querer" facer cambios na materia, que sexan máis permanentes, e mesmo, xogar/experimentar con eses cambios, unha vez  producidos..



martes, 23 de maio de 2023

A natureza tamén se "cabrea"... e moito!

 

E ata que punto é humano o cabreo?

Dito doutro xeito, os animais irracionais se enfadan tanto, como para caer nun cabreo supino? Ou iso é máis ben unha capacidade estrictamente racional. Aínda que neste aspecto o emocional xogue un papel básico, demasiado importante por decisorio.

Que parte do cabreo é instintiva?

Porque, por este camiño de desvario reflexivo, ben podemos pensar que a natureza tamén se cabrea. A parte ineret da natureza. E seguro que hai moita moita xente que firmaría tal afirmación (totalmente errónea científicamente).


E como se "cabrea" a nai natureza?

Os seres inertes non teñen a función de relación, que é a encargada de manter a "relación" dun ser vivo cos seres inertes, que forman o ecosistema onde el vive.

E se non hay función de relación, para percibir unha mensaxe dalgún tipo de emisor, pois non se pode sentir esa mensaxe dirixida a nós. Unha pedra (mineral ou rocha) non sinte. Un volcán, que ven sendo un enorme conxunto de pedras, tampouco pode sentir. Siplemenete "expresa" un fenómeno físico totalmente espontáneo.

Así que un volcán, non se pode enfadar e moito menos cabrearse, ata o punto de querer entrar en erupción, e menos coa intención de fastidiar ao personal que habita cerca del. Nin sequera a un meteorito que lle caeu un día de estos e lle taponou a boca do seu cráter.

Os seres vivos, que son seres que sinten, si se poden enfadar, aínda que o seu enfado nunca será parecido ao dunha formiga ou dun león.

Se a natureza, sexa o que sexa iso ao que chamamos natureza, se "cabrea", simplemente será o efecto dunha serie de fenómenos físicos, que se han producido no seu seno, dun xeito totalmente desordenado e imprevisto. E pode suceder dentro ou fóra do noso planeta, ou nas proximidades dun furado negro, xa que dentro non temos nin idea do que pode pasar.

E se nos poñemos na infancia do Sistema Solar, necesitamos pensar que só houbo un proceso de cambio, no que diversas partícula materiais se foron transformando noutras, xeralmente máis complexas. A evolución dos seres vivos, é só unha parte minúscula do que foi pasando, paso a paso, nese conglomerado de "cousas" ao que chamamos universo. 

Ou que podemos chamar cosmos, para lembrar ao gran estudoso do mesmo, o amigo Carl Sagan.

domingo, 21 de maio de 2023

Unha nova remuda...

 

E por que empezar de novo?

Estamos dando pasos, pero de repente unha pedra, que está tan tranquila no camiño, decide que o teu pé se ve como atraido por ela... e, sen máis, tropeza contigo. A vida ten moito camiño, ata que nos toca parar (a natural morte), polo que as pedras rematan por ser boas compañeiras de viaxe. Sempre que te sepas acoplar ao seu ritmo de "atracción".

E se as pedras son quen de interactuar con nós, que podemos dicir de dialogar cunha IA, e máis agora, que ven sendo unha discusión tan relevante?


Non hai demo que nos asuste !!



En fin, que o algoritmo de Google decidiu nomearme "explotador infantil" (non sei se será "deste ano", ou xa definitivo) e hai que se chinchar.

Así que novo blog, para seguir reflexionaando sobre o que aquí chamamos adn social (positivo ou negativo), inxertado nas crías humanas polo que aquí chamamos SAD (sociedade adulta dominante). Un mecanismo de control social, que se pode definir como unha rescritura do ADN. Pero superposta, non é capaz de borrar o que está escrito embaixo.

Porque, ao revés do que indica o insulto googleiano, aquí non só temos moito respecto polas crías humanas, senón que defendemos "a morte" (se fose preciso) a súa libertade.

Aquí non facemos meditación oriental, aínda que repectamos moito o que di e fai o budismo, por exemplo. Pero si temos un mantra inamovible : o maltrato das crías humanas é a maior ofensa que se lle pode facer á chamada natureza, parte dela nós, os seres humanos. 

E, por outra banda, temos moi claro (podía ser a segunda parte do mantra anterior) que os responsables dese maltrato continuo, que se lle fai a unha cría humana, xa desde a súa concepción no útero materno, son claramente os huamnos adultos. Esos que antes foron crías humans, pero perderon a súa adolescencia, para se convertir en pezas opresoras da maquinaria social establecida.

Auténticos adultos invertidos como seres humanos, que abandonaron o seu papel de titores (das novas crías), para xogar un papel de auténticos maltratadores. Cada un no seu nivel, na súa intensidade contextual, no seu modo propio de sadismo (e mesmo masoquismo), para desenvolver ese maltrarto (a seres indefensos) como se non houbera un mañán.

En fin, aquí estamos esperando a nova embestida do que, ata agora, era o meu amigo algoritmo "by Google".


Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...