E que pasará "por dentro", aínda que no macho, o dentro e o fora, non queda ben delimitado.
Segundo a Biblia a muller e o home están feitos da mesma materia, barro. Pero debemos supoñer que Yahvé deulle unha forma anatómica diferente a Adán, primeiramente modelado, para logo mudar algo esencial ne Eva, feita a partir de Adán.
Imos supoñer queYahvé fixo iso, ou ben o fixo a natureza despois de sucesivas mutacións. Pero, unha vez que decidiu explorar polo camiño da reproducción sexual, desa parelll creada, quen son os evanxélicos queer para, dun simpel plumazo, borrar todo ese traballo feito? E ben feito, polo experimentado no tempo que leva existindo o ser humano, na súas diferentes versións evolutivas.
Por que xa non vale?
![]() |
| Aparatos reproductores masculino e feminino... |
Ao macho deulle un aparato reproductor, que debía ser exterior, por motivos de adaptación dos espermatozoides á temperatura exterior. E iso axudaba a definilo precisamente como macho. Que pasou entón?
Ven sendo unah pregunta simple, tal como llas facemos ao bo do Sócrates. Non podía a natureza pensalo antes, sabendo que os espermatazoides non sobreviven coa temperatura corporal humana? Que sentido ten esa necesidade de "sacalos fora", cando iso se convirte ademais, nunha fonte de dor para o macho que os leva colgando? Por que non mellorou o "sotfware" de mantenemento testicular a unha temperatura corporal, como fan os ovarios?
Pero, como pasa no caso socrático, haberá que se conformar pensando, que a natureza tiña outras prioridades.
![]() |
| Algo fundamental no a.r. masculino... |
O que si está moi claro é que, unha vez deseñados os aparatos reproductores tal como foron deseñados, a nacesidade de erección era algo lóxico. Había que introducir a carga espermática nun orifico, de xeito que se levara ata o seu fondo.
Así que se necesitaba tubo e chorro. Unha dobre axuda.
E a cousa é que, se "esto" o tiña Adán, por que resulta tan difícil entender que debe ser un elemento crucial, para distinguir a Adán de Eva?
Menos mal que a Yahvé non se lle prantexou un Adán "con ganas de sentirse Eva", porque seguro que o mandaba a fritir puñetas... e a saber, ond estaría toda a súa posible descendencia?
![]() |
| Algo fundamental no a.r. feminino... |
Porque se tanto se esforzou a natureza (ou Yahvé) en diferenciar os sexos, como agora resulta tan fácil, ser home ou muller, mediante un simple desexo e, como moito, diversas operacións quirúrxicas, transformarse en femia?
Desaparece a erección (mediante yoga), pero como desaparecen os sinais químicos (hormonas) que debe mandar o cerebro, para iniciar a pubertade, por exemplo?
Se o inxerto dun adn social leva o seu tempo e o seu esforzo, como é tan cómodo cambiar de sexo?
Pode ser que un macho, que non posee clítore nin a conexión entre aparto reproductor e cerebro,tal como si ten a femia, pode reaccionar como o faría unha femia? Con que tipo de ciencia estamoss xogando?
Tanta maxia pode facer o simple desexo (xa falaremos del, cando toquemos o cerebro)? Ou as sustancias químicas, son tan potentes? E mesmo, a ciruxía que te deixa ese aparato de macho feito unha obra de arte feminina, polo menos en apariencia externa, fará tales miragres?
Porque se a natureza esperou tanto, para facer unha conexión con xeito entre aparato reproductor e cerebro, a que pode quedar rdeucida unha excitación sexual, emitida polos novos órganos sexuais do macho/femia?
Pode chegar a funcionar un glande como un clítore? En pocos anos está superado o enorme traballo mutacional desa natureza, que non sabemos aínda o que é, pero que notamos(recibimos) todo o que ela produce. E se non ela, pois un Yahvé calaqueira.

.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario