Amosando publicacións coa etiqueta pasos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pasos. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de novembro de 2023

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación?

O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser desmanipulados?

Porque non é a dúbida o que nos fai manipulables. A dúbida é un primerio paso para buscar unha resposta que nos axude a camiñar.

Pero, o problema é poñerse nas mans dos "resolvedores de dúbidas". Eses humanos especialistas en tomar decisións por ti, aducindo que aínda non tes a madurez necesaria, o que andas algo perdido no teu traballo (ou nos teus amores)... mesmo os políticos, que usan a arte da persuasión, non da retórica e o diálogo, para te convencer de que sin eles non tes futuro.

Este verndedores de lavadoras, que se autoconsideran artistas, son os Shakespeares da tuavida. Te consideran tan cheos de dúbidas que, moitas veces eles mesmos xa che meten no teu coco, de tal xeito que rematas por non saber ben quen ves sendo. 

A tal punto que, fante dubidar mesmo do simple feito de si existes ou non existes. 


La curiosidad nos lleva a la duda...

O noso ADN nos fai curiosos. E esa curiosidade, cando a experiementamos nos ten que levar a dudar moitas cousas : que pasos dar, cando parar/seguir andando, con quen camiñar, como facerse con filtros que te permitan observar a realidade con certas garantias de eficiencia...

E, si te caes nas mans dun mal psicólogo, podes ata dubidar de si existes, ou es un mero pensamento doutro ser humano (ou dun deus, dun alieníxena...).


... la duda nos hace decidir...

Lo dicho : si eres curioso y dudas, es por la necesidad genética de practicar la decisión.

Una capacidad humana, que no es instintiva como en el animal irracional. Sino el producto de una reflexión, tanto racional como emocional. Un acto de pensamiento, que te lleva a decidir lo que te parece más útil en tu caminar. Si aguantar la ofensa, si matar al ofensor o, incluso, si matarte a ti mismo.

El gran dilema de un hamlet cualquiera.

Eso que un clásico como César, al pasar el Rubicón dijo : Alea jacta est.


... y con la decisión avanzamos!!!

Pero es que, aún no sabiendo el efecto de tu decisión, será siempre mejor que te decidas a actuar, aunque esa actuación sea tan estática como esperar sentado, mientras sigues pensando. Eso ya es decidir!

No olvidemos que el silencio en música solo es una pausa entre los diversos sonidos. Y es necesario precisamente, para seguir avanzando en la melodía. La duda mental solo es la pausa necesaria, para tomar una decisión tonal.

Ahora bien, como le pasaba a César, no puedes permanecer mucho tiempo sentado, esperando que el Senado te lance sus soldados.Toca decidir cuando te conviene ponerte en movimiento, buscando la mejor ocasión para el combate.


venres, 16 de xuño de 2023

E costará moito adaptarse a un ecosistema?

 

Que salto houbo que dar, entre o peixe pescado polo humano, e ese mesmo humano pescador?

A evolución nos explica moitas cousas. E dela podemos sacar leccións interesantes, para reflexionar sobre o comportamento dos pescadores, é dicir, dos seres humanos. Como xa levamos repetido aquí ben de veces.

Imaxinemos unha orca, que non sexa Willy (Keiko), porque a ela xa lle molestaron abondo en Hollywood.

E imaxinemos, que, dado o seu grado de intelixencia, se pode facer certo tipo de reflexións internas.


O seu ADN pídelle que se comunique...

A orca pode facerse preguntas, desas que non se faría o Sócrates. Por exemplo, por que o ser humano segue pescando peixes, cando xa descubriu xeitos de fabricar alimentos de todo tipo? Por que debe maltratar ás ocas, por exemplo, para lle sacar un fígado excesivo, como se aínda vivíramos nos tempos de Luis XIV?

Por que seguen a ter tan mala comunicación entre os humanos, pode pensar esta orca, cando a súa capacidade intelectual é infinitamente superior á nosa? Pode ser por iso, precisamente? O seu ego non lles deixa pensar racionalmente?

E para que teñen intelixencia emocional, se se deixan levar polo que lles queda, aínda, de instinto animal?



O seu ADN pídelle que se reproduzca...


Como é posible que trate tan mal ao ser humano (a femia), que o complementa para reproducirse e criar os fillos?

Como é posible que o maltrato infantil se dea maioritariamente na contorna familiar da cría humana maltratada?



E o seu ADN pídelle que defenda ás súas crías...

E xa para rematar, que explicación lle podería eu atopar a un feito tan demencial : o ser humano desprecia casi por completo o enorme potencial en capacidade por desenvolver, que trae no seu ADN?

Prefire deixarse inxertar un adn social negativo, que lle impide ser natural e libre. E así, como pasaba co filete de Cifra na película de Matrix, prefire vivir encadeado a unha realidade virtual, que, para colmo el prefire tomar como real.

E logo ven de visita aquí, mira para min, dentro da piscina onde nos teñen encarcerados e ata sinte compasión. Non quere reflexionar sobre as cadeas virtuais que o teñen atado a unha casa, a unha familia, a un país, a unha tradición... a ter unha adicción a non pensar, en vez de buscar constantemente novos camiños de avance, naturais ou artificiais, e libres.

E para rematar (por hoxe). Como non enetende que, sabendo isto que sabemos os mamíferos mariños, poidamos ter interese en sair do mar? Non "quixemos" nos facer anfibios, porque no océano, aparte de submarinistas e a quilla dalgúns barcos, non nos molestan demasiado. Se a evolución é o que representa este ser humano, que me mira con compasión, estamos moi ben sen haber evolucionado tanto.

Outra cousa é que non queiramos esquecer o que facemos aquí, nesta piscina, en vez de nadar libres polo océano. Pensar no océano e na libertade é o que mellor nos fai estar vivos. Queremos estar adaptados á libertade do océano, pero non nos adaptarn áo cárcere da piscina. E por iso, sempre esatremos loitando por volver a ser libres.

Aínda iso vai ter que aprender o ser humano de nós. A pesares de que no seu ADN ven moito máis marcada a necesidade de libertade.













sábado, 3 de xuño de 2023

Así que todo ten un principio... ou non?


Aínda que hai principios que son tan escuros, ou máis, que o lado escuro da forza na saga SW...

Porque nada se sabe de onde ven a Forza en WS, e menos o seu lado escuro. Por que tanto poder ten? E, sobre todo, porque ten que favorecer que os seus portadores fagan o mal (será unha encarnación do Demo cristián)?

Aquí non valen crenzas nin fantasías. Como moito se necesita un pouco de imaxinación e, sobre todo, ter algo parecido a iso que chaman fe. En especial en canto a posibilidade de que un experimento logre demostrara tua teoría.

Ou, como facemos aquí, simplemente reflexionar sobre a posible causa de que o proceso evolutivo da natureza teña un camiño, en vez de ter outro. E sin negar nunca, que é posible a aparición de moitos camiños, se avanzamos, descubrindo aquelo que natureza nos ten reservado 


A luz (enerxía) é algo moi importante...


E claro que a luz é vital. A luz como forma de enerxía, ou como metáfora do descubremento. A evolución non pode avanzar sen a luz precisa, para descubrir o que está aí "tapado".

E a selección que fai a natureza non tería sentido positivo, se non tivera a luz abonda, para escoller a mutación máis axeitada. Non se pode facer unha selección a escuras, salvo que sexas un inexistente jedi.

Os seres humanos, como a natureza, necesitamos "ver" os pasos que imos dar. 



Sen ela non habería vida posible...

Así que non hai que ser un rabioso tiburón, para ter a enerxía vital necesaria. Simplemente coa carga enerxética que almacenamos no noso cerebro, xa temos abonda, para usar esa luz que o noso cerebro proxecta no medio onde vivimos.

Hai xente que prefire pensar co pene ou coa vaxina, pero o órgano de pensar está onde máis enerxía temos. Así que, a nosa cabeza, ven sendo o único faro que pode iluminar os nosos pasos. 

E tamén ser o GPS que nos oriente. Realmente é o noso cerebro o que se encarga de facer unha lectura positiva do noso ADN. Facendo así que maduremos no sentido de mellorar como ser vivo, no caso dos humanos, con algo de freada.

E por iso é tan preocupante que o ser humano actual, guste tanto de ser mediocre e estar pasando o seu proceso evolutivo a niveis de animal irracional.


E sen ela non pode haber cambios...

Porque a natureza ten gastada moita enerxía, para ir fomentando y seleccionando mutacións que signifiquen unha mellora global da materia viva mutada.

Para que se esforzou tanto, por exemplo, nese enorme salto do ecosistema mariño a un ecosistema terrestre? Para que o imbécil do ser humano, se pase o tempo paseando no se esplendoroso iate?

Mudar as aletas de nadar en patas, supón un gran paso adiante, ademais de ter que aprender a andar sobre o terreo. Por que o ser humano, por moi mediocre versión de homo sapiens que sexa, pode tardar tanto en integrar os avances tecnolóxicos no seu discurrir vital?

O que agora pasa coa IA, cando un humano se sinte incapaz de interaccionar libremente cun algoritmo mellorado, é de auténtica inversión cultural. Pero non de inversión cara o futuro, pola contra, é unha regresión cultural de moita altura.

Toda tecnoloxía non deixa de ser un invento humano. E nós, como parte da natureza, só estamos ampliando o territorio onde a natureza se fai artificial. É dicir, que a roda, un banco ou unha grúa xa son parte inherente da "nosa natureza". Xa está ben de seguir crendo que a natureza é só a materia viva e a materia inerte que estaban no planeta, antes de que aparecera o ser humano.

A nova IH é o que marca a diferencia. Todo o que nos construímos pasa a formar parte da nova natureza. E a IA é a nosa invención, para que interactuemos con ela, como se interactúa cun coche ou unha computadora. Nada a fai o noso enemigo. Porque o enemigo é o ser humano que a queira usar contra nós.

E ademais, como ben decía Don Vito Corleone, ao posible enemigo mellor canto máis cerca. Ou se preferimos o drama clásico, xa o dixeron en Edipo Rei. Expulsar ao posible asasino, só leva a que lle sexa máis doado matarte. E, ademais, como no caso do Edipo, facilitándolle que veña de incógnito.



martes, 30 de maio de 2023

O que se traduce en ir "paso a paso", descubrindo...

 

E de cada descubrimento tirar unha aprendizaxe.

Porque descubrir e aprender no se conxugan exactamente igual, pero se necesitan os dous verbos "por igual", como accións básicas dun ser vivo. E por moi simple que este ser vivo sexa!

Xa antes de pensar hai que ir paso a paso.

Porque un ser vivo terá que combatir, por unha banda, coa enorme enerxía que solta un volcán, por exemplo. Pero, tamén terá que descubrir un xeito de usar esa enerxía en beneficio propio (como especie). Evitando, por suposto, que lle perxudique demasiado.

E precisamente no caso de non poder evitar o estoupido inesperado da enerxía, dun xeito que evite os maiores perxuicios, será cando o "non cabreo" da natureza lle vai pasar factura, por ser incapaz de aprender a controlar eses fenómenos naturais. Polo menos un control que permita minimizar os seus danos.

E polo mesmo, terá que aprender a dar os seus primeiros pasos, de tal xeito que lle permita controlar o seu propio cabreo. O que lle leva a montar unha guerra tras outra, por exemplo.


Os primeiros pasos soen ser moi simples...

Porque dar un paso non é algo que se poida facer sen pensar. Non é como nos animais, que empezan a andar sen saber moi ben como o fan. E precisamente por iso necesitan a mamá que lles axude.

E por iso, os humanos necesitamos tamén a mamá, para que nos axude. Sobre todo se temos en conta o prolongado periodo que nós temos, para ser realmente maduros.


Pero logo a cousa se complica (e moito).

Pero pensar non é fácil. Tamén nos teñen que ensinar. Pero a aprendizaxe ven sendo un proceso que dura moito e resulta moi duro, para o facer ben.

Dar pasos, pensando, non é dar pasos ao tun tun, xa o dixemos. Pero ademais necesitamos evaluar cada resultado producido, cando damos un paso : o ensaio e erro. Esa técnica vital, que nos aprende mamá, será esencial, cando esa mamá xa non estea con nós. Cando teñamos que andar sos, polo camiño da vida. 

E, sobre todo, cando teñamos que nos mover entre os demais seres humanos. Porque eles van facer, en xeral, todo o contrario de mamá : nos queren controlar e mudar en pezas da chamada maquinaria social. 

Ou, como mínimo, vivir á conta de nós. O que xasupón ser unha peza máis da maquinaria social. Por moito que nos convenceran de que así imos ser libres.

E así volvemos a tocar o asunto do adn social negativo.


domingo, 21 de maio de 2023

Unha nova remuda...

 

E por que empezar de novo?

Estamos dando pasos, pero de repente unha pedra, que está tan tranquila no camiño, decide que o teu pé se ve como atraido por ela... e, sen máis, tropeza contigo. A vida ten moito camiño, ata que nos toca parar (a natural morte), polo que as pedras rematan por ser boas compañeiras de viaxe. Sempre que te sepas acoplar ao seu ritmo de "atracción".

E se as pedras son quen de interactuar con nós, que podemos dicir de dialogar cunha IA, e máis agora, que ven sendo unha discusión tan relevante?


Non hai demo que nos asuste !!



En fin, que o algoritmo de Google decidiu nomearme "explotador infantil" (non sei se será "deste ano", ou xa definitivo) e hai que se chinchar.

Así que novo blog, para seguir reflexionaando sobre o que aquí chamamos adn social (positivo ou negativo), inxertado nas crías humanas polo que aquí chamamos SAD (sociedade adulta dominante). Un mecanismo de control social, que se pode definir como unha rescritura do ADN. Pero superposta, non é capaz de borrar o que está escrito embaixo.

Porque, ao revés do que indica o insulto googleiano, aquí non só temos moito respecto polas crías humanas, senón que defendemos "a morte" (se fose preciso) a súa libertade.

Aquí non facemos meditación oriental, aínda que repectamos moito o que di e fai o budismo, por exemplo. Pero si temos un mantra inamovible : o maltrato das crías humanas é a maior ofensa que se lle pode facer á chamada natureza, parte dela nós, os seres humanos. 

E, por outra banda, temos moi claro (podía ser a segunda parte do mantra anterior) que os responsables dese maltrato continuo, que se lle fai a unha cría humana, xa desde a súa concepción no útero materno, son claramente os huamnos adultos. Esos que antes foron crías humans, pero perderon a súa adolescencia, para se convertir en pezas opresoras da maquinaria social establecida.

Auténticos adultos invertidos como seres humanos, que abandonaron o seu papel de titores (das novas crías), para xogar un papel de auténticos maltratadores. Cada un no seu nivel, na súa intensidade contextual, no seu modo propio de sadismo (e mesmo masoquismo), para desenvolver ese maltrarto (a seres indefensos) como se non houbera un mañán.

En fin, aquí estamos esperando a nova embestida do que, ata agora, era o meu amigo algoritmo "by Google".


Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...