Amosando publicacións coa etiqueta mutación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mutación. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2023

Adaptarse non é fácil, pero se pode facer...

 

E hai moita variedade no proceso de adaptación...

Porque a primeiar adaptación ao ecosistema onde nacemos, máis ou menos natural, máis ou menos dirixida, sempre vai ter un proceso de readaptación moito máis forte. En función do que levara xa feita a adaptación natural, en relación á maduración do ADN. Ven sendo o que aquí chamamos inxerto progresivo dun adn social negativo. 

Que ven a sustituir ao adn social positivo, que a maduración natural e libre tentaba inxertar. Porque o feito de inxertar non cambia, só é a forma de operar, o diferente é o contido socioxenético (xen social) que se está a inxertar. En vea de ler o que trae marcado o ADN, se vai ler ese marcado artificial que se nos está facendo socialmente.

A partir do noso ADN imos madurando as nosas capacidades xenéticas, para facer un mundo mellor do que nos atopamos. Porque sempre se pode mellorar... non chegaremos nunca ao límite, para iso é un límite, pero nos podemos achegar cada vez máis a el. Iso é avanzar.

Esa maduración do noso propio ADN, é o que aquí chamamos inxerto dun adn social positivo. Ese que, como tanto repetimos, debe levar como capacidade imprescindible a de rexenerar o ecosistema. No caso dos humanos, o ecosistema non é outro que a sociedade adulta dominante. Xa qu ela é a que controla os posibles cambios, a ben ou a mal, dentro do ecosistema dominado. E non quere as inxerencias propias dos adolescentes rexeneradores.


Como se readapta unha, que acaba sendo pilota de avioneta...

E así traemos hoxe, a tres exemplares de readaptación made in Cicely. Eles tamén tiveron que readaptarse a Cicely, despois de pasar un tempo nun ecosistema totalmente diferente. Como se readaptan a esa nova situación vital?

Pode ser fácil ou casi imposible? 

Y que os diferencia dun doctor, urbanita a tope, que entra no novo ecosistema con poucas ganas de readaptase en su "personalidade típicamente novaiorquina"? Se ata xogaba ao golf con paixón.

Maggie decide adaptarse de novo, deixando que a sociedade adulta dominante en Cicely lle vaia rescribindo sobre algúns aspectos do seu ADN anterior. Aqueles que lle podían ser (como ao doctor) un freno total para esa rescritura, en este caso positiva. Ata se ten que desfacer do fantasma, de que remaat "matando" a todas as súaas parellas afectivas.


E unha, que iba para Miss e se perdeu "como camareira"...

E que dicir dunha camareira atípica? Que foi Miss nun concurso na capital de Alaska (ou iso me parece lembrar).

Que foi traida  como un auténtico trofeo, polo que quería ser astronauta e mudou no poderoso terratenente da comarca. Miles e miles de hectáreas son súas, supoñemos que na típica compra/roubo aos nativos "incivilizados".


Ou un que quería ser astronauta e se fixo co poder!!

Porque así é a SAD (sociedade adulta dominante), aínda que neste caso a forme un só individuo (cos seus cans de presa adxuntos, ben pegados por ben pagados, pero que na serie non teñen importancia vista).

E aquí se pode ver un detalle moi importante, porque no todos os poderosos fan abuso do seu poder co mesmo estilo de comportamento.

Este tenta facer todo en función do benestar do pobo, que habita ese lugar perdido, no inmenso territorio alasqueño. Pero, quen sendo abondo poderoso, non di facer o mesmo. Outra cousa son os seus actos, a dura realidade social .dese ecosistema qu el controla. 

O comportamento dun macho alfa, dominante, variará moito en función da cantidade de poder que pode poñer en actuación, no mesmo instante en que a necesite. O poder tamén ten unha loxística precisa, para que sexa eficiente.

Ven ser como un "capital de poder". Como a Forza que tiñan os Jedis (e os Siths) en SW. E o usa a súa conveniencia, como tamén facían nesa saga cinematográfica.

Así que se pode inxertar un estilo de adn social ou outro (positivo/negarivo), dentro destas duas grandes clases, teremos unha variedade enorme de tipoloxía, desde un extremo ao outro. Cando lle quita a radio a Chris, por exemplo, é por un malentendido, xa que todos pensamos que era por ser un facha e resulta que era polo contrario. 

Unha boa proba de que as apariencias engañan e de que necesitamos filtros mentais propios,  para analizar con xeito todos os datos que nos entran no cerebro. Rebaixar o nivel de erro todo o posible.

Porque el mesmo, malinterpretara ao Chris. O cal tampouco era tan difícil, xa que lle gusta adobar as súas reflexións cun toque demasiado filosófico. Nada raro, por outra banda, se temos en conta que estamos en Cicely! 

Pero ao que iba para astronauta, tamén lle faltaban filtros mentais propios, xa que a súa cultura non superaba as viaxes espaciais e os grandes negocios con terras e madeiras. O que si tiña era certa flexibilidade mental, non moi abondosa no mundo empresarial.

Pero, como antes dixemos, estamos en Cicely... non é difícil conseguir un equilibrio social, xa que nin tacos se din!


luns, 19 de xuño de 2023

Adaptarse en Alaska, por exemplo, como pode ser?

 

Pero non é o mar o peor sitio para vivir...

Usamos onte unhas orcas, para reflexionar sobre o comportamento tan pouco evolucionista do ser humano.

Que tal se imos ata un lugar de Alaska, onde analizar o comportamento de varios habitantes, e así sacar algunha conclusión do tipo que soemos sacar aquí, sobre o comportamento global do ser humano. Que relación pode gardar o feito de vivir en Alaska e o adn social negativo, que os seus habitantes teñan, a partir dun ADN dado.


Hai seres vivos, que xa están adaptados...

No lugar de Alaska que nos mostra a serie Doctor en Alaska, hai diversso tipos de seres vivos, que deberon sufrir as adaptacións pertinentes, para ter un proceso de adaptación natural ao ecosistema alasqueño.

Como por exemplo o reno, que abre nos titulos de crédito o previsisble desfile de seres vivos, de todo tipo, que, dalgún xeito, se poden considerar habiatntes de Alaska, en modo natural ou "incorporado".


Hai outros que se van adaptar...

Por exemplo o entrañable Dr. Fleischman. Alguén que desemboca nese territorio, para el totalmente descoñecido. Cando, pola contra, el está perfectamente adaptado ao que podemos chamar ecosistema megaurbanita tipo NY. Ven sendo como un río ao que fan volver ás montañas, onde nacen os demais ríos, cando el xa leva moito tempo discurrindo pola urbe novaiorquina.

Que facer xunto a tanto río que está recén nacido, cando el xa chegou a esquecer as súas propias circunstancias de nacemnto? Terá que se poñer a "nacer" de novo...

En certo xeito é un ADN, que debía madurar en adn social urbano, para, en cambio, ter que se adaptar dun xeito algo brutal, a unha maduración en modo adn social negativo. E decimos "negativo", porque, en principio, non vai ser o proceso de aprendizaxe (artificial, pero natural e libre) que o Dr desexaría. De seguir en NY.

Porque, en esta serie, podemos contemplar un aspecto moi importante do inxerto que, decimos, fai a SAD : impedirte que desenvolvas o teu ADN libremente, para forzar un adn socila, que te resultará negativo, por evitar precisamente a tua maduración natural e libre.

Só que, no caso do Dr, pode que esa readaptación á vida "salvaxe" lle poida ser moi positiva, ao final do proceso, por neutralizar o adn social "realmente" negativo, que se lle estaba inxertando na "selva" de NY.
Porque se trataba de facelo unha peza típica da maquinaria branca dominante novaiorquina.



E algún deles nolo tentará explicar...

Unha enorme copntradicción (NY/Alaska) que se ilustra perfectamente con otro personaxe da serie : o locutor afeccionado e impulsivo, chamado Chris.

O seu gran amor pola lectura e a reflexión en voz alta do que le, nos ilumina moi ben este papel que xoga no relato da humanidade (calquera que sexa o punto da Terra onde habite), o que aquí xa chamamos hai tempo Socioxenética. En certo xeito, podemos dicir que o Chris foi un modelo de divulgador nato, sobre os efectos positivos (adn social positivo) e negativos (adn social negativo), que provoca o ambiente natural e social de Cicely, sobre a mente dos seus habitantes.

Sen o rollo científico (es máis filosófico), que nos montamos aquí. Chris te fala de como podemos modificar o noso comportamento, en función da interacción, que se vai dar, entre a personalidade que traemos de fóra, e as variantes, sobre todo afectivas, que debemos traballar, para que a nosa readaptación sexa positiva.

El mesmo, sen dúbida algunha, xa se vai poñendo como claro exemplo desa interacción "positiva".

E o Dr, con Maggie, o dono do bar, a súa muller, o astronauta que ven sendo o capo da aldea, a enfermeira nativa, o mozo nativo e, como non, o xefe tribal, sos as diversas personalidades (lembremos ADN en proceso de maduración), que representan ese choque de variable humanas, entre nativos e inmigrantes. 

E un sin fin de fauna salvaxe e urbana (outros diversos humanos), que van aparecendo sin parar ao longo de toda a excelente serie, mostrando un maior ou menso grado de integración.

Como dixo a Maggie, falando da serie aló polos anos 90, era unha serie onde nin tacos había. Todo era humanidade, máis ou menos complexa, pero sempre evolucionando dun xeito natural e libre.

E si, Chris, nos ilumina tanto sobre a Socioxenética, como sobre a extrema importancia do equilibrio na interacción entre os diversos seres vivos, que pululan por un ecosistema dado.

Seres vivos que se necesitan adaptar ao ecosistema tal como está, cando chegan a el. Sen esquecer que tamén necesitarán adaptarse aos posible cambios, que ese ecosistema vai soportar, para que permanezca como habitable. A evolución é unha resposta da natureza, para favorecer esa posible e imprescindible adaptación.

Cicely, nunha lectura actual, non deixa de ser un claro símbolo do planeta Terra.



Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...