sábado, 26 de agosto de 2023

A muller e a sociedade...

 

Algo dixemos da muller como problema social...

Un falso problema, por outro lado, xa que pode estar creado polo machismo universal. É máis, podémonos preguntar socráticamente, se haberá machismo no resto do universo, ou xa non haberá problemas sexuais?

E, como non, tamén podemos facer de Sócrates cunha pregunta que el nunca se fixo, cando observaba a escravitude ao seu arredor, durante un día si e outro tamén.

E, se hai machismo no planeta, porque naceu ese machismo? Porque, igual que pasa coa escravitude, hai que ser moi pouco filósofo, para considerar que ese machismo sexa algo natural. Que teñamos todo ser humano un xen, onde ven marcada esa capacidade innata para ser machista.

Nin sequera hai que ser tan ignorante en Ciencias, como era o Sócrates, para non se facer ese tipo de preguntas.

Porque son preguntas que podemos chamar "de sentido común". Pero pode que iso non fora algo que existira realmente no cerebro dos grandes filósofos gregos. Seguro que os filósofos que aplicaban o sentido común, caso de os haber, non eran abondo académicos para a élite filosófica ateniense, non si?



Un adn social negativo...

Neste 2023 triunfa Barbie. A moneca creada precisamente como a quintaesencia da muller que desexamos todos. Polo menos, todos os que recibimos a ración correspondente de adn social negativo, inxertado a través do mundo cinematográfico USA. 

Hollywood e a súa máquina de montar historias na mente dos adolescentes, coa condición de que foran o máis aproximadas ás historias que se montaban os chicos USA. Sobre todo os chicos de ambientes non moi pobres, xa que os máis pobres usamericanos sempre foron considerados carne de cañón. Eles non servían como exemplo, xa que non merecen asistir ás clases de filósofos e economistas en Yale ou  Harvard. Eles nin valen para exemplificar o famoso Self Made Man.

Porque as grandes universities eran e son os cocederos do adn social negativo de calidade. Especialmente deseñado para futuros abogados, políticos e empresarios. Os que van controlar os fios do poder establecido na sociedade dominante USA.

E, por suposto, será sempre cousa de adultos.


inxertado en épocas muy bélicas...


Asi foi aproveitada a época da guerra mundial, para favorecer unha imaxe da muller, que combinara traballar facendo armas e servindo, ao mesmo tempo, de "ameno disfrute" da tropa, cando estivera de permiso. 

Iso sí, tratabase de facer ver que a muller USA era a máia axeitada para usar como esposa. Dado que estaba ben preparada, para exercer como ramera, paralegal ou legal.



y a través da industria "do cine"!!

Era a erótica do poder. Non era que se delegara auténtico poder nos habitantes do planeta, só se lles facía crer que podía gozar dunhas posibilidadee eróticas. Que, lóxicamente, non estarían ao seu alcance, máis que en contadas ocasións, e para moi contados individuos. Era unha erótica imposta socialmente, que logo iría derivando poos derroteiros da pornografía, a prostitución masiva e outros varios camiños de alienación social.

A mesma libertade, que se lle parecía conceder á ama de casa USA era totalmente ficticia.

E por iso, ademais da Pin Up, nacía o concepto do ser humano VIP. Era alguén que tería a posibilidade real, por moi pouco tempo, de gozar do privilexio social de ter un nivel de poder dun auténtico poderoso.

En certo xeito viña ser unha variante del "Self Made Man". Banderín de enganche civil, que usaba a SAD USA (e logo a mundial), para atraer aos novos mandos civís, tanto desde unha aula universitaria, como desde unha banda xuvenil en barrio baixo urbano, por moi conflictivo que fose.

En resumo, a muller como obxecto sexual, a poseer por unha módica suma. Ou, en casos extremos, pola venta da propia conciencia, tal que un moderno Fausto.

E, para iso, se necesitaba un adn social moi potente, xa que debía crear ao memso tempo, adictos masculinos, para pelexar pola muller obxecto... e, como non, adictas femininas, para ocupar o corpo esas mulleres obxecto. A mente da muller obxecto, Pin Up ou ama de casa tradicional, non necesitaba ocupación de ningún tipo, salvo algunhas nocións básicas de "saber estar en sociedade"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...