Amosando publicacións coa etiqueta femia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta femia. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (V)...

 

E que tan complicado é o cerebro...

Non é o mesmo sentir un pinchazo, no brazo por exemplo (un simple rosal), que sentir algo, unha atracción forte, por outro ser vivo (amor, por exemplo, sexa o que "eso" sexa). E, neste caso, a intervención racional segue a ser casi inexistente. Ven sendo meramente reflexa, no primeiro caso, e pouco máis que emocional, no segundo.

Pero se te convén seguir pillando amoras, unha vez pinchado, ou continuar sendo amigo desa persona, unah vez que te dá cabazas non requiren, en principio, en canto  ao teu futuro, tomar grandes decisións racionais. 

O profundo amor, por exemplo, pouco vai necesitar a intervención da parte racional do cerebro. Pero se o vas dirixir, ese amor, cara un ser humano do propio sexo ou, xa non digamos, mudar o teu propio sexo, entón iso xa é outro cantar.

Deixar de ter conciencia feminina/masculina, para optar pola conciencia de sexo "contrario", iso sí que precisa un cerebro maduro. A ser posible, moi maduro. 


Posible frase dun feminino trans...

Calquera achegamento ao problema do cambio de sexo, non se pode facer nin por aproximación "a ver que pasa", nin por escasa reflexión, sobre o que supón científicamente e socialmente ese cambio.

Nada que facer antes de alcanzar un nivel de maduración cerebral determinado. Non se pode montar un edificio a base de xuntar mollos de palla, tal como fai un porco no conto dos"3 porquiños". E menos cando non hai edificio construido o por construir, que se poida comparar en complexidade a un corpo humano completo.

E, ademais, non se pode un sentir nun corpo errado, antes de ter unha boa idea do que é ese corpo que habitas. E, menos aínda, de saber o que é o novo corpo que queres habitar.

Demasiadas variables, para atopar unha solución facilona deste tipo de ecuación diferencial. Porque  non se trata de traballar co simpel algoritmo dunha ecuación de segundo grado. E aínda esa xa presenta a dificultade de ter duas solucións. Sendo posible que unha delas, non sexa unha solución real.


posible diálogo entre feminino e feminino trans...

E falamos de ecuación diferencial, pero, esta que tratamos agora, resulta aínda moito máis difícil de resolver. Porque a interrelación entre as diversas variables da ecuación, fai que nunca será fácil escoller unha, como variabel principal, para solucionar a ecuación. Porque, unha vez fixada unha variable, automáticamente implica que varien instantáneamente varias das outras variables. Porque non é matemáticas, é VIDA!

Para nos "entender", podemos dicir que estamos resolvendo unha "ecuación viva". A "x" no é un simple número (enteiro, real, complexo...) que buscamos. Esa "x" ven sendo unha situación máis ou menos negativa, para o ser humano que a recibe. Ven ser algo moi parecido ao intercambio xenético que se produce no ADN : non pode haber cambios aillados, todo cambio presupón un posible cambio adxacente.

Neste caso que tratamos, que obteñamos en principio a solución trans, non impide que, co paso do tempo, notemos que tal solución non era realmente viable. Ven sendo como se, ao final do proceso,  tiveramos unha especie de aborto, en vez do esperado bebé.


posible implicación doutros na decisión final!!


E todo, porque "sentirse muller", non é o mesmo que "ter conciencia" dese sentimento. Sentir é un primeiro paso, simple función de relación, co sistema nervioso al ralentí. Ter conciencia de algo, ven ser o poso dese sentimento ao pasar polo cerebro, unha vez que lle dimos voltas e voltas, coa nosa inteligencia emocional. E, sobre todo, habendo pasado de cando en vez, pola parte racional da nosa intelixencia.

Pero esa parte racional da que falamos, non estará nunca madura se non entramos na pubertade. Quedan varios anos de adolescencia, para que poidamos estar algo seguros de que vivimos unha adolescencia. Porque, non debemos esquecer, que vivir a adolescencia é só unha posibilidade. Tan seguro é que a viviremos, como que a podemos perder se non temos coidado (moito), nese proceso de vivencia.

E que unha vez vivida a nosa adolescencia é cando podemos visualizar internamente, como é o noso corpo, como é o corpo alleo, e, polo tanto, empezar a sentinos ben ou mal, en función desas miradas internas (e propias, non alleas!).

Porque, en caso contrario, xa podemos estar dando algún psao que outro, camiño de perder precisamente esa adolescencia que acabamos de empezar.



xoves, 3 de agosto de 2023

Ser muller, un problema científico, filosófico y social...


Cando a Ciencia pasou a ser sustituida polo Novo Evanxeo Queer?

Fálase moito do movemento evanxélico, nos USA ou no Brasil, pero haberá que empezar a mirar con lupa ao novo movemento evanxélico, que eu chamo Movemento Queer.

O lobbismo que últimamnte se empezou a practicar co Movemento Gay, empeza a ser moi superado polo lobbismo Queer. Igual que pasou co Movemento Verde, se subiron ao carro deste tipo de movementos sociais que presumen de transformadores, unha serie de elementos humanos, que non teñen a democracia como unha característica básica no seu adn social.

Realmente pódese dicir que o seu adn social e unha mestura caótica de aspectos positivos e negativos, que empezan a oler abondo mal.

O caso da deriva megalomaníaca de ONGs como Greenpeace, son un símbolo da corrupción ideolóxica deste tipo de movementos.

E así...


Un ADN de femia humana...

O que sempre admiramos como unha muller, unha femia humana, segundo a definición científica, que pareceu correcta, nos inicios da clasificación dos seres vivos. 

Pero actualmenteestamso en momentos de refixar coñecementos sobre a anatomía humana, ou eso parece. 

Así que estamos sufrindo unha disolución de conceptos varios, todos eles pasados polo "non filtro" da ciencia. En certo xeito, volvemos aos tempos da Grecia Clásica, onde a metafísica ocupaba o lugar da "Física".

Eran os tempos nos que as preguntas socráticas versaban sobre a Xusticia e a beleza, en vez de preguntar(se) sobre a escravitude e o maltrato das crías humanas (abuso sexual  de adolescentes).



Otro ADN de femia humana...


Actualmente, confundindo claramente o concepto de ADN e o concepto de adn social, nos queren convencer de que, determinadas prácticas ou costumes dos seres humanos, poden pasar a ser definitorias do sexo dun ser humano. 

Ademais de facer un conglomerado moi diluido con aspectos que están relacionados con otro concepto , aínda peor para "definir" que el sexo (simplementt binómico), ao que chamaron xénero. 

Pero chegaron os lingüistas y la fastidiaron. Sin querer, porque non podían imaxinar que a diferenia sexual anatómica iba ser tan reñida nun futuro. Mesmo no seu entorrno psicolóxico. O feminino e o masculino, o singular e o plural, usados na gramática, son como atrancos para este debate actual sobre o "xénero sexual".



Y otro ADN de femia humana...

Así que, como pasou coas cores azul e rosa, o que ven sendo simple patrimonio do uso social, en relación ao sexo/género, se quere aproveitar para fomentar unha enorme e interesada confusión, sobre duas definicións perfectamente delimitadas, como son macho e femia (humanos ou non).

Delimitadas anatómicamente, en principio, xa que a nivel cerebral a cousa era moito máis complicada. Pero xa chegaremos a reflexionar sobre un tipo de contradicción, que se pode dar enrte a anatomía corporal e a producción cerebral de pensamentos propios. Porque será moi importante, para tentar un equilibrio entre definición obxectiva (externa) e subxectiva (interna), da esencia de "ser femia"(a finais do XXI).

O único que pode estar claro é que o uso social da vestimenta, por exemplo, resulta trivial na hora de definir sexos/xéneros.

Así, o coiro fíxose un símbolo falaz da característica dunha orientación sexual homerótica. Un gay tiña que vestir de coiro (e negro), como un xove rebelde tiña que vestir de Marlon Brando ou James Dean. 

En certo modo, funcionaba como o chamado toque afeminado (ou "pluma"). Ou como logo encheuse o barrio de punks, e demais familias "diverxentes". Agora se fala de "querer cambiar de sexo", casi como se un fora a unha tenda de roupa, para cambiar de traxe de chaqueta por un vestido estilo hipi.

Se toma o secundario polo pirncipal e se decide que toda discusión científica sobre o tema, ven sendo un ataque claro aos mandamentos que dicta o novo Evanxeo Queer.

Seguiremos...

mércores, 14 de xuño de 2023

E que puido pasar coa femia?

 

Tamén ten unha cartiña marcada o ser humano femia...

Pode que aínda non chegara o xen social de ser muller CIS ou muller TRANS, pero estaba xa claro que a muller, como a metade da humanidade que representaba, só estaba "de adorno" nas sociedades chamadas civilizadas. Nas non civilizadas aínda se presumía dun pouco máis de igualdade, aínda que fose algo superficial, como dando autoridade ás aboas. 

Aquí, con apoio científico, só podemos dubidar de perspectivas "liberadoras". Polo de agora calquera apunte amazónico, non deixa de ser "un máis querer que poder".

E sobre o contexto do transexual non nos imos meter polo de agora, aínda que tamén ten moito de intromisión social (máis da debida), no papel natural do ADN.


A muller grega era considerada un obxecto (e como nai!)...

Na Grecia do Sócrates era considerada a femia, como un mero adorno, que estaba na casa para criar dos fillso, pero en aspectos non importantes (socialmente), para cociñar, facer de reposo do guerreiro, en combinación coas escravas/os e pertinentes hetairas... e podemos supoñer, que o Sócrates participaba totalmente deste tipo de crenzas (e as súas actividades).

Tampouco se lle ocurriu preguntar(se), por un momento, a razón deste maltrato xeralizado da metade da poboación. E productora humana  da seguinte xeneración de atenienses.

Aínda que non debemos nos asustar, xa que, a maioría de machos actuais do planeta, seguen sen se facer esa mesma puta pregunta.


Tiñan insertado un adn social negativo de "sumisa"...

Pola contra, se podía dar o caso, como xa pasaba coa escravitude, co maltrato adolescente e, con tantas cousas máis, que reflexionar sobre a situación sumisa da muller grega non tivera sentido. Par os grandes pensadores da época.

Era moito mellor darlle voltas e voltas a divagar sobre a importancia do concepto de Sumisión. Como o de Beleza, ou de Xustiza ou de Ética. Trátabase de andar pola ágora, a debatir sobre aquelo que non levase a pensar nos casos concretos que tiñan diante. Por exemplo, o de humanos considerados guapos (mesmo moi guapos, o ideal de "bellos") e outros que eran repelidos por feos. Ou ben, pensar nun tipo de xustiza en abstracto, en vez de pensar no feito concreto de que houbera unha xustiza para pobres e outra, moi diferente, para ricos. Ou, por que non, na pouca ética que amosaban os políticos con comportamentos corruptos, os que, precisamente, lles daban o dereito de facer política, para a dirixir no "seu" estilo de Democracia (para ricos), mentras que anulaban a capacidade política dos pobres, aínda que fosen legalmente "cidadáns".

Podemos facernos unha idea, logo, de cantas "non preguntas" se gardou o Sócrates no caixón da súa mesiña de noite?


Aínda que, ás veces, o ADN facía estragos!!

E, como soemos dicir, o adn social negativo é moi poderoso, depende do poder que o mandou inxertar, pero non ten poder absoluto.

Embaixo do escrito pola SAD, segue manténdose o ADN orixinal. E existe un tipo de ser humanos que mantén a súa capacidade para ler por baixo do sobrescrito.

E o fan mellor se son posibles nais, porque da súa disidencia vai depender o futuro dos seus fillos. Teñen unha enerxía especial, para se rebelar contra todo tipo de poder opresivo. O problema é que, desde a prehistoria, están tan acostumadas a obedecer, que, o chamado por nós Síndrome de Estocolmo Clandestino, as ten demasiado lastradas, como colectivo.

O seu papel de muller insumisa, o levan a cabo femias individualmente. Polo motivo que sea, quedaron algo máis libres, para reflexionar, racional e emocionalmente, no interior do seu crebro e decidir rachar coas cadeas virtuais que lle queren poñer.

E na Gracia clásica xa había exemplares deste tipo. Mulleres que non podían entender como os filósofos (machos, claro é) eran tan remisos, para observar todos aqueles indicios, que indicaba explotación e maltrato. A poeta Safo foi unha boa representante na Arte , así como Hipatia o foi no territorio da Ciencia.

Non esquezamos que estaban ao servicio dos poderosos (SAD). O mesmo Aristóteles foi titor do que eu chamo Alexandre Medio. Un gran conquistador, que non soupo parar a tempo, e favoreceu a disgregación de todo o Imperio construído (máis ben, a Medio construir!).

Por ese motivo non pode extrañar o confuso rol, como guía da intelectualidade, no panorama socioeconómico e cultural deste "pobre" planeta.


Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...