Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xullo de 2023

E que podemos dicir da fame no mundo e do adn social negativo (ou positivo)?


Pasar unha guerra márcate "por vida", pero, pasar fame, tamén te marca para sempre...

Porque pasar fame te impide madurar correctamente. Déixache inválido mentalmente. Impide así que cumplas co labor rexenerador, que traes marcado no teu ADN

O adn social negativo dun famento lle impedirá ter a enerxía necesaria, para a súa actividade prevista xenéticamente, de rexenerar a sociedade que os adultos dominantes foron deixando desgraciar, pouco a pouco


A fame tamén deixa marca no adn social das crías humanas... 

Estas crías, que necesitan unha parede para se soster, sin caer tumbadas ao chan, de onde sacarán forzas para facer un traballo de rexeneración social? Se non poden sequera rexenerarse a si mesmas, para ter unha adultez mínimamente natural e libre.

Chegara ser integrados no ecosistema onde viven, e sendo creativos, en vez de pezas anquilosadas da maquinaria social, que controlan perfectamente os adultos dominantes.


chegando a ser un lastre enorme na súa maduración...

De nada vale que a natureza (sexa o que iso sexa), lles marcara coa facultade para mellorar ese ecosistema, noso aspectos que se foron degradando. Por exemplo o vital equilibrio enerxético, ese que pouco a pouco se foi desequilibrando, polo exceso de consumismo enerxético dos habitantes do planeta.

Excesivo consumo de ricos e pobres. Pero sen ter a mesma cuota de responsabilidade nese despilfarro enerxético, uns e outros. Porque, que responsabilidade no consumo excesivo de comida pode ter unha cría humana, que non come nin sequera unha vez ao día? E, para colmo, tocaralle morrer "algún día da semana que ven".


e tamén afecta ás crías do chamado "1º mundo"!!!

E evidentemente o problema non é só das sociedades, onde os adultos manteñen un nivel alto de pobreza, sexa con guerras ou roubando toda a riqueza material, que lle poidera servir aos habitantes dese país, para mellor sobrevivir.

Non.

O consumismo enerxético excesivo e a mala xestión dos alimentos, que se producen nun país, ven sendo un problema nos países chamados ricos, do primeiro mundo... neles tamén se dan bolsas enormes de famentos, con moitas crías humanas ás que só lles queda un futuro próximo : morrer de fame. Ou como mínimo padecer insuficiencias físicas e mentais, que lles imposibilita para cumplir coa súa maduración natural. O que lles vai impedir, como consecuencia lóxica, ser os rexeneradores sociais que dicta o seu ADN.

Ven sendo un exemplo de adn social negativo, que lles vai impedir ser adultos completos.



domingo, 4 de xuño de 2023

E tamén todo pode ter un final...

 

Porque a evolución non é nada liñal...

E igual que tivo un principio, tamén pode ter un remate, aínda que a chamada natureza tente evitar lle poñer fin á historia dos seres vivos.

Eses seres vivos, que van mutando, e por tanto desaparecendo na súa versión obsoleta, pero que tamén poden desaparecer por motivos alleos á selección natural.


Demasiada enerxía acumulada nun ser vivo?

Como lles pasou aos dinosaurios. Unha creación da natureza, algo excesiva en volume e en enerxía, para o momento "histórico" do proceso evolutivo terrestre.

A fin de contas foi a prrpia natureza quen provocou os fenómenos, que remataron coa súa creación. Pero ben pode que, deste suceso aprendera a medir algo mellor os pasos a dar na selección das mutacións naturais.

Dalgún xeito, se qureemos ser positivos, esta aprendizaxe serviulle para non tropezar tanto na creación  do ser humano.

Aínda que non está nada claro, pero pode que se no dionosaurio puxo demasiada enerxía e volume corporal, máis difícil de superar grandes catástrofes; agora co ser humano lle concedeu demasiada intelixencia, para que el mesmo non se puxera en perigo de extinción. Ás veces o exceso de intelixencia, aínda medio dormida, pode crear monstros, capaces de finiquitar coa vida de todos.


Demasiada capacidade para imaxinar...

Porque o ser humano, sobre todo esta mediocre versión de homo sapiens, se considera demasiado listo. De feito soe despreciar o traballo da natureza, sexa o que ela sexa. Mesmo hai seres humanos moi mediocres, que se chegan a crer deuses e adoptan posturas inhumanas ata límites insospeitados.

Ata tenta resucitar vida morta, ou creala de novo, sen ter en conta toda a enorme experiencia que, nese terreo, ten a natureza.

Cando se pon a xogar coa xenética, un caso de comportamento humano a estudar pola socioxenética, algo máis grave que o inxerto dun adn social negativo nas crías humanas, é cando máis preto estamos de que, os propios dinosaurios, se teñan que rir das nosas ilusas pretensións como especie. Tanta intelixencia reducida a un mero instrumental de vestirse como deuses, para operar como auténticas musarañas campestres.

E logo din que o problema radica na chamada IA. Cando está claro, que o enemigo real da humanidad, que ten desde que foi "creada" está na súa propia IH.


Demasiada capacidade para se autoextinguir...

Observemos a imaxe típica do cazador (cazado). Non queremos ser conscientes de que os dinos se extinguiron cun aporte intelixente mínimo. Tiñan cerebro de réptil. 

Nós o imos facer coa posibilidade de reorientar a nosa intelixencia, aproveitando ademais desa hibernada intelixencia emocional, que tan necesaria é para  se equilibrar coa racional. E así poder favorecer unha maduración das cías humanas, que supoña realmente a rexeneración positiva da nosa anquilosada sociedade.

Restaurar o equilibrio que tanto lle costa manter á natureza. E que nós estamos levando a límites casi irrecuperables.

Rexenerar, esa é a misión das crías humanas, que van aparecendo como novas. Seguir os dictados do seu ADN, onde está ben marcada esa necesidade imperiosa do equilibrio enerxético e, sobre todo, da capacidade para o manter. Unha vez que a maduración  natural e libre, como cría humana, permite facer "o que hai que facer".

Seguindo o ADN, iríamos madurando cara un adn social positivo, en vez do adn social negativo, que nos inxerta a sociedade adulta dominante (SAD).  E nese adn social negativo é onde está a incapacidade social para restablecer equilibrios enerxéticos e, polo tanto, rexenerar o mal camiño que leva esta SAD. Cara a súa propia extinción.                             


sábado, 3 de xuño de 2023

Así que todo ten un principio... ou non?


Aínda que hai principios que son tan escuros, ou máis, que o lado escuro da forza na saga SW...

Porque nada se sabe de onde ven a Forza en WS, e menos o seu lado escuro. Por que tanto poder ten? E, sobre todo, porque ten que favorecer que os seus portadores fagan o mal (será unha encarnación do Demo cristián)?

Aquí non valen crenzas nin fantasías. Como moito se necesita un pouco de imaxinación e, sobre todo, ter algo parecido a iso que chaman fe. En especial en canto a posibilidade de que un experimento logre demostrara tua teoría.

Ou, como facemos aquí, simplemente reflexionar sobre a posible causa de que o proceso evolutivo da natureza teña un camiño, en vez de ter outro. E sin negar nunca, que é posible a aparición de moitos camiños, se avanzamos, descubrindo aquelo que natureza nos ten reservado 


A luz (enerxía) é algo moi importante...


E claro que a luz é vital. A luz como forma de enerxía, ou como metáfora do descubremento. A evolución non pode avanzar sen a luz precisa, para descubrir o que está aí "tapado".

E a selección que fai a natureza non tería sentido positivo, se non tivera a luz abonda, para escoller a mutación máis axeitada. Non se pode facer unha selección a escuras, salvo que sexas un inexistente jedi.

Os seres humanos, como a natureza, necesitamos "ver" os pasos que imos dar. 



Sen ela non habería vida posible...

Así que non hai que ser un rabioso tiburón, para ter a enerxía vital necesaria. Simplemente coa carga enerxética que almacenamos no noso cerebro, xa temos abonda, para usar esa luz que o noso cerebro proxecta no medio onde vivimos.

Hai xente que prefire pensar co pene ou coa vaxina, pero o órgano de pensar está onde máis enerxía temos. Así que, a nosa cabeza, ven sendo o único faro que pode iluminar os nosos pasos. 

E tamén ser o GPS que nos oriente. Realmente é o noso cerebro o que se encarga de facer unha lectura positiva do noso ADN. Facendo así que maduremos no sentido de mellorar como ser vivo, no caso dos humanos, con algo de freada.

E por iso é tan preocupante que o ser humano actual, guste tanto de ser mediocre e estar pasando o seu proceso evolutivo a niveis de animal irracional.


E sen ela non pode haber cambios...

Porque a natureza ten gastada moita enerxía, para ir fomentando y seleccionando mutacións que signifiquen unha mellora global da materia viva mutada.

Para que se esforzou tanto, por exemplo, nese enorme salto do ecosistema mariño a un ecosistema terrestre? Para que o imbécil do ser humano, se pase o tempo paseando no se esplendoroso iate?

Mudar as aletas de nadar en patas, supón un gran paso adiante, ademais de ter que aprender a andar sobre o terreo. Por que o ser humano, por moi mediocre versión de homo sapiens que sexa, pode tardar tanto en integrar os avances tecnolóxicos no seu discurrir vital?

O que agora pasa coa IA, cando un humano se sinte incapaz de interaccionar libremente cun algoritmo mellorado, é de auténtica inversión cultural. Pero non de inversión cara o futuro, pola contra, é unha regresión cultural de moita altura.

Toda tecnoloxía non deixa de ser un invento humano. E nós, como parte da natureza, só estamos ampliando o territorio onde a natureza se fai artificial. É dicir, que a roda, un banco ou unha grúa xa son parte inherente da "nosa natureza". Xa está ben de seguir crendo que a natureza é só a materia viva e a materia inerte que estaban no planeta, antes de que aparecera o ser humano.

A nova IH é o que marca a diferencia. Todo o que nos construímos pasa a formar parte da nova natureza. E a IA é a nosa invención, para que interactuemos con ela, como se interactúa cun coche ou unha computadora. Nada a fai o noso enemigo. Porque o enemigo é o ser humano que a queira usar contra nós.

E ademais, como ben decía Don Vito Corleone, ao posible enemigo mellor canto máis cerca. Ou se preferimos o drama clásico, xa o dixeron en Edipo Rei. Expulsar ao posible asasino, só leva a que lle sexa máis doado matarte. E, ademais, como no caso do Edipo, facilitándolle que veña de incógnito.



xoves, 1 de xuño de 2023

De feito un descubremento pode ser inexplicable...


E aínda así, temos enerxía abondo para o tentar facer...

Porque unha das marabillas creadas (descubertas/inventadas) pola natureza son as diversas capacidades dun ser vivo, para almacenar inmensas cantidades de enerxía, dun xeito tan organizado e eficiente, que non lle produce dano algún ao ser vivo.

Lembremos que para algo en Matrix se almacenaba a enerxía contida nos corpos de seres humanos, que eran como auténticas baterias enerxéticas. E sen necesidade de movementos de roce, como unha dinamo, unha central hidroeléctrica ou un aeroxenerador. Unha simple reacción química, supercontrolada no corpo dun ser humano.


Algo de materia aparece da nada...

E, como pasa nesta película citada, todo o que existe debe ter unha orixe. Para toda construcción material debe haber un arquitecto. O mesmo que, para facer unha creación virtual, debe haber un autor.

Pero nós non imos reflexionar sobre a orixe do universo, porque, como xa se dixo, por activa e por pasiva, non estamos para elucubracións teolóxicas. Nin sequera metafísicas.

Que a materia aparecera por unha separación da luz e a escuridade, como din na Biblia, e outras moitas crenzas ao longo do planeta, no nos interesa. Aquí, como decimos, xa lle dimos algunha volta no blog anterior, pero, básicamente, seguimos na mesma tesitura : as explicación relixiosas non son o noso. Aquí só cabe a explicación científica.


Ou aparece por un soplo diviño...

Así que nos importa pouco se foi necesario un "toque diviño", para empezar o proceso da vida, como nos importa un pimento, se hai un arquitecto detrás do mundo de Matrix. Nós sempre preferiremos a bazofia comestible do offmatrix, que o filete virtual de Kobe, regado cun viño de alta calidade, que nos ofrezca unha Matrix.

Nos non somos un Cifra calquera, seguimos sendo descendentes dos homes monos que noutra famosa película (2001, unha odisea... ) descubren un óso de carnívoro e comenzan a"xogar" con el. A diferencia é que, aquí, só buscamos usos creativos, realmente humanos, para avanzar coa tecnoloxía que permite ese óso "recén descuberto".


E que pensar de todo isto?

O que nos leva, de novo, ao anterior blog, onde tentamos explicar a posible evolución da materia viva. Desde as partículas primixenias, o que chamamos macromoléculas viaxeiras. Saídas do fondo oceánico e cunha viaxe totalmente odiseica, para atopar a luz do sol, esa que consigue entrar cara o fondo mariño.

O que pasou antes desa viaxe non nos seduce, por demasiado misterioso e demasiado complicado. O que veu a partir de aí, segue sendo o obxectivo principal da nosa reflexión : como a natureza foi capaz de armar un conglomerado molecular con vida propia. 

E sen parar na intervención ou non dalgún ente diviño, que non nos interesa o máis mínimo. Porque se intereeu no inicio, está claro que desapareceu do proceso evolutivo, a partir da aparición do ser humano. Ningunha diviñidade pode ser tan inhumana, como para deixar que nós mesmos cabemos a nosa propia tumba como especie. Así que estamos solos, fronte ao noso futuro. Tócanos conducir!

Só nos queda aproveitar a inmensa cantidade de enerxía que contén o universo, para facer algo positivo con ela.




martes, 30 de maio de 2023

O que se traduce en ir "paso a paso", descubrindo...

 

E de cada descubrimento tirar unha aprendizaxe.

Porque descubrir e aprender no se conxugan exactamente igual, pero se necesitan os dous verbos "por igual", como accións básicas dun ser vivo. E por moi simple que este ser vivo sexa!

Xa antes de pensar hai que ir paso a paso.

Porque un ser vivo terá que combatir, por unha banda, coa enorme enerxía que solta un volcán, por exemplo. Pero, tamén terá que descubrir un xeito de usar esa enerxía en beneficio propio (como especie). Evitando, por suposto, que lle perxudique demasiado.

E precisamente no caso de non poder evitar o estoupido inesperado da enerxía, dun xeito que evite os maiores perxuicios, será cando o "non cabreo" da natureza lle vai pasar factura, por ser incapaz de aprender a controlar eses fenómenos naturais. Polo menos un control que permita minimizar os seus danos.

E polo mesmo, terá que aprender a dar os seus primeiros pasos, de tal xeito que lle permita controlar o seu propio cabreo. O que lle leva a montar unha guerra tras outra, por exemplo.


Os primeiros pasos soen ser moi simples...

Porque dar un paso non é algo que se poida facer sen pensar. Non é como nos animais, que empezan a andar sen saber moi ben como o fan. E precisamente por iso necesitan a mamá que lles axude.

E por iso, os humanos necesitamos tamén a mamá, para que nos axude. Sobre todo se temos en conta o prolongado periodo que nós temos, para ser realmente maduros.


Pero logo a cousa se complica (e moito).

Pero pensar non é fácil. Tamén nos teñen que ensinar. Pero a aprendizaxe ven sendo un proceso que dura moito e resulta moi duro, para o facer ben.

Dar pasos, pensando, non é dar pasos ao tun tun, xa o dixemos. Pero ademais necesitamos evaluar cada resultado producido, cando damos un paso : o ensaio e erro. Esa técnica vital, que nos aprende mamá, será esencial, cando esa mamá xa non estea con nós. Cando teñamos que andar sos, polo camiño da vida. 

E, sobre todo, cando teñamos que nos mover entre os demais seres humanos. Porque eles van facer, en xeral, todo o contrario de mamá : nos queren controlar e mudar en pezas da chamada maquinaria social. 

Ou, como mínimo, vivir á conta de nós. O que xasupón ser unha peza máis da maquinaria social. Por moito que nos convenceran de que así imos ser libres.

E así volvemos a tocar o asunto do adn social negativo.


luns, 29 de maio de 2023

Porque os humanos, ademais de nos cabrear, podemos pensar...

 

Poderemos almacenar a tremenda enerxía da natureza, para lle dar un uso útil?

A resposta a esta simple pregunta, xa podía ser un gran paso no camiño da evolución.

Pero antes de seguir cos seres vivos, e sobre todo cos humanos, imos volver a reflexionar sobre un concepto que nos quedou algo esquecido : a enerxía.

Porque sen ela nin hai vida nin posibilidades (esperanza) de chegar a ela. E agora si que ligamos co inicio do blog anterior (remuando), ese que nos robou o Tío Blogger, ao nos declarar "explotador infantil" e nos quitar a conta, que soportaba ese blog. E todo, sin dar un puto dato que sirva de apoio para tamaña acusación.

Manda carallo, porque, decir "manda truco", é demasiado suave.


Canta máis enerxía, máis perigosa é...

Pero volvendo ao inicio do blog anterior, alí reflexionamos sobre a necesaria combinación dunha gran enerxía xunto cunha gran presión. Para que así se efectuara unha reformulación molecular que, a partir de moléculas moi simples, apareceran conglomerados moleculares máis complexos. E de aí xa nos "ibamos" coas macromoléculas viaxeiras.

Así que sin poder enlazar co blog "roubado", repitamos o do principio desta entrada . Nós, os seres humanos, somos os que podemso pensar no que pasou : co anterior blog e coa aparición da materia viva. Porque outros prehumanos anteriores a nós, non o poderán facer. E os que veñan despois, pode que xa non teñan ganas de o afcer.

Pero deeb estar claro, que a enerxía supón violencia. Ás veces moita. E o ser humano ten moitos problemaa para buscar un equilibrio, entre o poder destructor da enerxía e o seu uso en beneficio pacífico da natureza (viva e inerte).


mércores, 24 de maio de 2023

Pero o cabreo profundo é moi pouco creativo...

 

Porque a creatividade é algo que só pode ter a materia viva (humana?).

O cabreo (falso) da natureza só crea nova natureza, a partir de destruir unha parte da anterior. As recombinacións que se producen das partículas materiais, nunca son capaces de superar a materia de procedencia, máis aló de acumular volume e masa. Por exemplo un planeta, a partir do po cósmico. E por iso podemos dicir que non son creativas, por moito cabreo que amosen.

A materia inerte é incapaz de aproveitar a súa enorme cantidad de enerxía en facer algo creativo. Son meros cambios sen rumbo.

Poden aparecer novas moléculas, pero ningunha realmente diferente na súa esencia inerte da anterior. E por iso o blog anterior empezara co fenómeno tan sorprendente, de que unhas partículas moleculares se "facían viaxeiras" e se marchaban en busca da superficie lúminica dos océanos. Pero xa volveremos a ese fenómeno, xa que estamos aínda antes de que poida suceder.

Polo de ahora só hai materia cósmica en desorde total.


Algo aparece e desaparece...

E por ese motivo os pasos que vai dando o planeta, son os dunha materia inerte qué (polo de agora) ten poucas variacións. Facendo que as mesmas formaciones moleculares se repitan cíclicamente, con sucesivos periodos de formación e destrucción.

Se nos fixamos no illote que se ve na imaxe, podemos imaxinar como ven sendo ese proceso de aparición e desaparición de grandes masas de rochas. Nun momento determinado sobresaen na superficie do mar, para logo dun tempo, máis ou menos longo (falamos de eons), volver a se mergullar, como se nada houbese pasado "antes".

E así sucesivamente.

A natureza aínda está en fase de experimentar cambios, pero non é capaz de facer que evolucionen nun sentido diferente. Todo volve a empezar. Así é como parece ser que se produciu nos primeiros momentos, nos que apareceu un espazo cósmico, cheo de diversas partículas en movemento, pero moi caótico, moi destructor/constructor. Sen ningún atisbo de evolucionar cara algo realmente diferente do xa existente.

Os conglomerados materiais se facían e desfacían sen ton nin son. Faltaba unha orde, unha organización permanente.

Faltaba o que algúns creentes chamaron Génesis, que ven ser un relato de como aparece a vida terrestre.

O problema desas creencias é que a creación doutros mundos posibles, diferentes do terrestre, non tiña cabida nese grandioso libro que é a Biblia.


Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...