luns, 31 de xullo de 2023

Que é ser negro, ou que é ser muller?


O feito de ser negro (ou parecelo) e o feito de ser muller (ou parecelo), que relación teñen co ADN e co adn social?

Que tal se nos escapamos (abertamente) de estereotipos e malos rollos (mentais), cos que din que di a ciencia (segundo eles), cos que din os seguidores dos panteiras negras (máis ou menos fanatizados) e, tamén, o que din os novos evangélicos do Movemento Queer?

Podemos botarlle en cara unha serie de insuficiencias, en todo o que din, e considerar claramente, aínda que eles non o queren recoñecer, que todo eso que din é, simplemente, unha visión do mundo que pretende ser nova. Algo que nin sequera chega a Nova Filosofía. Quédase nun Novo Evanxeo con pretensións revolucionarias, TRANSformadoras din elas/es/os.

Porque, realmente, esta nova visión padece as mesmas taras intelectuais de calquera movemento anterior. Tanto se pretendía ir contra a ciencia directamente, como se iba ao seu favor (pero con argumentos acientíficos). 

Faime pensar nesa excelente película chamada "Doce homes xustos" (curioso, ningunha muller, o seu director non estaba aínda polo labor feminista). Nela observamos perfectamente unha serie de argumentos, moi condicionados polo adn social de cada xurado, pero sen que deixen de ser totalmente xustos na súa valoración sobre o que xuzgan.


Os negros que matan negros...

No caso destes cinco polis, podemos titular o asasinato como "5 homes xustos". E curiosamente, resulta moi lóxico que non haxa mulleres, xa que elas disfrutan menos matando a outros humanos.

Pero, que nos pode dicir o ADN destes polis negros? E que nos pode dicir tamén o seu adn social (neste caso, moi moi negativo)?


teñen un cerebro igualico...


O que chamamos conciencia (humana, xa que os animais irracionais non a teñen), esa que nos fai actuar sempre cun interés por preservar aquelo que consideramos máis positivo do ser humano (por exemplo, a súa libertade), ven sendo a combinación de capacidades que veñen deseñadas no noso ADN. E que logo irán tomando forma (medrando), en función de características que imos aprendendo, mentras maduramos como crías humanas. É o que chamamos, inxerto dun adn social positivo.

Este inxerto nos permite complementar o que xa está marcado no ADN orixinal. Reforzar con máis palabras unha "frase" corta xa escrita (a cartiña dos predecesores), para dar unhas capacidades finais máis desenvolvidas (adultas). E así xenerar unha conciencia do que podemos chamar : a esencia do ser humano.

E a esa conciencia podemos chegar todos os seres humanos, sexan "da raza" que sexan, simplemente por ter un ADN de homo sapiens. Pero...


que os brancos que matan negros!!!!!

Pero as cousas nunca suceden dun xeito liñal. Todo proceso vital vai dando voltas e voltas, ata acadar nun modelo de adulto, ao que podemos considerar como un ser humano "normal". Ou como un ser humano "desviado".

O problema é quen determina esa "normalidade" : o propio individuo, a SAD que controla o ecosistema onde vai vir, algún tipo de deus, que "din" é todopoderoso e nos deu a nosa propia esencia humana...

Sexa quen sexa o que nos controle, quen nos dea os mandamentos sociais que debemos cumplir (ou senón ser castigados), unha cousa está clara : ese ADN vai ser modificado, nun sentido ou noutro, niso que nos chamamos adn social , positivo ou negativo.

E se son brancos ou negros os que reciben o inxerto dun adn social negativo resulta indiferente. O comportamento dun poli branco e un poli negro serán tan idénticos, que parecerán da mesma cor.

E todo é, porque o seu cerebro, que non é nin branco nin negro (máis ben "gris"), só terá un xeito de funcionar : machista e racista, ata máis non poder.

A única diferencia, máis ben infinitesimal, será que, relavando o cerebro lavado, pode que sexa máis fácil retomar as marcas do ADN dun negro que dun branco. Por que? Porque as características xenética do negro traen capacidades específicas dos seus ancestros. E como eles foron sempre escravos, mesmo na súa terra orixinal africana, terán moita máis enerxía liberadora que os brancos. Xa que non pasaron polo mesmo os ancestros dos brancos.

Aínad que non é nada fácil levar a fin este proceso de relavado, en modo auténtico. Será más fácil caer noutro relavado diferente, pero que seguirá sendo contrario ao que realmente marcaba o ADN orixinal. Por esta razón os procesos revolucionarios suelen rematar tan negativamente.

Ven sendo, esto do "relavado", algo relacionado co fenómeno do can asilvestrado. E, como exemplo, pódese analizar o proceso de concienciación política dos panteras negras USA.

Ou, para afondar aínda máis no problema da "toma de conciencia", meternos co cerebro das femias... mulleres, damas, ladies...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...