martes, 15 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (IV)...

 

E contaremos moitas mentiras, os profes de Ciencias Naturais na clase?

Pero chegamos ao centro da cuestión, na hora de pensar o que somos...

Porque se nos definimos sexualmente por los aparatos reproductores que temo dentro do noso corpo, todo parece estar ben claro. Pero se temos en conta o sentimento, aínda que non estae moi claro que eso precisamente, entón as cousas xa non están tan claras.

E falamos do que "sentimos", non do que somos ou quixeramos ser. Así que a cousa se complica. Dun xeito artificial (con perspectiva social, máis que científica)  pero se complica. E moito.

Así que imo establecer un paralelismo coa toma de decisións que se dan nun ordenados, en función de que a memoria decisoria sexa a RAM ou sexa a ROM. Algo que podemos comparar (flexivamente) con tomar decisións a nivel de inteligencia emocional ou inteligencia racional.

Se temos en conta que as emocións non controladas polo raciocinio, son os que chamamos "sentiemntos" (a súa afloración), que poden ser moi profundos, pero tamén son volátiles (de memoria REM). Porque a sáu fixación na memoria ROM vai depender de que a intelixencia racional os poida controlar, de xeito que se inscriban dunha forma lóxica e sen causar perxuicios "durmintes".

Porque iso que se fai, cando os excesos emocionais se introducen na memoria ROM, sen control racional, ven sendo cando estamos metendo dentro de nós determinados traumas, que van ir aflorando como taras ao longo do que nos queda de vida. A fin de contas son marcas casi xenéticas, que quedan gravadas a lume na nosa memoria, aínda que sexa nun nivel  inconsciente. Actuarán como parte esencial do adn social negativo que nos "acabamos" de inxertar.


Un cerebro para controlar "todo"...

A diferencia dos aparatos reproductores, esta unidade central que controla a función de relación (sistema nervioso), poucas diferencias presenta entre un corpo masculino e un corpo feminino.

Aínda que, como as meigas galegas, habelas hainas (algunhas diferencias secundarias). E outra cousa é que, do cerebro humano, sepamos tan pouco, que podemeso ben dicir que aínda non sabemos ren. Casi tan pouco como do que pode fundamentar un amor de por vida, entre dous seres humanos. Ou saber a  razón de que a mecánica cuántica sexa tan difícil de entender, aínda que dea tan bos resultados experimentais.


todo o que pasa no noso corpo...


A cuestión é que, a diferencia da cuántica, o proceso de funcionamento é moi diferente entre os"electróns masculinos" e os "electróns femininos".

Ata a fase puberal notanse moi poucas diferencias, pero, a partir de aí, o estoupido da sexualidade se dispara dun xeito moi distinto: empeza antes nas femias, remata máis tarde nos machos. E, sobre todo, a relación entre madurez emocional e racional evoluciona moi diferente. Desbócase prácticamente no cerebro feminino. Mentras que no masculino segue un tempo aletargado.



incluida a sexualidade!!

Así que sí. A muller ª"por natureza". A nacida muller terá un proceso da pubertade moi diferente do que ten o home. E non só pola menstruación.

E agora non penso argumentar o motivo de que segue a ser primordial que unha muller nacida non se merece ningún apelido como CIS. Está perfectamente determinada, porque para algo ela é a que nace muller. O do "corpo errado" ou propoñer que alguén pode nacer muller tendo todo o sistema reproductor de home, é algo máis propio de mundos fantásticos que de mundos científicos. 

Outra cousa pode ser pensado ese proceso de cambio na etapa de adultos. Sempre como proceso.

E incluso pode ser discutible na adolescencia. Pero unha cría humana, recén nacida, é muller ou home segundo o tipo de sistema reproductor que posea ao nacer. O resto é elucubrar en modo astrológico, en vez de astronómico.

Polo de ahora quedaremos en que "sentirse mulle" non define para nada que un ser humano sexa realmente unha muller. Repito : nesta fase inicial de recén nacida. E así ata pasar a primeira fase de cría humana(infancia) e chegar á adolescencia. Onde pode emepzar "o debatible".

Básicamente porque a esta as alturas non se pode tomar conciencia. Nin sequera por aproximación, xa que a madurez cerebral non permite ter nin pensamentos racionais nin pensamentos emocionais. Un bebé sinte como sinte calquer animal (cos sentidos), pero non pode ter sentiementos nin de si nin de outros seres (vivos ou inertes). Aínda non. Non está na idade de se facer unha reflexión cartesiana, poñéndose a pensar como un adulto. Nin sequera un adolescente "avanzado". Aínda non pode saber que existe.

A toma de conciencia humana, os demais animais non a teñen, é algo máis que facer un cursiño rápido de calquera evanxeo máis ou menos profético.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...