Vivindo nun Mundo de Yupi...
Ata que apareceu o Novo Evanxeo Queer, os profes de Ciencia da Natureza, vivimos nunha especie de cápsula "fora da realidade". Tal como si estuveramos nun universos paralelo, ensinamos ao noso alumnado, que un macho humano se diferenciaba dunha femia humana, por ter varias características que os facían completamente diferentes (na súa sexualidade).
Pero estabamos errados. Ou, pode que estemos errados agora, se seguimos ensinando tamañas "mentiras".
Porque realmente, din os evanxélicos do Queer, que xa non vale ese puntos de vista. Din que pertenecen a un pasado moi pasado. Quedaron obsoletos uns conceptos, que ata onte eran como verdades científicas irrefutables, casi parecían inamovibles. A ter en conta, que uso moito a ironía, nestas reflexións sobre sexo e xénero humano.
Repasemos un momento o que aprendían o meu alumnado. Máis ben digamos, o que eu tentaba que aprenderan. Porque non terían o problema de sentirse macho ou femia, pero sí tiñan grandes problemas para atender na clase e usar a materia gris do seu cerebr, cun mínimo de eficiencia.
Precisamente, xa que estamos aquí, onde falamos tanto do adn social aprendido, aproveitemos para denunciar que veñen de casa, xa cun adn social negativo que "tira para atrás".
![]() |
| E naceremos diferentes? |
E claro, como seguir con esta idea que tiñamos sobre o embrión humano, cando o Evanxeo Queer empeza a poñer en dúbida, mesmo a organización anatómica de tal etapa da cría humana. Ou, polo menos, estarán xa a punto de empezar a negar "a principal": que somos iguais, home e muller, antes de chegar a feto, pero que nos diferenciamos claramente pouco despois.
Ou, estareime adiantado? Porque non é fácil saber que postulados científicos usan este tipo de crentes.
Pero deixemos esta etapa de maduración orixinal do ser humano, tan difícil de estudar. Aínda que logo, como pasa coa chamada eduacación infantil, o único que se faga é manter ás crías humanas aparcadas en "modo garaxe". Cando resulta que debía ser a etapa educativa máis atendida de todas. Mesmo que a universitaria.
Porque da educación infantil van depender toda as demás etapas educativas. Sobre todo, se se quere que non rematen por ser etapas meramente domesticadoras. Precisamente aquí facemos moito fincapé en evitar que as crías humanas perdan a súa adolescencia. Algo que ven ser o principio de domesticación global. Impedindo que exerzan a súa función rexenadora da SAD (sociedade adulta dominante).
Así que metámonos con esa etapa, de maduración posterior, casi tan complelxa, pero que se pode estudar moito mellor, xa que toda a súa manifestación externa (anatómica) se fai a simple vista.
E como tratan a pubertade estes evangélicos Queer?
![]() |
| E maduramos diferentes? |
Na nosa científica ignorancia sempre tentamos facer ver, que era unha fase, dentro da adolescencia, de intensos cambios e profundas disonancias exteriores e interiores.
Máis difícil de estudar as interiores (cerebrais), pero con diversas manifestacións exteriores, que nos poden aproximar algo a esas diferencias tan grandes que se poden dar (debense dar), entre a pubertade masculina e a pubertade feminina.
"Lóxicamente", nada parecido a esa necesidad imperiosa de que un adolescente (ou mesmo preadolescente) decida autodefinirse como "de xénero masculino ou de xénero feminino". E o decimos en modo moi moi irónico.
Polo de agora nos centramos no cambio de xénero. Xa que lle chamar aparato reproductor feminino ao aparato, ata agora explicado na aula como masculino, xa nos parece excesivo. Mesmo cunha serie de copas, que nos proporcione unha borracheira capaz de nos impedir razonar.
Porque, claro, como explicar os cambios anatómicos na pubertade, sin deixar claro que hai dous sexos moi diferentes. Cun proceso totalmente divergente. Que, además, producirase, con máis ou menos "claridade", queiras ser"unha cousa ou a outra", salvo un ataque químico e psicolóxico en toda regra. E aquí entra a manipulación mental de crías humanas en proceso de cambio, ou a punto de entrar nel.
Porque, se se manipulan as crías humanas que non presenten problemas coa "identidade de xénero", por que estraña razón non se iban a manipular a estas crías humanas, que presentan síntomas de "incomodidade sexual". Sexa ao tipo de incomodidade que sexa.
A miña pregunta é : que porcentaxe de incomodidade en identidade pode supoñer a sexual, cando na pubertade o que se presenta é unha incomodidade global para se identificar como persona?
A cría humana nin sabe que é (como exemplar de homo sapiens), para xa se preocupar do seu xénero?
Non andarán os adultos, como sempre, mareándolle o cerebro máis da conta? Cómo se vai facer autónoma, nesas circunstancias de forte presión exterior, en algo, ademais, que cobra tanta importancia nesa fase madurativa?
![]() |
| Pero, tan diferentes somos? |
E deixemos os cambios psicolóxicos, xa que é moito máis difícil de reflexionar sobre eles, para nos centrar nos anatómicos. Pois neles radica a posibilidade de que, se volvera a dar clase de Ciencias (estou xubilado), me tería que reacondicionar mentalmente (laavdo de cerebro). É dicir tería que modificar mi adn social positivo, neste aspecto aprendido por min, de explicar as diferencias entre machos e femias. Ou máis ben a súaa "non diferencias".
Nesta nova perspectiva evanxélica de que nacemos máis iguas do que pensamos. Ou mellor dito, nacemos "diferentes", pero a asignación de sexo xa non se pode facer cos criterios científicos "de antes."
Quedaron obsoletos e hai outros novos. Teremos o profesosardo que nos documentar no Novo Evanxeo Queer, para que, tal como pasa nas igrexas cristiáns e islámicas, só poidamos ensinar a nova verdade destes profetas modernos.
Como mínimo "curioso". E si, seguiremos!



Ningún comentario:
Publicar un comentario