E meténdose algo máis adentro (do corpo humano), que pode pasar?
Que os profes de Ciencias Naturais xa non podemos ensinar o que ata hai anos ensinabamos. Xa que o ADN pasa a ser algo meramente secundario, para definir o que debe ser un ser humano. Dito irónicamente.
Xa non no tocante a cor de pelo, de ollos, número de dedos... mesmo se se ten útero ou non... todo vai quedar decidido pola vontade do ser humano, aínda que teña todas esas características, sexan masculinas, femininas ou neutras (ata hoxe).
Din os evanxélicos queer, que depende de "como se sinta" : home ou muller. Para nada vainod etereminar aexistencia dese aparato repoductor masculino ou feminino.
Todo dependerá de como, este ser humano, se acomode no corpo que o ADN lle foi deseñando. Unha vez nacido (suponse que antes non), xa pode decidir si lle vai gustando o seu corpo de muller ou de home. Din eles, e parece que sin dúbida algunha.
E xa deixamos de lado o problema dos hermafroditas humanos, que se supón teñen menos dereitos que aqueles humanos, aos que o Evanxeo Queer considera como merecedores do cambio de sexo.
![]() |
| O ADN valerá para algo? |
Ter útero, ovarios, clitoris deixa de ser determinante, para dicir o sexo dun ser huamnao recén nacido.E xa no hai que se meter en características psicolóxicas, que a natureza lle deixou marcadas á portadora de cromosomas XX, para que poida exercer o mellor posible co su futuro papel de nai.
Ou será atmén esa marca natural no ADN,(ser nai) unha simple tatuaxe, que algún avispado "terf" (se dirá así?) meteu polo medio, do proceso de maduración, antes do nacemento? Ou nese meses iniciais na vida do bebé.
Porque, en que momento se inicia esa transición no cerebro do bebé, para se situar en corpo non apetecible? Será con dous meses, con catorce, con catro aniños... ou pode que, moitos se sintan disconformes co seu corpo, a partir dos sete anos. Cando a Igrexa católica decía que "nos viña o uso da razón" ás crías humanas. E por iso se facía a Primeira Comuñón, que certificaba o bautismo perpetrado cando se era recén nacido. Así de científica é a Igrexa Católica.
![]() |
| E o cromosoma Y será un conto chino? |
E que nos dirá o Evanxeo Queer, sobre estas "menudencias" xenéticas? Quizás sexa unha parte da ciencia (a xenética), que non lles dá moito gusto tratar con ela. Demasiadas preguntas sen contestar, para todo evanxélico?
Porque se o corpo non te gusta con sete aniños, co teu cerebroaínda en fase de maduración inicial (fase infantil), que importancia ten a existencia do cromososma Y? Se supón que o ADN será abondo independente, como para permitir un desenvolvemento de caracterísiticas de femia, aínda non tendo esa conformación de XX. Para qué a necesitas? Pode que a natureza non sepa facer ben o seu traballo, por moito que tardase millóns de anos en seleccionar a mutación que deu no homo sapeins.
Se parece que abonda coa vontade do nene, que quere mudar de sexo, para que tanto esforzo?
![]() |
| Porque agora os XY serán mulleres, se "eles" queren!! |
E, ademais deste tipo de aspectos científicos, habería que lle preguntar aos adultos que promocionan estas ideas, algo sobre o seu apoio a estas crías humanas que se ven na querencia de mudar de sexo.
Habería que se preguntar, por exemplo, polo papel de pais e técnicos no comportamento dun ser humano, que quere iniciar unha transición sexual. Especialmente se se vai facer en base a engadir sustancias químicas, operacións quirúrxicas e, sobre todo, introdución/inxerto de pensamentos, que non son propios da cría humana, que eles din quere facer a transición. Unha cría con sete anos, aquí non falamos de adultos transicionais, que vai acabar con ese tipo de pensamentos no seu cerebro, como se realmente fosen seus.
E iso non se chamou sempre, lisa e rasamente, lavado de cerebro?
Así que non loitemos por mudar esa SAD, que tanto maltrata aos seres humanos "diferentes". Sexa por caraceterísticas físicas ou por características psíquicas. Non tentemos modificar o sistema chamado educativo, auténtico sistema domesticador, para unha integración (non mera inclusión) natural e libre das cías humanas, que podemos considerar como diversas. Vai con ironía!
Sexa por ter algún tipo de característica autista, de orientación sexual ou de gustos por calquera actividade creativa, que a sociedade, aínda supoñendo que xa non sexa SAD, non quera integrar.
Precisamente, na liña do noso querido adn social, temos que defender esta consideración do cambio de sexo (en crías humanas!), como unha aberración, sempre que se faga antes de que o cerebro da cría humana, poida reflexionar sobre o positivo e o negativo do cambio de sexo tan ansiado.
Dá igual ser XX ou ser XY, mentras o cerebro non está maduro para pensar (ademais de sentir), analizando con seriedade racional o posible cambio de sexo, que narices fan os adultos manipulando a unha cría humana, nese fodido trance?
Que sacan en limpio esos adultos? Por que resulta moi difícil pensar en que no sacan algo de proveito personal, con esta defensa acientífica do cambio de sexo. E xa volveremoso a falar deste cambio, cando metamos un cerebro xa adulto na ecuación do cambio:
Ti (o teu cerebro inmaduro) + Mamá (o seu cerebro maduro) + Psicólogo (o seu cerebro maduro = TRANS



Ningún comentario:
Publicar un comentario