Vivir é complicado... e non se cabrear máis!
Parecerá raro que ainda sen falar da materia viva, xa estamos nomeando ao representante máis complicado na escala da vida : o ser humano.
Pero é que este blog non está feito polos complexos moleculares primixenios, nin polas medusas ou polos peixes, nin sequera polos gatos ou polas vacas... quen atende a este blog é un ser humano. Ou iso espero ser.
Unha versión mediocre do homo sapiens, que pretende, como autor e, espero, como lector, indagar algo no proceso de creación/evolución da materia viva, neste planeta (polo de agora non temos datos de "outro").
Así que lóxicamente se trata de recomendar que nos cabreemos menos e que, pola contra, gardemos as nosas enerxías para reflexionar sobre os temas aquí tratados.
E de aí o título desta entrada. Trátase de tomar en serio o concepto da evolución, para o estudar a fondo. Para tirar unha idea de como analizar depois o comportamento dos seres humanos. Esos aos que aquí chamamos versión mediocre de HS (homo sapiens), porque temos escrito moito máis no noso ADN do que pensa normalmente a xente "común". Esa que se conforma con seguir o que lle marca o seu adn social negativo.
![]() |
| Observar a natureza é o que define a un ser vivo... |
E falando de "xente" xa estamos de novo enlazando co concepto de sociedade. Un concepto moi ligado ao concepto de vida. Porque os seres vivos, aínda os máis simples, necesitan vivir con outros seres vivos o máis parecido a eles. Son os seus iguais. Os que lle axudarán a vivir. E por iso, é tan importante a función dos serse vivos que chamamos "de relación".
Para analizar as outras funcións dos seres vivos, que chamaremos, en conxunto, funcións vitais, (realción, nutrición e reprodución) é fundamental partir de ésta. Ela nos leva a ser capaces de pescar. E ela nos levará a ser capaces de buscar parella, e interactuar con ela, no caso de que a nosa reproducción a necesite.
Sen a relación non podemos nin facer a nutrición, nin facer a reprodución.

Ningún comentario:
Publicar un comentario