luns, 22 de maio de 2023

E estou moi cabreado...

 

Máis que cabreado...

Porque a chamada IH (intelixencia humana) leva oprimindo ás crías humanas desde que vivía nas covas, aló na prehistoria. Aínda que, entón, non podía reflexionar sobre o seu papel (das crías) na rexeneración social do grupo/tribu que se estaba formando ao seu arredor.

Nun principio, o ser humano adulto,  non se soupo desprender do lastre educacional/domesticador que supoñía preparar ás crías humanas, polo que non as soupo preparar para que xogaran un papel relevante na sociedade en proceso de creación.

E se o ser humano, aínda homínido, aprendeu a domesticar algún animal, mesmo que fose mantendoo atrapado nun simple cercado, por que non iba ser capaz de domesticar a unha cría humana, que xa en principio se notaba máis desvalida e necesitada de atención materna. Pero coidado, decimos "domesticación", non educación!

Teñamos en conta que o paso de domesticación, animal (humano incluido), a educación, levou moitos séculos de evolución humana. Ata  os ilustrados franceses o suxeito educativo (o neno) era unha mera trasposición do animal irracional.

E por iso o mantra educativo era "a letra con sangue entra". E non se lles ataba ao asento da escola, pero pouco menos.

E precisamente por iso, non o esquezamos, aquí empeza a nosa navegación, por este océano reflexivo do blog : que coño/pito pasa coa cría humana, que necesita tanto tempo de adaptación ao ecosistema onde vai vivir? Un animal "normal" está para sair ao ecosistema onde vivirá en poucos meses, pero o ser humano necesita varios anos para que pueda dar ese paso.

Por que somos tan difrentes aos demais animais, entón, se é que realmente o somos? Ou terá razón o Sócrates e compañía, decindo que as crías humanas son simples adultos "en pequeno"?

E por iso nós temos tamén un mantra. 

E el nos di que a cría humana non ten nada que ver co adulto. Ven sendo algo moi diferente, aparte de ter xa escritas, no seu ADN, todas as capacidades que deberá desenvolver como adulto. Pero non é que as teña "en pequeno", é que nin sequera existen como tales capacidades, ata que maduren abondo. Unha cría humana non é un adulto en pequeno, só é un proxecto de adulto, que pode chegar a ser (adulto) ou que pode quedar nunha mera versión de adulto de homo sapiens, totalmente mediocre.

De aí que lle demos tanta importancia a ese concepto, que chamamos "perda da adolescencia". 

E por iso mesmo se debe protexer tanto (a cría humana), dar un adulto completo, non unha mediocre versión de homo sapiens, tal como a que domina o planeta hoxe en día. O Sócrates se quedou sen facer unha preguntt esencial : En que se diferencia unha cría humana do adulto que vai dar (se lle deixan, repito)?

E seguimos sen facer os deberes do Sócrates, a fondo. E por iso as crías humanas, na súa etapa adolescente, teñen que estar tan cabreadas coa sociedad adulta dominante.


Un que quere marcar as cartas propias...


E si, tamén tiña moita razón o Walter White. Cando estás cabreado coa sociedade, porque, básicamente, non te quere comprender, só queda un estoupido de ira e defenderte dela.

Aquí non defenderemos nunca o terrorismo, pero si denunciaremos que, a carón do terrorismo individual o grupal, existe un terrorismo do estado. Todos os gobernos son tan amigos de usar o terrorismo, como o poden ser as bandas organizadas que, eses mesos gobernos, tildan de terroristas. Como se o crimen de estado fose menos crime! E como se eses mesmos gobernos non subvencionaran o terrorismo das bandas, cando lles convén, para atacar a outros gobernos. Caso típico que se deu no apoio a Bill Laden, por parte do goberno USA, para que lle botara fóra aos soviéticos de Afganistán.

Canto mal fixeron gobernantes como Ivan IV de Rusia, Fouché na Francia revolucionaria e na restauración monárquica. E xa non digamos os grandes criminais da humanidade, como foron Hitler e o  seu "colega" Stalin.

Eles poden encarnar o melloriño diso que, aquí, chamamos a Gran Hipócrita Europa. Simbolizan o peor da humanidade como especie animal. Facendo máis entendible o comportamento contra o sistema social dun WW.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...