mércores, 7 de xuño de 2023

As mellores cartas sempre están marcadas...

 

E son as que serven para nos facer adaptados sociais...

Non sendo o mesmo, adaptado social que adaptado natural. Realmente son antagónicos. 

E é aquí, onde observamos os casos de adaptación, isos que podemos chamar "de domesticación". Nos que, polo intensa que foi adsorvida a capa de adaptación social, seguindo as normas da SAD, notaremos unha diferencia esencial, por exemplo, entre o lobo que foi totalmente domesticado (deu un can) e o tigre (deu un gato), que só o foi parcialmente. Xa que un gato sempre terá un toque felino, que o pode volver inadaptado social, se non fai boas migas co seu amo.

O inxerto do adn social non funcioan igual. Por que, cando se inxerta un adn social negativo, mesmo sendo un animal irracional, está claro que se dan diversas posibilidades finais, en función, das diversas características xenéticas do ser vivo a domesticar.


Hay felinos que protestan...

E por iso os gatos son máis esixentes, nas súas condicións para convivir con seres humanos.

E por ese mesmo motivo, debían ser un bo exemplo a seguir polos humanos. Paar tentar empatizar menos cos membros da SAD, que andan a xogar con nós, para nos facer unha peza axeitada da maquinaria social. 

Temos que tentar non llo poñer demasiado fácil.


As orcas xa non digamos...

Un pouco como as orcas. Porque o gato é un mamífero inferior. Non gozan dun nivel de intelixencia, que lles permita algo parecido a pensar.

As orcas se comunican entre elas, con algo parecido a unha linguaxe. Ás veces mellor que algúns humanos "desconectados" emocionalmente. E por iso podemos imaxinar (aínda que non sexa certo), que teñen como un desexo de ser independentes moi arraigado, así como de defender ás súas crías, o que as fai "defenderse" do expolio ao se que ven sometidas polos humanos.


Pero hai humanos, que se deixan ben domar...

Eses humanos, que son propensos a se deixar domesticar, moito máis fácilmente que os gatos e as orcas. Neste punto lembremos sempre ao Cifra de Matrix. Un simbolo claro do humano propenso a preferir estar sometido. O que aquí tamén chamamos Síndrome de Estocolmo Clandestino, cando non se quere ser consciente de o ter.

Observemos, por exempro, a imaxe, e pensemos nese grupo de mulleres soldado (chinas), que se ven moito mellor domadas polo poder militar chino popular, que calquer grupo de gatos ou de orcas.

Non hai gatos dispostos a desfilar tan mecánicamente, como o fan estas soldados.

E seguro que non daríamos cun grupo de orcas, que se meteran nun campo de batalla, para morree por unha bandeira e un himno. E sobre todo polos grandes intereses económicos dos poderosos, que controlan esa SAD onde viven. Por moito "popular" co que se vistan, e, sobre todo, por moito "comunismo" co que se maquillen.

Elas teñen as cartas tan marcadas, que non dubidarán en deixar aos fillos orfos, se é que non os teñen xa apuntados nas milicias infantiles do goberno opresor.

O fanatismo é unha carta moi marcada, e casi resulta imposible desfacerse dela, por que foi inxertada na súa mente, en formato de adn social negativo. Ven sendo como unha aplicación informática, tan ben deseñada, que consigue anular a capacidade de empatía e solidaridade (con todos, non "cos de casa"), que aporta o ADN dun ser humano.

De feito, ata leva consigo o virus necesario, para combatir o borrado (do sobreescrito), que se queira facer con calquera programa de deslavado cerebral típico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...