E se te dan as cartas marcadas?
O outro día dixemos que os seres humanos con pel escura, estaban marcados no seu ADN, dun xeito totalmente natural e libre. E significando algo tan positivo como o feito de ter marcada unha pel branca, amarela ou cobriza. Só responde a unha resposta do ser vivo humano, unha mutación necesaria, para adaptarse, para acoplarse mellor ao ecosistema, onde lle tocou aparecer como representante da especie humana.
Iso é así, polo menos na teoría científica, que intenta explicar a aparición dos seres vivos. E na práctica científica tamén.
Pero hai outra práctica moi importante, que nos ten marcados a lume, como as vacas no espazotempo do cowboy. E máis marcada que a ferro, xa que se produce mediante un inxerto, durante as etapas de cría humana. Se provoca unha adsorción (usando un termo químico) das diversas marcas que a SAD quere que portemos, para o resto da nosa vida. Ven ser o que aquí chamamos adn soical negativo.
En vez dunha maduración natural e libre da cría humana, cara un adn social positivo. Iso que sería un rearme total das pequenas marcas, como sementes, que temos no noso ADN. Esas capacidades xenéticas que nos impele a, por exemplo, loitar pola nosa liberatde. Pero que, unah vez feito o inxerto como adn social negativo, en vez desa maduración positiva, se nos fai "ler" outra marca : adaptarse a vivir en sumisión.
E, o que é moito peor, coa marca adxunta de que esa sumisión é totalmente natural.
![]() |
| Todos temos cartas marcadas... |
E por iso, decimos que se nos dan unhas cartas marcadas. Como aos negros de USA, ás mulleres e nenos do mundo, e, como non, a ese tipo de ser humano, que parece haber nacido para ser pobre toda a súa vida.
Esas son as cartas que nos dan, a moitos xa ao nacer. Nunca serán as cartas que queiramos coller, porque esa elección a ten prohibida o poder establecido. Ese poder formado por un conxunto de seres humanos, que mandan no que chamamos sociedade adulta dominante (SAD).
![]() |
| Algunhas se levan felinamente... |
E somos os únicos que sufrimos co reparto das cartas marcadas?
Non, nós somos animais racionais, e, polo tanto, debía ser mási difícil sobreescribir no nos ADN. Pero, lóxicamnete, tamén pode haber outrso animais que sufren ese tipode póker amañado. Non por outros animais como eles. Os únicos que poden xogar ao póker ao modo táhur, son os seres chamados humanos. Esa versión mediocre, que decimos aquí, do que debía ser a última mutación animal (polo de agora): o chamado homo sapiens.
Somos animais capaces de domesticar a un bravo felino, para que sexa un simple gato. Esa mutilación do ser animal, non a pode facer ningunha outra especie animal. Ven sendo, desde sempre, obra y figura (de avance domesticador) da chamada Intelixencia Humana (IH).
Esa que tanto medo ten a interactuar coa chamada IA. Esa outra, que non deixa de ser un invento humano, e, polo tanto, en esencia, menos intelixente que nós. Polo de agora.
![]() |
| Outras son imposibles de levar!! |
Pero hai cartas marcadas, moito peores que a "discriminación pola cor da pel. E pode que isto soe raro. pero non esquezamos que nunha sociedade maioritariamente negra, nada evita a discriminación dos que teñan a pel branca. O funcionamento do adn social negativo non discrimina al azar, vaino facer con aquelo que decida unha SAD, que sexa discriminado.
Pero si somos negros (nunha sociedaae branca), de sexo feminino (diga o que diga o movemento queer)... e podemos ser ademasi moi pobres, ata o punto de ter que pedir ésmola pola rúa, axeonllados, para demostrar sumisión, pero, tamén, tapando a cara, por estar mortos de vergoña... en fin, se temos a peor man de póker, que nunha mesa se pode dar... entón, somos simplemente pobres.
Entón nos marcaron para sempre, inxertando un adn social negativo, que podemos chamar mendigo, pordiosero, menesteroso, morto de fame, "temor dos ricos"... en fin, o que queiramos chamar, que, polo de agora o uso da linguaxe segue sendo libre. Como din os ingleses "speech is free". Sempre que non estemos sufrindo unha ditadura.



Ningún comentario:
Publicar un comentario