Por que non somos "adultos en pequeno", as crías humanas?
Por que, podemos pensar, un fiolósofo se queda tan pancho cun concepto tan poco "pensado" como é "algo pequeno". Fai unha simple (moi simple) comparación de algo pequeno con algo grande. E non vai másia ló.
Terái que afondar na pregunta e decirse, por exemplo : pero realmente o volume é tan importante, como para que a cría humana teña todo o que ten un adulto, pero en pezas moi pequeniñas? Ou en menso cantidadae. Como se a adultez fose un simple aporte de peciñas de Lego, unhas sobre outras, ata construir o gran edificio. Como se esas peciñas que faltan non fosen esenciais, por exemplo, no cerebro, para poder facer as cousas que pode facer un adulto. Pero non pode facer unha cría!
Non pedimos que se achegaran a unha idea como é a evolución, que nos fala, non só da evolución xeral dunha determinada especie viva, desde que parce ata que se extingue. Pero tamén, se pode observar a evolución "en corto", que se vai dando nesa mesma especie, desde que se concibe un organismo vivo, ata que se faia adulto, unha vez nacido.
Xa tocaremoso algo da
metamorfose, para comprobar que unha eiruga e unha bolboreta non teñen nin sequera parecido. Pero resulta evidente que unha ven da outra. Pero debía ser algo demasiado concreto, para que os filósofos reflexionaran sobre ese fenómeno. Era máis lóxico facelo sobre o
cambio, que
produce cando hai un
movemento. E, por iso, o Aristóteles sacou os conceptos de
potencia e
acto.
O mesmo pasa cunha cría humana e un adulto humano. Aquí son máis parecidos, un bebé non deixa de ser un adulto en pequeno, pero se souberan que o parecido dun embrión humano, na súa orixe, é máis semellante ao dun porco, xa non as terían todas consigo.
Aínda que o esencial está na maduración cerebral. O cerebro dun adulto non é só un cerebro de cría humana "aumentada de tamaño". Porque, de feito, o tamaño varía moi pouco. Ven sendo algo moito más potente, máis complexo.
 |
| Algo de ciencia, pero incompleta... |
O Sócrates no sabía de etapas de maduración no ser humano. Non podía establecer grandes diferencias, xa que só veía os corpos por fora. E nin sequera tiña idea do que pode ser un embrión humano, que como xa indicamos, se parece ao dun cerdo, casi como se fosen duas pingas de auga.
Pero a"pinga" humana, leva dentro tantas cousas en potencia (sigamos lembrando ao Aristóteles), que non as poden imaxinar, sen unha ciencia moi desenvolta.
E por iso resulta imposible saber, que un embrión humano e un adulto só teñen unha cousa en común : unha enorme molécula, chamada ADN. Nin máis nin menos. Pero que, nela, está metido o adulto que vai ser o embrión. Mesmo se sae "defectuoso".
Pero que sabía o Sócrates de Embrioloxía?
E máis, se miramos o corpo dun adolescente. Que, para colmo, nos gusta "estéticamente". Como bo filósofo grego, falaremos da Estética. E mesmo falaremos da Ética, aínda que precisamente, con ese adolescente, non imos ter un comportamento demasiado ético.
 |
| Aquí falta a función especial dun adolescente... |
E que complexo é ser adolescente!
Como podemos ver, na propia información científica que nos dan da adolescencia, falta unha característica esencial (para nós) : a capacidade para rexenerar a sociedade adulta dominante, onde lle toca vivir a ese adolescente. Esa capacidade ven "sementada"no ADN. E evitar que madure nunha boa planta vai ser o cabalo de batalla da que chamamos SAD. Vai tentar, por todos os medios, que nunca se faga a lectura desa cartiña, marcada xenéticamente. Ese xen humano, que representa a posibilidade de que a sociedade humana non se anquilose. Que se atope en constante renovación.
 |
| E así é como lle gustan á SAD os adolescentes... |
Pola contra, a intención da SAD é conseguir que ese adolescente chegue a pensar só como ela quere, para lle quitar esa necesidade de rexenerar a sociedade coa que se atopa, unha vez que chegue a ser adulto e poida analizar a realidade na súa globalidade.
Se nos fixamos n imxe, temos unha boa metáfora do que tenta facer a SAD. Descabezar aos adolescentes, para que non pensen "por si" e muden en acomodadas pezas da maquinaria social.
E así, de paso, non se rexenera, senón todo o contrario : a SAD pode perpetuarse outra xeneración máis.
O adolescente necesita rexenerar a sociedade adulta, pero debe manter un certo equilibrio entre o novo. eo vello. Non pode romper ese equilibrio, porque lle levaría a perder miles e miles de anos de evolución. As incoporacións sociais, como as naturais, que fai a selección natural, teñen que ser adaptables ao ecosistema existente. Así como, os seres vivos dese ecosistema, deben poder adaptarse a eses cambios necesarios.
Precisamente os adultos, ao inxertar un adn social negativo, lle impiden xogar con ese equilibrio. O seu adn social negativo, fará que pasen a ser tan desequilibradores como son os adultos dominantes de agora. Por exemplo no problema da emerxencia climática, debida ao descontrol no exceso consumo de enerxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario