Tamén ten unha cartiña marcada o ser humano femia...
Pode que aínda non chegara o xen social de ser muller CIS ou muller TRANS, pero estaba xa claro que a muller, como a metade da humanidade que representaba, só estaba "de adorno" nas sociedades chamadas civilizadas. Nas non civilizadas aínda se presumía dun pouco máis de igualdade, aínda que fose algo superficial, como dando autoridade ás aboas.
Aquí, con apoio científico, só podemos dubidar de perspectivas "liberadoras". Polo de agora calquera apunte amazónico, non deixa de ser "un máis querer que poder".
E sobre o contexto do transexual non nos imos meter polo de agora, aínda que tamén ten moito de intromisión social (máis da debida), no papel natural do ADN.
![]() |
| A muller grega era considerada un obxecto (e como nai!)... |
Na Grecia do Sócrates era considerada a femia, como un mero adorno, que estaba na casa para criar dos fillso, pero en aspectos non importantes (socialmente), para cociñar, facer de reposo do guerreiro, en combinación coas escravas/os e pertinentes hetairas... e podemos supoñer, que o Sócrates participaba totalmente deste tipo de crenzas (e as súas actividades).
Tampouco se lle ocurriu preguntar(se), por un momento, a razón deste maltrato xeralizado da metade da poboación. E productora humana da seguinte xeneración de atenienses.
Aínda que non debemos nos asustar, xa que, a maioría de machos actuais do planeta, seguen sen se facer esa mesma puta pregunta.
![]() |
| Tiñan insertado un adn social negativo de "sumisa"... |
![]() |
| Aínda que, ás veces, o ADN facía estragos!! |
E, como soemos dicir, o adn social negativo é moi poderoso, depende do poder que o mandou inxertar, pero non ten poder absoluto.
Embaixo do escrito pola SAD, segue manténdose o ADN orixinal. E existe un tipo de ser humanos que mantén a súa capacidade para ler por baixo do sobrescrito.
E o fan mellor se son posibles nais, porque da súa disidencia vai depender o futuro dos seus fillos. Teñen unha enerxía especial, para se rebelar contra todo tipo de poder opresivo. O problema é que, desde a prehistoria, están tan acostumadas a obedecer, que, o chamado por nós Síndrome de Estocolmo Clandestino, as ten demasiado lastradas, como colectivo.
O seu papel de muller insumisa, o levan a cabo femias individualmente. Polo motivo que sea, quedaron algo máis libres, para reflexionar, racional e emocionalmente, no interior do seu crebro e decidir rachar coas cadeas virtuais que lle queren poñer.
E na Gracia clásica xa había exemplares deste tipo. Mulleres que non podían entender como os filósofos (machos, claro é) eran tan remisos, para observar todos aqueles indicios, que indicaba explotación e maltrato. A poeta Safo foi unha boa representante na Arte , así como Hipatia o foi no territorio da Ciencia.
Non esquezamos que estaban ao servicio dos poderosos (SAD). O mesmo Aristóteles foi titor do que eu chamo Alexandre Medio. Un gran conquistador, que non soupo parar a tempo, e favoreceu a disgregación de todo o Imperio construído (máis ben, a Medio construir!).
Por ese motivo non pode extrañar o confuso rol, como guía da intelectualidade, no panorama socioeconómico e cultural deste "pobre" planeta.



Ningún comentario:
Publicar un comentario