venres, 2 de xuño de 2023

Pero... que tal, se o tentamos explicar?

  

Aunque iso poida ser abrumadoramente difícil...

Xa o dixemos outro día. Só queremoso explicacións científicas, aínda que sexan moi pouco posibles e mesmo improbables.

Neste blog teremos que dar un salto desde as profundidades oceánicas, ata a superficie dese mesmo occéano. Porque pasamos da orixe da vida, para xa nos centrar nalgunha posible explicación de como esa vida, en principio moi sinxela, se foi complexizando, ata tal punto de evolucionar ao momento actual. 

Neste momento no que estamos nós, un animal supercomplexo, aínda que, para desgracia nosa, non conseguimos sair aínda da versión mediocre de homos sapiens, que estamos sendo neste século XXI.


Nun principio non había vida...

Como fixo a natureza para crear algo que viaxara ata a luz, xa non nos interesa. Xa o comentamos no anterior blog. Pasemos agora a reflexionar no que debeu pasar, unha vez chegada a esa zona luminosa, onde explotar nunha complexidade vital moi pronunciada.


Pero xa había moita luz...

Que narices conseguiu descubrir a natureza, para que esas macromoléculas viaxeiras, se fosen facendo cada vez máis complexas?

Como é posible que foran capaces de se reproducir, unhas a partir de outras, aproveitando o máis positivo do anterior exemplar, e mellorando no posible algunha capacidade, para sobrevivir nos novos ecosistemas que iban ocupando?

Que teñen no seu interior, para que lles marcara, tal que un compás ou GPS, ese avance evolutivo?

Que podía facer a natureza con eses cambios evolutivos (mutacionais), para favorecer que só quedaran realemente vivos, con clara permanencia, un tipo de seres vivos, mentras que outros tipos non o fixeran?


E algo fíxoos nacer...

E nos repetimos a pregunta. Que tipo de operación complexas levou a cabo a natureza, para que eses novos seres vivos mutados, se poideran adaptar ao novo (para eles) ecosistema?

Porque o máis difícil, para un ser vivo non é nacer. Iso non deixa de ser un conxunto de reaccións químicas, que facilitan a aparición de nova materia viva. Unha nova materia que se incorpora ao corpo do ser vivo existente, ou se independiza, para facer outro exemplar como el.

Pero, o máis díficil é conseguir que esa materia viva recén nacida, se adapte ao medio onde vai vivir.

Entón, o marabilloso traballo da natureza, será seleccionar a queles cambios xenéticos, producidos na materia viva existente, que lle permitan sobrevivir no novo (paar ela) ecosistema. 

E todo iso, sen que a natureza sexa ningún tipo de arquitecto deseñador. Só algo, que forma parte do ambiente, que sabe como practicar ese proceso de experimentar (simple método de ensaio e erro), hasta dar coa solución máis axeitada, para sobrevivir.

E por iso un científico só tenta facer algo parecido : Non dar nada por finalizado, ata que se poida comprobar que o resultado dun experimento se "adapta" abondo ben, ao que chamamos realidade.

E non esquezamos, que aínda lle pode sair mal o experimento. Como lle pasou cando seleccionou aos dinosaurios. Evidentemente a natureza non é capaz de controlarse a si mesma. 

E ben o estamos comprobando, cando acabou seleccionando ao ser humano, como un posible avance evolutivo. Lle estamos resultando unha experiencia abondo nefasta. E máis se temos en conta que non é un fenómeno natural o que nos pode facer extinguir, senón a nosa propia actividade tan consumista e destructiva, que está levando a un holocausto planetario.

Un bo sorriso para os pobres dinosaurios.


E rematamos esta reflexión cun toque final : Somos realmente conscientes da importancia vital que debe tomar o concepto de adaptación

Porque é algo vital para entender a evolución. Pero, na vida "normal", se usa demasiadas veces para o xuntar con outro concepto nada evolucionista : o de opresión.

Un ser humano nunca se poderá adaptar a vivir oprimido. Va contra o que lle dicta o seu ADN. Polo que lle ven marcado xenéticamente está obrigado a loitar pola súa libertade. Contra vento e marea. Facendo que as sementes de capacidades, que trae escritas no seu ADN, se vaian reformulando como  capacidades actuantes, en forma de adn social positivo

E pr iso reflexionamos aquí como reflexionamos.

E por iso mesmo se inventou a SAD (sociedade adulta dominante), ese outro concepto represor, paralelo ao anterior, que aquí chamamos adn social negativo.

Este segundo tipo de adn social é o que lle permite a un ser humano, vivir sufrindo a opresión, como se se houbese "adaptado" a ela. Pero esta non é realmente unha adaptación natural, da que falamos en relación ao proceso evolutivo natural do ser vivo. Esta "adaptación" só é unha vestimenta, que nos permite sobrevivir baixo a opresión, mesmo a tortura. Para cumplir con esa norma escrita no ADN : sobrevivir ante todo. Mesmo nun campo de concentración ou un gulag.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...