sábado, 1 de xullo de 2023

Domesticar non é nada fácil...

Convén diferenciar ben, entre educación e domesticación...

Parece que rematan igual (en "on"), pero só se parecen algo, realmente, nos seus inicios. Logo, os dous procesos, se van separando. E acaban por dar dous finais totalmente difrenets : un proceso produce un adn social positivo, mentras que o outro proceso produce da adn social negativo.

Ambos parten do ADN orixinal, pero un o desenvolve madurando, para facer un humano verdadeiramente libre, e outro proceso o borra, casi completamente, para facer do humano unha peza da maquinaria social, en absoluto libre. Neste segundo caso podemos dicir que se "rescribe" o ADN, tal como necesita a SAD.


Todos nacemos algo de "salvaxes"...

Porque todos fomos salvaxes, como especie, nalgún momento da nosa evolución. Pero unha vez instituida a sociedade humana, xa é outro cantar. Entramos no que se chamou sociedade salvaxe, que comenza a ser civilizada. Aínda que ese concepto de civilización (civitas), non se usou ata os romanos, que demostraron abondo ser moi pouco "civilizados".

Xa dixemos ben de veces, que a sociedade humana está construida sobre o roubo dun territorio por parte dun  ser humano, que se fixo antes co poder necesario para cometer ese roubo.

E logo veñen as normas, impostas por ese mesmo poder, unha vez establecido, para tentar manter o poder por riba "de todo". Mesmo se inventa a orixe diviña dese poder terrenal.

E, para meter no coco da xente que un deus concede o poder, a ese que o roubou, necesita duas cousas : primeiro, instalar na sociedade creada unha relixión, que lle sirva de apoio virtual e segundo, un sistema de inxerto social, unha especie de aplicación a instalar no cerebro da xente, que faga da cría humana un servidor totalmente domesticado, por ese mesmo poder.

E de aí sairá a necesidade de ter sacerdotes e soldados. Non chega con boas palabras, para convencer a seres humanos cun ADN liberador no seu corpo.



pero no tenemos que ser violentos...


Así é como se genera unha sociedade violenta, por moito que presuma de pacífica. Para manter o control social é imprescindible esa violencia social. En caso contrario, os "roubados" tentarían recuperar o que lle roubaron. Y eso no está no guión da historia, que van escribindo os vencedores.

Porque a violencia quedou moi remitida no ADN humano, xa que a natureza considerou que para resolver os posibles conflictos, temos a intelixencia. Tanto no seu aspecto racional como emocional.

Con eso e a necesaria comunicación (outra capacidad moi humana), seremos capaces de evitar a violencia como remedio, para solucionar conflictos entre os diversos tipos de seres vivos.

De feito a caza debe ter un uso moi corto, xa que nos van dar a posibilidade de coseguir alimentación de tipo vexetal.


si sabemos usar la inteligencia "natural"!!


Pero que nones. O poder establecido vai tentar que, a domesticación do humano, empezando xa en idades moi tempranas, nos convirta en pezas da maquinaria social: soldados, curas, amos de casa, esposas e crías sumisas...

E todo cunha forte violencia na interacción, eso si o máis oculta e sofisticada posible, para que se poida presumir, por parte da SAD, de que non se practica. Que se vive en un oasis de paz. E así, ademais, denunciar a todo disidente, porque a veces necesitará protestar con certa dose de violencia. Entón os violentos sempre serán "os outros, os que protestan. Os que non se deixaron roubar a charca, como pasaba na película do Kubrick.

E todo, por que o poder establecido rompeu o equilibrio natural das cousas. E agora necesita ser violento, para impedir que ese equilibrio natural se restablezca.

Por iso estamos agora tan mergullados na loita por sair da emerxencia climática que padecemos, por poñer un exemplo. O que será algo imposible de conseguir, se nos deixamos levar polo adn social negativo  que tenta convencernos de que non existe este tipo de emerxencia. A SAD quere que sigamos consumindo enerxía, como se non houbese un mañán.

No fondo somos nós, os chamados civilizados, os grandes salvaxes do planeta Terra. Porque estamos a facer que as súas condicións ambientais volvan a ser como as que había na lonxana prehistoria. Ou peores, porque a especie humana o tería máis difícil para reiniciar o seu proceso evolutivo. Antes estarán oa insectos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...