Cando facerse de novo salvaxe é imposible...
Polo menos para a especie humana. Non pode haber humanos "simplemenete asilvestrados". O que haberá será humanos "devoltos á vaad salvaxe", que se mudarán en psicópatas humanos, en busca de alimento.
Podemoso dicir que, o mundo zombi, non é algo tan difícil de pensar en que exista realmente. Ou poida existir con unha pouca de "boa" intención, por parte desta mediore versión de HS que estamos sendo.
![]() |
| Cando o ADN sufre un brutal cambio... |
Porque se fala moito do zombi, que representa a un ser humano morto, que, por causas que non veñen a conto, volva a estar vivo, aínda que non lle funcione o seu cerebro. Salvo, precisamente, para o deixar aniquilado, en caso de que se lle destroce.
Pero é que, se temos en conta que un ser humano con inxerto de adn social negativo, xa non obedece realmente ao mandato do seu ADN, que segue instalado no seu cerebro, por que non o imos considerar unha especie de zombi, que actúa segundo lle manda a SAD, a través do seu adn social negativo?
Aparte de ter unha pinta menos estropeada, en realidade a autonomía do seu cerebro non existe. Pode chegar a ser mesmo moi amable, porque funcionará como unha peza da maquinaria social que, neste caso, lle obriga a ser moi amable. Como pode ser maltratador, se ese ser humano porta un adn social negativo de "maltratador".
No caso desta película (La selva esmeralda), temos a un adolescente branco, que foi roubado aos seus país do "civilizado" Brasil, por unha tribu de "salvaxes" amazónicos, que viven prácticamente illados.
![]() |
| Cando ti queres ser o colonizador!! |
Mentras que, neste caso da película, temos unha tribu que fai do neno branco secuestrado, outro individuo integrante da tribu. Pasa a ser considerado como outro nativo calquera. Nin escravo, nin criado, ni sequera soldado mercenario (como eran nas lexións romanas).
Así que podemos notar como o mesmo fenómeno dun secuestro, pode dotar dun adn social positivo ou negativo. No caso nativo amazónico, totalmente positivo. Desenvolven o seu ADN, para que se faga un ser humano totalmente natural e libre. Sería moi difícil que na súa sociedade "civilizada" de orixe, poidera desenvolver toda as capacidades humanas, que desenvolve como neonativo.
E, ao revés, se é un nativo amazónico europeizado, sería simple carne de cañón abusada polos colonizadores. Nada que ver co tratamento humano da tribu amazónica. Porque secuestrado foi, iso non se pode xustificar, pero aquí salientamos a gran diferencia do trato, como ser humano en proceso de maduración. No caso europeo se fomenta su carácter animal, no caso amazónico se fomenta su carácter humano (racional/emocional). Mesmo o de "ter espíritus", que lle axuden a camiñar pola vida.



Ningún comentario:
Publicar un comentario