E que tan complicado é o cerebro...
Non é o mesmo sentir un pinchazo, no brazo por exemplo (un simple rosal), que sentir algo, unha atracción forte, por outro ser vivo (amor, por exemplo, sexa o que "eso" sexa). E, neste caso, a intervención racional segue a ser casi inexistente. Ven sendo meramente reflexa, no primeiro caso, e pouco máis que emocional, no segundo.
Pero se te convén seguir pillando amoras, unha vez pinchado, ou continuar sendo amigo desa persona, unah vez que te dá cabazas non requiren, en principio, en canto ao teu futuro, tomar grandes decisións racionais.
O profundo amor, por exemplo, pouco vai necesitar a intervención da parte racional do cerebro. Pero se o vas dirixir, ese amor, cara un ser humano do propio sexo ou, xa non digamos, mudar o teu propio sexo, entón iso xa é outro cantar.
Deixar de ter conciencia feminina/masculina, para optar pola conciencia de sexo "contrario", iso sí que precisa un cerebro maduro. A ser posible, moi maduro.
![]() |
| Posible frase dun feminino trans... |
![]() |
| posible diálogo entre feminino e feminino trans... |
![]() |
| posible implicación doutros na decisión final!! |
E todo, porque "sentirse muller", non é o mesmo que "ter conciencia" dese sentimento. Sentir é un primeiro paso, simple función de relación, co sistema nervioso al ralentí. Ter conciencia de algo, ven ser o poso dese sentimento ao pasar polo cerebro, unha vez que lle dimos voltas e voltas, coa nosa inteligencia emocional. E, sobre todo, habendo pasado de cando en vez, pola parte racional da nosa intelixencia.
Pero esa parte racional da que falamos, non estará nunca madura se non entramos na pubertade. Quedan varios anos de adolescencia, para que poidamos estar algo seguros de que vivimos unha adolescencia. Porque, non debemos esquecer, que vivir a adolescencia é só unha posibilidade. Tan seguro é que a viviremos, como que a podemos perder se non temos coidado (moito), nese proceso de vivencia.
E que unha vez vivida a nosa adolescencia é cando podemos visualizar internamente, como é o noso corpo, como é o corpo alleo, e, polo tanto, empezar a sentinos ben ou mal, en función desas miradas internas (e propias, non alleas!).
Porque, en caso contrario, xa podemos estar dando algún psao que outro, camiño de perder precisamente esa adolescencia que acabamos de empezar.



Ningún comentario:
Publicar un comentario