A típica confusión entre pensar e crer...
Achacámoslle ao pobre Sócrates, que non se molestase un pouco en pensar sobre a muller. Pode que entón, sendo moi imaxinativos, ata fose o primeiro home capaz de sentirse muller. Por que non?
Porque está moi ben falar da Beleza, e mesmo da Xustiza, pero nunca se lle ocurriu que, unha parte desa belza, reside no corpo feminino. E, polo tanto serái xusto que fose menos abusado polos homes e, sobre todo, na súa parte superior, chamada cerebro.
Que debería pasar na Grecia do Sócrates, para que se pensara algo máis, mellor dito "un pouco", na muller, como un ser humano igualiño ao home. Salvo diversas funcións reproductivas, nas que a filosofía pode que non poidera dicir moito.
E quen di o Sócrates, pode dicir o Descartes. A quen se refería exactamente o René, cando dixo aquelo de que "penso logo existo"? Acaso as mulleres tampouco podían pensar. como en Grecia? Era posible concebir un mundo onde non existira a muller? Ou só podái existir, se "a pensaba un home"?
E quen facía a parte máis básica da reprodución (sexual)? Ou si pensaban (as mulleres), pero logo non podían existir en pé de igualdade co home... elas eran máis para "existir dentro da casa familiar"?
E que ven sendo iso de crer (concepto relixioso)? Algo que todos usamos como sinónimo de pensar (concepto científico). Pensamos que é una muller, ou podemos crer que é unha muller?
![]() |
| O que pensamos que existe... |
![]() |
| e o que existe realmente... |
![]() |
| poden ser cousas moi diferentes!!! |
Porque a fe do científico non é fe do relixioso. Unha necesita resultados experiementais para ser validada, mentras a outra se valida por un simple dogma que nos obnubila a mente creativa (no racional e no emocional).
Esto nos leva aos replicantes de Blade Runner e, como non, a sentirse home ou muller no espciotempo que andamos chamando século XXI, no planeta Terra.
Que ten no seu ADN un replicante, para que se sinta maltratado, por ter unha idade límite que non pasa dos catro anos?
Pode pensarse (e sentirse) mal por esa causa? Que pinta a reproducción sexual, por lo tanto a existencia de dous sexos, si non se reproducen autónomamente?
Ou pode que sí, tal como pasa coa versión replicante chamada Rachel, que lle permitiron manter no seu ADN a capacidade de procrear. Pero por qué sexualmente? Non poderían experimentar outro xeito de reprodución?
Foi un fallo de guión, simplemente, o vai ser que a diversidade sexual, que tanto lle costou seleccionar á natureza (sexa o que iso sexa), debe xogar un papel importante, aínda por moito tempo, na evolución naturoartificial dos animais?
E que di sobre este tipo de cousas o Novo Evanxeo Queer? Realmente están preparados para este tipo de cambios? O son meros profetas, que queren confundir un discurso bíblico co discurrir natural da Vida?



Ningún comentario:
Publicar un comentario