mércores, 13 de setembro de 2023

Ser/estar home, ser/estar muller...

 

Para o mundo británico, escribiríamos mellor, para diferenciar os conceptos, "ser/ser" muller ou "estar/facer de" muller.

Porque son duas cousas moi diferentes. Na lingua española, o concepto ser non significa o mesmo que o concepto estar.

O concepto de ser xa conleva implícito a situación de ser acto (ou estar en acto), cando se fala de que algo é, ser muller por exemplo, xa se pasou da posición física de "estar en potencia". Con esa diferenciación aristotélica, notaremos que estar de mujer (hacer de mujer) solo indica un estado de potencia. Un estado (de potencia) onde o acto (propiamente dito) atópase "inconcluso". Sin finalizar.

No caso da transformación sexual poderíase dicir (filosóficamente), que en esencia o/a trans sigue sendo home, aínda que se atope en transición ao estado de muller. E mesmo se estivera quirúrxicamente adaptada a un corpo "feminino". A qué non é tan fácil como parece?

Porque se a muller está definida polo seu aparato reproductor, fixado por un ADN feminino, e agora queremos establecer outra definición, que aínda non existe, como podemos establecer que ser/ser muller e ser/estar muller son a mesma posición (filosófica)? E o mesmo se pode dicir, con más claridade, científicamente.


O que pensamos como muller...

Xa o gran Lang fixo, na súa Metropolis, a exposición fílmica desta reflexión de hoxe : narración moi simple, pero moi completa (se nos poñemos a interpretala). Temos duas mulleres, unha delas real e a outra unha autómata. Ou podémolo ver como que só temos unha muller (de verdade, a que era e segue sendo muller). Mentras que a outra, autodefinida como muller, só é muller en apariencia. Podemos observar, que "está de" muller, "fai de"muller, pero, nese momento histórico, nada permite comprobar que, efectivamente, se trata dunha muller (completa). E menos tan muller como a outra.

Porque se observamos o aparato reproductor e segue tendo o masculino, que a pode facer muller  (á mirada atenta do noso cerebro)? Acaso o decide o seu cerebro? Un cerebro que decide "porque si" (máis ou menos rodeado de razonamnetos teóricos), que se sinte muller?

Porque o aparato reproductor é algo "experimental" (comprobable). Incluso se se trata dun modelo quirúrxico, pero no cerebro? Como nos adentramos nel, para comprobar de primeira man ese tipo de cousas que definen ao que era home, como muller a partir de agora?


non deixa de ser muller en POTENCIA...

Tomemos o caso da Rachel en Blade Runner. A fabrican como replicante con capacidade para xestar. En principio temos a unha replicante muller (femia). Pero se ela decide ser home, porque Deckard fose, por exemplo, homosexual, xa vai chegar co desexo da Rachel, para ser considerada como un replicante "varón"?

Qué tipo de cambios se teñen que dar, ou estar dados, (xenéticamente) no cerebro de Rachel, para considerar obvio ese cambio de xénero/sexo?

Porque este tipo de cambios estruturais, resultan moito máis complicados que os cambios que pretender conseguir os colegas do Roy. Eles, simples replicantes Nexus 9, só piden vivir máis de 4 anos. Pero iso é un simple cambio xenético no momento de "fabricalos". Nada difícil científicamente.

Algo que nos leva, como quen non quere a cousa, a pensarar que é algo emparentado co problelma desta Rachel xestante, que queer ser home, para conxeniar mellor co seu noivo gay. Porque se entende que, na fabricación do Nexus "normal", lles acortaran a súa data de caducidade, para evitar gastos de mantenemento. Pero... para que querían eles vivir máis se, desde o punto de vista humano, vivian unha vida inhumana? Por qué querer sobrevivir? 

Ou sería que, realmente, o que eles pretendían era ser libres, como seres humanos "de verdade", aínda que fose moi pouco tempo. Unha película, Blade Runner, para pensar moito máis do que en principio parece.


aínda que nalgún momento se mude en ACTO!!


Pode que no fondo, tanto ao Roy como á Rachel se lles teñen censurados, no momento da súa fabricación, os xens que marcan ese tipo de asunto xa indicado: ao replicante Roy, vivir arredor dos 100 anos e á replicante Rachel, ter capacidade para quedar embarazada. 

E no caso da Rachel, dubido moito que tivera capacidade para cambiar de sexo. Como moito, en función do contexto sociopolítico do seu ecosistema, lle permitirían mudar de xénero.

E ata aquí chegamos co problema do Evanxeo Queer, no seu aspecto científico.

Podemos trasladarnos un momento ao territorio filosófico. Nesa filosofía aristotélica, na que explica que somos algo "en POTENCIA", o que levamso dentro (un ADN, por exemplo?). Pero logo temos que desenvolver esa capacidade, para chegar a ser ese algo "en ACTO". 

Roy quere ser un humano (en acto) para que viva moitos anos. Suponse que descubriu as ventaxas da xubilación.

Rachel quería ser macho (en acto), para poder liarse co Deckark gay. Aínda que ela era realmente un macho, tanto en potencia como en acto. Estaría de acordo o Arsistóteles, para engadir unha nova situación/concepto filosófica? Que a mente humana abonde, para pasar dun "acto femia" a un "acto macho", a partir da "potencia femia"... simplemente por o desexar a Rachel

Onde está o problema?

Pode ser que os cambios evolutivos non funcionan polo simple desexo dun evangélico queeer, que desea ser transformado, casi, como quen di, polo placer de "ser diferente". Ou esaxero?

Os millóns de anos de traballo seleccionador da natureza (seax oq ue iso sexa), tirados ao cubo do lixo, porque estes novos profetas decidiron se erguer diferentes, de como se acostaron anoite?

Consideremos que estamos, aínda, nunha etapa "preadolescente" da Humanidade. Calquera cambio necesita moita reflexión. Nosa e da natureza. Así que nos preguntamos se terá certo sentido (científico), poñerse a reflexionar sobre a reproducción sexual, e a conseguinte divisisón sexual que se deu no mundo animal, especialmente no "sector humano" (dado o seu grado evolutivo)... para tentar dar este salto concreto, no "equilibrio" sexual, cando xa temos abondo apremio con restablecer primeiro o equilibrio enerxético do planeta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...