Pero non é o mar o peor sitio para vivir...
Usamos onte unhas orcas, para reflexionar sobre o comportamento tan pouco evolucionista do ser humano.
Que tal se imos ata un lugar de Alaska, onde analizar o comportamento de varios habitantes, e así sacar algunha conclusión do tipo que soemos sacar aquí, sobre o comportamento global do ser humano. Que relación pode gardar o feito de vivir en Alaska e o adn social negativo, que os seus habitantes teñan, a partir dun ADN dado.
![]() |
| Hai seres vivos, que xa están adaptados... |
No lugar de Alaska que nos mostra a serie Doctor en Alaska, hai diversso tipos de seres vivos, que deberon sufrir as adaptacións pertinentes, para ter un proceso de adaptación natural ao ecosistema alasqueño.
Como por exemplo o reno, que abre nos titulos de crédito o previsisble desfile de seres vivos, de todo tipo, que, dalgún xeito, se poden considerar habiatntes de Alaska, en modo natural ou "incorporado".
![]() |
| Hai outros que se van adaptar... |
![]() |
| E algún deles nolo tentará explicar... |
Unha enorme copntradicción (NY/Alaska) que se ilustra perfectamente con otro personaxe da serie : o locutor afeccionado e impulsivo, chamado Chris.
O seu gran amor pola lectura e a reflexión en voz alta do que le, nos ilumina moi ben este papel que xoga no relato da humanidade (calquera que sexa o punto da Terra onde habite), o que aquí xa chamamos hai tempo Socioxenética. En certo xeito, podemos dicir que o Chris foi un modelo de divulgador nato, sobre os efectos positivos (adn social positivo) e negativos (adn social negativo), que provoca o ambiente natural e social de Cicely, sobre a mente dos seus habitantes.
Sen o rollo científico (es máis filosófico), que nos montamos aquí. Chris te fala de como podemos modificar o noso comportamento, en función da interacción, que se vai dar, entre a personalidade que traemos de fóra, e as variantes, sobre todo afectivas, que debemos traballar, para que a nosa readaptación sexa positiva.
El mesmo, sen dúbida algunha, xa se vai poñendo como claro exemplo desa interacción "positiva".
E o Dr, con Maggie, o dono do bar, a súa muller, o astronauta que ven sendo o capo da aldea, a enfermeira nativa, o mozo nativo e, como non, o xefe tribal, sos as diversas personalidades (lembremos ADN en proceso de maduración), que representan ese choque de variable humanas, entre nativos e inmigrantes.
E un sin fin de fauna salvaxe e urbana (outros diversos humanos), que van aparecendo sin parar ao longo de toda a excelente serie, mostrando un maior ou menso grado de integración.
Como dixo a Maggie, falando da serie aló polos anos 90, era unha serie onde nin tacos había. Todo era humanidade, máis ou menos complexa, pero sempre evolucionando dun xeito natural e libre.
E si, Chris, nos ilumina tanto sobre a Socioxenética, como sobre a extrema importancia do equilibrio na interacción entre os diversos seres vivos, que pululan por un ecosistema dado.
Seres vivos que se necesitan adaptar ao ecosistema tal como está, cando chegan a el. Sen esquecer que tamén necesitarán adaptarse aos posible cambios, que ese ecosistema vai soportar, para que permanezca como habitable. A evolución é unha resposta da natureza, para favorecer esa posible e imprescindible adaptación.
Cicely, nunha lectura actual, non deixa de ser un claro símbolo do planeta Terra.



Ningún comentario:
Publicar un comentario