E hai moita variedade no proceso de adaptación...
Porque a primeiar adaptación ao ecosistema onde nacemos, máis ou menos natural, máis ou menos dirixida, sempre vai ter un proceso de readaptación moito máis forte. En función do que levara xa feita a adaptación natural, en relación á maduración do ADN. Ven sendo o que aquí chamamos inxerto progresivo dun adn social negativo.
Que ven a sustituir ao adn social positivo, que a maduración natural e libre tentaba inxertar. Porque o feito de inxertar non cambia, só é a forma de operar, o diferente é o contido socioxenético (xen social) que se está a inxertar. En vea de ler o que trae marcado o ADN, se vai ler ese marcado artificial que se nos está facendo socialmente.
A partir do noso ADN imos madurando as nosas capacidades xenéticas, para facer un mundo mellor do que nos atopamos. Porque sempre se pode mellorar... non chegaremos nunca ao límite, para iso é un límite, pero nos podemos achegar cada vez máis a el. Iso é avanzar.
Esa maduración do noso propio ADN, é o que aquí chamamos inxerto dun adn social positivo. Ese que, como tanto repetimos, debe levar como capacidade imprescindible a de rexenerar o ecosistema. No caso dos humanos, o ecosistema non é outro que a sociedade adulta dominante. Xa qu ela é a que controla os posibles cambios, a ben ou a mal, dentro do ecosistema dominado. E non quere as inxerencias propias dos adolescentes rexeneradores.
![]() |
| Como se readapta unha, que acaba sendo pilota de avioneta... |
E así traemos hoxe, a tres exemplares de readaptación made in Cicely. Eles tamén tiveron que readaptarse a Cicely, despois de pasar un tempo nun ecosistema totalmente diferente. Como se readaptan a esa nova situación vital?
Pode ser fácil ou casi imposible?
Y que os diferencia dun doctor, urbanita a tope, que entra no novo ecosistema con poucas ganas de readaptase en su "personalidade típicamente novaiorquina"? Se ata xogaba ao golf con paixón.
Maggie decide adaptarse de novo, deixando que a sociedade adulta dominante en Cicely lle vaia rescribindo sobre algúns aspectos do seu ADN anterior. Aqueles que lle podían ser (como ao doctor) un freno total para esa rescritura, en este caso positiva. Ata se ten que desfacer do fantasma, de que remaat "matando" a todas as súaas parellas afectivas.
![]() |
| E unha, que iba para Miss e se perdeu "como camareira"... |
![]() |
| Ou un que quería ser astronauta e se fixo co poder!! |
Porque así é a SAD (sociedade adulta dominante), aínda que neste caso a forme un só individuo (cos seus cans de presa adxuntos, ben pegados por ben pagados, pero que na serie non teñen importancia vista).
E aquí se pode ver un detalle moi importante, porque no todos os poderosos fan abuso do seu poder co mesmo estilo de comportamento.
Este tenta facer todo en función do benestar do pobo, que habita ese lugar perdido, no inmenso territorio alasqueño. Pero, quen sendo abondo poderoso, non di facer o mesmo. Outra cousa son os seus actos, a dura realidade social .dese ecosistema qu el controla.
O comportamento dun macho alfa, dominante, variará moito en función da cantidade de poder que pode poñer en actuación, no mesmo instante en que a necesite. O poder tamén ten unha loxística precisa, para que sexa eficiente.
Ven ser como un "capital de poder". Como a Forza que tiñan os Jedis (e os Siths) en SW. E o usa a súa conveniencia, como tamén facían nesa saga cinematográfica.
Así que se pode inxertar un estilo de adn social ou outro (positivo/negarivo), dentro destas duas grandes clases, teremos unha variedade enorme de tipoloxía, desde un extremo ao outro. Cando lle quita a radio a Chris, por exemplo, é por un malentendido, xa que todos pensamos que era por ser un facha e resulta que era polo contrario.
Unha boa proba de que as apariencias engañan e de que necesitamos filtros mentais propios, para analizar con xeito todos os datos que nos entran no cerebro. Rebaixar o nivel de erro todo o posible.
Porque el mesmo, malinterpretara ao Chris. O cal tampouco era tan difícil, xa que lle gusta adobar as súas reflexións cun toque demasiado filosófico. Nada raro, por outra banda, se temos en conta que estamos en Cicely!
Pero ao que iba para astronauta, tamén lle faltaban filtros mentais propios, xa que a súa cultura non superaba as viaxes espaciais e os grandes negocios con terras e madeiras. O que si tiña era certa flexibilidade mental, non moi abondosa no mundo empresarial.
Pero, como antes dixemos, estamos en Cicely... non é difícil conseguir un equilibrio social, xa que nin tacos se din!



Ningún comentario:
Publicar un comentario