Que salto houbo que dar, entre o peixe pescado polo humano, e ese mesmo humano pescador?
A evolución nos explica moitas cousas. E dela podemos sacar leccións interesantes, para reflexionar sobre o comportamento dos pescadores, é dicir, dos seres humanos. Como xa levamos repetido aquí ben de veces.
Imaxinemos unha orca, que non sexa Willy (Keiko), porque a ela xa lle molestaron abondo en Hollywood.
E imaxinemos, que, dado o seu grado de intelixencia, se pode facer certo tipo de reflexións internas.
![]() |
| O seu ADN pídelle que se comunique... |
![]() |
| O seu ADN pídelle que se reproduzca... |
![]() |
| E o seu ADN pídelle que defenda ás súas crías... |
E xa para rematar, que explicación lle podería eu atopar a un feito tan demencial : o ser humano desprecia casi por completo o enorme potencial en capacidade por desenvolver, que trae no seu ADN?
Prefire deixarse inxertar un adn social negativo, que lle impide ser natural e libre. E así, como pasaba co filete de Cifra na película de Matrix, prefire vivir encadeado a unha realidade virtual, que, para colmo el prefire tomar como real.
E logo ven de visita aquí, mira para min, dentro da piscina onde nos teñen encarcerados e ata sinte compasión. Non quere reflexionar sobre as cadeas virtuais que o teñen atado a unha casa, a unha familia, a un país, a unha tradición... a ter unha adicción a non pensar, en vez de buscar constantemente novos camiños de avance, naturais ou artificiais, e libres.
E para rematar (por hoxe). Como non enetende que, sabendo isto que sabemos os mamíferos mariños, poidamos ter interese en sair do mar? Non "quixemos" nos facer anfibios, porque no océano, aparte de submarinistas e a quilla dalgúns barcos, non nos molestan demasiado. Se a evolución é o que representa este ser humano, que me mira con compasión, estamos moi ben sen haber evolucionado tanto.
Outra cousa é que non queiramos esquecer o que facemos aquí, nesta piscina, en vez de nadar libres polo océano. Pensar no océano e na libertade é o que mellor nos fai estar vivos. Queremos estar adaptados á libertade do océano, pero non nos adaptarn áo cárcere da piscina. E por iso, sempre esatremos loitando por volver a ser libres.
Aínda iso vai ter que aprender o ser humano de nós. A pesares de que no seu ADN ven moito máis marcada a necesidade de libertade.



Ningún comentario:
Publicar un comentario