venres, 26 de maio de 2023

Ademais o cabreo non nos vai dar de comer...

 

O cabreo mesmo pode espantar a pesca...

Salvo que lle quitemos comida a outro ser vivo. Ou que sexa el o noso alimento.

E seguimos co mesmo illote pousado no mar, esperando que a natureza monte de novo en cólera e decida facela desaparecer, ou, pola contra, que aumente de tamaño. Xa que igual que emerxeu unha vez, hai xa moito tempo, pode seguir medrando a cordilleira marina que a sustenta.

Este illote non necesita relacionarse, non sinte se algo se lle achega ou non. Nin tampouco necesita alimentarse, xa que non ten vida que gaste enerxía, e polo tanto non a necesita repoñer.


A vida é moi complicada, require paciencia...

Pero un pescador si necesita comer. Xa pasou da fase inicial de molécula primixenia, viaxeira e complexizada ata máis non poder (naquel momento). Pero segue tendo unha necesidade vital, como toda materia viva : Tense que nutrir. E por iso pesca.

E se pode cabrear se non pican, pero a súa vida en sociedade xa lle ten aprendido que non se pode enfadar cos peixes, porque eles teñen escrito no seu ADN, que deben evitar ser pescados. Ven ser, o que podemos chamar xa ,"unha lei da vida": ti me atacas e eu me defendo.

Así que se establece esa loita pola vida, entre un ser vivo que necesita comer e outro ser vivo que necesita non ser comido. Pero desta complexidade vital imos pasar polo de agora. Aínda toca seguir reflexionando sobre o control do cabreo, sobre todo o "cabreo imposible" da natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...