venres, 23 de xuño de 2023

E como se (re)adaptan os nativos, aos cambios dun determinado ecosistema?

Supoñendo que se queiran readaptar, a un adn social diferente...

... aunque iso non queira dicir que deba ser un adn social negativo. Hai moitos posibles adn sociais, para revestir (fructificar) o que ven escrito no ADN, e todos de tipo positivo. Cada ser humano se ten que ir adaptando (e readaptando) en constante evolución, ao que mellor "o vista".

Para iso hai que vivir nun ecosistema tipo Cicely, onde o revestimento (maduración) das marcas do teu ADN, se fagan dun xeito claramente natural e libre.

Pero coidado, porque na vida real non existen os Cicelys virtuais. Os ecosistema reais son moito máis traicioneiros, especialmente por estar controlados pola especie humana. Tan traicioneira de por sí. E traicioneira por imperativo social, non natural.


Un ADN nativo que non se quere readaptar...

E así podemos ver na serie, que os nativos de Alaska, son reacios a readaptarse seguindo as normas "civilizadoras" dos seres humanos blancos, que veñen do imperio USA. Xa conquistado bebendo da sangue dos nativos, que antes poboaban eses inmensos territorios do que podemos chamar Norteamérica.

Nada moi diferente das invasións, que os "civilizados" romanos facían, a sangue e lume, sobre os chamados por eles "bárbaros do Norte".

E, polo mesmo motivo que entón, sempre quedan os que se consideran irreductibles. Por exemplo os famosos galos, que tan ben representa o Asterix. Porque pensan (ou creen simplemente), que o novo sistema de poder non vai ser o mellor para eles. Serán tratados como escravos disidentes e, polo tanto, claramente dispensables.


El ADN que se iba readaptando paseniño...

Pero tamén temos nesta animosa serie aos nativos, que están dispostos a sufrir un procesos de readaptación ao novo ecosistema "civilizado", por eses novos e poderosos usamericanos pseudocivilizados.

Deixar que lles rouben a súaas riquezas naturais, como fixeron máis ao sur, pero tratando de conservar algo máis, do que puideron conservar os nativos usamericanos. 

Non perder ese equilibrio coa súa natural esencia humana, esa que foron perdendo pouco a pouco os nativos usamericanos. Que se tiveron que conformar con reservas, para sobrevivir malamente con honra ou introducirse no capitalismo salvaxe dos casinos.

Marilyn tentará sobrevivir adaptándose a un ecosistema alleo, onde o seu ADN xa non sirve. Pero evitando ser totalmente abducida, polo adn social negativo que lle pretendan inxertar, nesa nova modalidade de ecosistema social.


Y el ADN que tenía prisa por se readaptar!!!

E logo xa está o caso do mozo nativo. Ed, tentará readaptarse, para escoller a mellor vestimenta que lle deixe o poder establecido, pero tentando tamén manter un certo equilibrio, coa súa esencia máis natural. Pode que non sexa capaz de evitar o disfraz do típico Self Made Man USa, pero pode que conserve a súa capacidade xenética intacta, para aportar outra mirada diferente sobre a colonización de Alaska.

Porque agora tocaríaa salientar a importancia suprema dun concepto vital, para manter os pés sobre a terra de Alaska e non te deixar asoballar polo adn social negativo, que a SAD te vai tentar inxertar, ao longo da tua maduración como cría humana.

Trátase do equilibrio natural, un aspecto muy importante, y más tendo en conta este proceso vital, que leva a natureza de controlar unha serie de mutacións excesivamente complexas. Eso que chamamos en Ciencias Naturales evolución natural. 

Que haberá que se ir acostumando a pensar que o artificial tamén enrtar dentro dese proceso de evolución, xa que non deixa de ser unha aportación de alguén tan natural como é o ser humano.

E non debemos esquecer algo tamén moi importante, neste contexto de buscar constantemente como manter ese equilibrio co que chamamos natureza. 

Trátase de ir na busca do placer, sen romper o equilibrio natural, que nos pode deixar que o experimentemos. Porque pode ser que, na busca dun exceso de placer corporal, rematemos con impedir que logremos precisamente alcanzar un placer natural e libre. É dicir, un placer básicamente humano, realmente liberador e non castrante.

E reflexionamos agora sobre este aspecto, por considerar tamén esencial en todo proceso de readaptación, o feito de ter en conta este principio : a readaptación é inevitable, queiramos ou non, porque o  ecosistema está en constante evolución. Non se pode quedar ocupando o nicho dos dinosaurios, por exemplo, esperando a súa lóxica extinción. Y menos si se provoca ese fenómeno extintor, con medios artificiais, tal como está facendo o ser humano actual. Esta mediocre versión de homo sapiens, que estamos resultando ser (como non lle poñamos remedio).




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...