domingo, 9 de xullo de 2023

Cando o poder decide tomar medidas...

 

E busca como as executar...

Empezando por elexir moi ben un sicario capaz de as levar a cabo, sen demasiadas dificultades. E, sobre todo, sen demasiadas preguntas...

Porque aquí se fala moito da maquinaria social, desa da que somos pezas moitos seres humanos, preparadas pra iso con tempo e paciencia, desde que nacemos. Pero que exemplos podemos poñer desea especialización que a chamada SAD fai cos seus "súbditos"? Como podemos notar o efecto dun adn social negativo, na preparación deses especialistas sociais en facer "determinadas cousas" : ser familiar, amigo, profesor, comerciante, soldado... ou simplemente sicario?


Os funcionarios do poder establecido...

Bos exemplos os temos na película do Coppola Apocalipse Now. Nela nos amosan modelos de perfectas pezas desa maquinaria spcial, da que tanto tanto falamos.

Por exemplo, nada máis empezar, temos nun hotel e nunha oficina da CIA en Saigón, a un especialista en matar por encargo. Pero non por encargo de mafiosos, non. Por encargo do goberno dos EE.UU. 

Paar ser máis precisos, podemos dicir do seu Departamento de Estado, a través das Forzas Especiais do seu Pentágono. E nesa ofician de Saigón están os funcionarios pertinentes, para organizar o crime organizado do coronel Kurtz. Tal que si fose unha encomienda mafiosa do puto Al Capone.

Todo moi formal, todo perfectamente paralegal. E sempre polo ben dunha Patria.


o sicario do poder establecido...

E o sicario que se vai encargar dese traballo "mafioso" será un tenente, que leva toada a súa vida militar como mafioso paralegal, "borrando" xente problemática para o Departamento de Estado USA.

O tenente Villard, viaxará ata o mesmo fondo das tebras conradianas (O corazón das tebras), para rematar cun coronel que se lle ten atravesado a ese poder establecido nos USA. Un poder enlodado no máis profundo dunha guerra colonialista no Vietnam de finais do século XX.


e o enemigo do poder establecido!!

E así chegamos ao tercer caso de adn social negativo, antes foron os funcionarios e o tenente. Aínda que agora, xa non está tan claro se, no fondo, o corornel non se trata dun adn social positivo. Xa que estamos ante un coronel ao que lle estoupou o cerebro, tentando cumplir as ordes totalmente inhumanas do seu Estado Maior. Algo que o leva a pensar/crer que, xa "de tolos ao río".

Porque, quen vai ser o coronel Kurtz, para matar só na medida na que lle mandan en Washintong? Os "malos" do Vietcong. Aínda que, para iso, teñan que arrasar con napalm as aldeas cheas de mulleres e nenos. Que vai facer se o meteron nunha guerra básicamente inxusta e despiadada, que non permite conservar a conciencia human máis aló de certos límtes. Uns límites que ax estaban rebasados desde hai varios anos. 

Empezando xa, pola primeira vez que se desembarcou nese territorio para lle salvar o cú a un dictador e desvastar sen piedade nin razón todo un país. Máis aló desa falta de razón, que sucede cando durmimos, como ben decía o Goya. E mentras todos durmen plácidamente en Washintong, o coronel Kurtz decide espertar na selva vietnamita : e ceibar nela, de súpeto, todos os monstruos que se trouxo dormidos desde a capital dos USA.

Así de simple. Así de complexo. Así de bélico. Así de inhumano. Como dixemos outro día, o coronel non deixa de ser un claro exemplo de can asilvestrado. Alguén que foi domesticado para matar "limpamente", alguén que se desata e se fai un matarife completamente tolo. Ou, dito doutro xeito, que a súa inmensa lucidez lle leva a facer cousas de tolos. Un tolo fabricado " a conciencia" polo aparato militar usamericano.

E aínda podemos, nesta película, ver outros casos de adn social negativo moi interesantes. Mesmo a relación que se pode dar entre un tipo de adn social e o outro, cando se produce cierto conflicto de intereses, entre un e o outro, dentro do mismo cerebro.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...