martes, 11 de xullo de 2023

Un Vertedoiro chamado Vietnam...

 

E por que lle chamar Vertedoiro (ou Sumidoiro)?

Porque en Vietnam o colonialismo de mediados do XX verteu, ademais de Napalm, toda a parafernalia capitalista ben armada. Viña, en certo xeito, ser unha batalla da burguesía occidental contra un pobo chamado "incivilizado" polos colonos. Tal como foi toda a colonización europea, em África e Asia, durante os séculos XIX e XX. 

E como foi a espantosa colonización europea, durante os séculos que van do XV ata o XIX. Co seu invento da escravización de "outros" seres humanos.


O adn social do soldado perfecto...

Por exemplo o adn social negativo do coronel Klingore. Unha perfecta muestra do perfecto militar. O modelo de auténtico fanático de usar as armas, sempre a máis grande e violenta, Moi enamoradp do napalm. E seguro de que matar cantos máis enemigos, moito mellor para a humanidade. A súa humanidade "particular"!

Ven sendo o que padece un Síndrome de Estocolmo Militar. A súa vida se centra exclusivamente na loita contra calquera enemigo que lle marca o Alto Mando. E nada o pode desviar dese obxectivo. 

Moi tolo, por surfear nas augas vietnamitas ou usar a música de Wagner, para animar aos seus e atemorizar ao enemigo.

o adn social do reporteiro, que fai da guerra unha aventura...

Pero nas guerras é fundamental o relato que se monten os posibles vencedores. Xa antes de a rematar, necesitan expoñer unha película que amose o gran "heroísmo" dos seus guerreiros. 

En Roma eran os seus lexioanrios, ahora nos USA son os seus marines.

E agora, com anates, nons epoden admitir ovelals negras nos eo das FFAA. Por iso s eneecsita rematar co coronel disidente, Kurtz. Un enorme Marlon Brandon.

E como dixemos o outro día, contarán para ese crime organizado con toda as Forzas Especiais que ten o Pentágono USA. Esas que se dedican a matar, dun xeito máis mafioso que legal.

As lexións aínda non levaban nin redactores nin fotógrafos, as guerras modernas xa no se poden facer sin a parafernalia do relato audiovisual. A narración ideada polos posibles vencedores. 


e o soldado "perdido", que vai voltar a casa destrozado!!

E finalmente temos ao "soldadiño de a pé". Ese soldado de base, ou, como moito, de baixas graduacións. Que se mete na inmensa merda da guerra, pero que será incapaz de sair dela. E se sae vivo, levará no seu cerebro unha boa cantidade de merda incorporada. Unha merda mental que o vai mudar nun inválido cerebral, como mínimo, senón o fai tamén corporal.

Ademais este adn social, do soldado típico USA, que recén chegado nin é positivo nin negativo, como moito activamente patriótico (algo fanático), remata por ser tan negativo, que xa non lle deixa pensar ao soldado, nin racional nin emocionalmente.

Convírtese nunha máquina de matar e, cos seus camaradas de loita, conforma unha enorme manada de animais humanos, onde o instinto pasa a ser quen domina os seus cerebros. A fabulosa escena da matanza no río, a barca con unha familia viet, que levaba animais "de verdade". E pola puta iniciativa dun casi adolescente, resulta dunha claridade meridiana. 

Vista esa escea, por exemplo, no resulta raro que, cando saia de alí (se sae vivo), este soldado sairá cun adn social tan negativo, que lle fará imposible a vida "normal" no seu país. 

Nos USA, acabará sendo un pelele, que nunca entenderá como chegou a pelexar na guerra, e, sobre todo, como os paisanos USA esqueceron todo o que el fixo por eles. Como cando veu a combatir en Europa, ou foi ao Pacífico, para evitar a invasión dos EE.UU. 

Comprobará que mesmo lle botarán en cara ter sido tan tonto, como para ir a Vietnam. Sobre todo, os que non foron, lle farán sentir que el sí foi, porque "quería ser un puto heroe".

E resulta moi importante salientar este carácter de manada nas FFAA. Especialmente as USA, ou tamén nas da Federación Rusa... como agora se comproba en Ucrania. Igual que antes se comprobou en Chechenia e Afganistán. 

E supoñemos que tamén serán manada, na República Popular de China. A fin de contas todas está cortadas polo mesmo patrón, un belicismo profundamente irracional e megapatriótico.

Un belicismo, que se basas en implementar o carácter mais animal dos soldados, que son moi ben adestrados para non desobedecer nunca as ordes dos seus mandos. Mandaran o que mandaran. 

Unha clara sofisticación do clásico método nazi de manipular aos seus soldados. Algo que, lóxicamente, xa tiñan descuberto os civilizados romanos. Que, entre outras cousas, drogaban aos seus lexionarios para entrar en batalla y evitar, así, reflexiones innecesarias (para o Alto Mando), sobre os seu brutal desenvolvemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...