xoves, 6 de xullo de 2023

E se nos "raptan" para ser emperador?

 

Moita xente cre que os poderosos sempre disfrutan do poder establecido...

Porque non é o mesmo conquistar o poder, que o heredar como algo que che cae "dun determinado ceo".

Porque entón, pode ser unha lousa tan enorme, que realmente se imita moito á da sepultura.


Naces cun ADN concreto...

Por exemplo, na historia que nos conta o Bertolucci no seu "O derradeiro emperador". Un ser humano que lle vai tocar o paso da dictadura divina instaurada no Imperio Chino, á dictadura non divina (ao principio), que instaura un todopoderoso Mao.

Esta persona ten que bregar, ao principio, coa adoración dos seus súbditos, como emperador. Para logo ser un máis dos moitos adoradores do Mao. Iso se remata o seu proceso de lavado de cerebro (reeducación lle chaman os maoistas), sen morrer no intento.

Teñamos en conta que mao foi un dictador, que empezou unha Longa Marcha, para liberar ao pobo chino. Pero rematou cunha Gran Parada que freou a evolución democrática dese mesmo pobo. 

Pódese dicir que mellorou o sSistema de Lavado de Cerebro estaliniita. Algo que o emparenta co que aquí chamamos adn social negativo, pero inxertado dun xeito moi moi rápido e superviolento.



pero logo te lavan o cerebro, para o mudar en adn social...


En principo lle inxertan o adn social negativo de "ser emperador". Logo lle tocará a inxerción doutro adn social negativo, que podemos denominar Ariel Maoista, usando o nome dun deterxente moi famoso en España, para lle lavar o seu cerebro dun xeito apocalíptico.


e, se é preciso, cho volven a lavar!!

É dicir, que vai de inxertar adn sociais negativos. De lavado de cerebro en lavado de cerebro, y tiro porque me toca. Un como emperador, o outro como reeducado maoista.

Sempre haberá un dictador ben disposto a xogar con nós aun xogo parecido ao da Oca. Pero moito máis perigoso, xa que neste o cárcere pode rematar en camposanto. O nunha cuneta, no muro dun cementerio, mesmo nunha sima montañosa, tal como sucedía unah vez rematada a Guerra Civil Española. A represión seguía no día a día, de teórica paz. Porque o sanguinario Franco quería non deixar pedra sobre pedra do edificio democrático español.

Todo o traballo da República Española debía ser demolido, por se parecer ás democracias europeas. E os seus constructores debían ser pasados polas armas, mediante grupos de falanxistas o requetés, con cura incluído.

E logo ven o Gran Lavado de Cerebro que podemos chamar dos "25 Anos de Paz". Esqueceron poñerlle o apelido de "Franquista". Porque había que ser moi franquista para, realmente, vivir con un pouco de paz (e de comida).

O resto sempre foi a paz dos cárceres e dos cementerios. Incluídos o maltrato xeralizado de mulleres (casi todas viuvas) e nenos, mediante institucións axeitadas para ese maltrato tan organizado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...