Porque matar, especialmente matar a crías humanas, non ten nada de "limpo"...
E porque matar en manada, sentindo que a manada te domina, e non sendo un lobo, tampouco ten nada de honroso. Nin sequera ten a característica de ser un humano, é dicir, alguén que teña conciencia do que "eso" significa. Porque se matas, como matan os soldados na guerra serás calquera cousa, menos un ser humano.
Porque, en principio, será o máis aproximado a un zombi, que nos poidamos maxinar.
Porque, en este asunto (en xeral sempre), o feito de ter conciencia do que fas, como tal, resulta primordial, para que poidas ter a sensación positiva de ser "ti mesmo".
Se te parece ben ser inhumano, como vas ter conciencia de ser humano? Serás un puto zombi!
![]() |
| Ti te consideras humano... |
![]() |
| e ata te esforzas por o demostrar... |
E cando sobrevives, entón é cando te podes prantexar que, se tiveste sorte, quedou algo no teu cerebro capaz de seguir lendo o teu ADN orixinal.
Algo que pode ser capaz de iniciar unha relectura do ADN. Ese que foi rescrito por un adn social negativo, inxertado ao longo desa penosa guerra que tes sufrido.
A tortura (ruleta rusa), como lle pasou a este grupo de cazadores, que usamos de referencia, pode rescribir todo o teu ADN ata mudalo nun ADN típico dun animal irracional. Y, como pasa cos cans asilvestrrdos, pode mesmo facer que te queden sobrevaloradas certas características moi "animais".
Pero, como levamos decindo desde hai tempo, tamén pode ser que consigas unha relectura do escrito en orixe, dun xeito positivo. Atoparalo remodelado en parte, pero sen perder a esencia que a naureza te deu como homo sapiens. Esas aportacións, definitorias do teu carácter humano, que aínda te poden rescatar do mundo animal, que antes indicamos como parcialmente sobrevalorado.
![]() |
| e tomas conciencia do que te fixeron!! |
E así, como lle pasa a este "nacido o 4 de xullo", recuperar a parte da tua conciencia. De ser un ser humano, mesmo dun ser humano moi maltratado polo seu goberno. E polo seu país (os usamericanos de a pé, que desprecian a tua aportación bélica).
E incluso podes facerte activista antibelicista, porque consisderas que necesitas mostrar o teu desagrado a esa violencia, que o goberno dos USA ten como esencia patriótica de calquer habitante do país. E que vale tanto para fóra do país, como no seu interior.
Unha esencia, que se vai destilando en modo adn social negativo, ao longo da vida deses habitantes USA.
Porque nos asusta o lavado de cerebro que facía Mao, cos disidentes da China Popular, por exemplo. Pero como podemos observar sin asco ese lavado de cerebro permanente, aunque pacífico, que se fai nos USA, co sistema domesticador, tanto fotrmal como informal?
Na guerra te lavan o cerebro. Mesmo tanto, que te deixan unha zona del tan limpa, que pasas a ter un vacio existencial profundo. Tal que chegas de novo aos USA, sendo só un zombi.
Pero, acaso o lavado de cerebro que te practican nas escolas e ruas dos USA, ven ser algo moi diferente?
Acabas sendo un zombi capitalista, por moito que fixeras (ou más si cabe) os últimos anos da tua preparación "educativa" (domesticadora a tope, nos antros preparadores do poder establecido USA : Yale, Harvard, Stanford ou MIT)
A deriva mental que conleva este tipo de domesticación, no se pode dicir que sexa moi humana. Aparte de ser moi lucrativo para a raza de psicoanalistas que pululan polos USA, pódemonos facer esta pregunta : que ten de homo sapiens esas características básicas do usamericano medio, tanto corporal como mentalmente?
Y non resulta moito mellor, a comparación deste lavado pacífico, coa estancia en territorio vietnamita. Si collemos como referentes as pandas violentas dos barrios periféricos USA. O, o que xa resulta moito máis grave, as chamadas maras centroamericanas. Esa especie de organización mafiosa, tan terrorista como poden ser os grupos islamistas, que poñen bombas alí onde lle sae do cú.
Porque non esquezamos que, o inxerto dun adn social capitalista usamericano (hai outros capitalismos), non se reparte só polo territorio UA.



Ningún comentario:
Publicar un comentario