xoves, 13 de xullo de 2023

E se seguimos no sumidoiro vietnamita?

 

Pero non se necesita estar nunha guerra "bélica" (de "verdade"), para ser un asasino...

Na película El cazador, podemos observar como funciona un adn social negativo, inxertado nunha guerra tan destroza cerebros, como foi a do Vietnam (anos 70).

Os que volvían ao seu país, eran tratados con desprecio dobre : como tolos, que se "deixaron ir", primeiro á guerra e logo "dentro dela" e, ademais, como tolos, que son incapaces de "integrarse de novo na sociedade civil". Tolos ao cadrado!

Todo elo, como decimos, dobremente despreciados : como soldados e como seres humanos. Foron simple carne de cañón para unha sociedade ,que os debería acoller e non lles declarar piltrafas humanas. En certo xeito lles están berrando, que deberían ter morto no campo de batalla.

Porque a sociedadae USA, neses tempos, se especializou en ser receptora de ataúdes. Coa bandeira nacional por riba, o himno e unha salva de disparos ao ar. Iso era o celebrable. Ter que recibir moitos corpos mutilados, e as mentes de casi todos, iso era un auténtico fracaso social. Non se podía permitir.

Sobre todo, non o podían permitir, os que se poideron salvar de "ir a Vietnam". Fose polo motivo que fose.


Os humanos cazan para matar (por ADN)...

Así que si. Somos cazadores por ADN. Sempre que, como bos animais, teñamos que comer e só cacemos o neecsario. Pero cazar por placer, mesmo exterminado unha especie animal (como os bisontes), non ven marcado no noso ADN. 

Ese vicio de matar cazamndo, mesmo seres humanos, é un inxerto comunitario por vía do adn social. Y totalmente negativo, xa que fomenta un instinto agresivo animal, que xa non pertenece ao acervo cultural (xa por xenética) do ser humano. E menos si pretende ser unha versión normal de homo sapiens.


Pero matan por placer (por adn social negativo)...

E por iso asociarse para matar por placer, ven ser unha idiosincracia típica da socialización animal. Dese aspecto de "ser manada", que xa non debe ter a especie humana, pero que normalmente a sociedade adulta dominante prefire manter vixente.

Velaí outro motivo, polo que as crías humanas necesitan desenvolver a súa capacidade para rexenerar a SAD. Só elas poden variar este tipo de comportamento tan de animal irracional.

E por iso, se hai unha guerra, con máis motivo, se necesita regenerar este tipo de comportamentos instintivos. Porque as guerras necesitan dun instinto primario moi desenvolvido. Nos fai máis competitivos e sanguinarios. Nada que ver co fomento dunha intelixencia racional e emocional.

Porque o feito de se deixar controlar polas emocións, non deixa de ser algo puramente instintivo. Non ten nada que ver co desenvolvemento dunha intelixencia emocional, xa que esta debe estar en equilibrio coa intelixencia racional. Non confundamos instinto animal con emocións humanas.

Matar ao violador da nosa filla é totalmente de animal irracional. Pero o podemos entender, dado o contexto tan emocional do momento. Pero ser o violador ou matar mulleres e nenos, nunah aldea vietnamita, non ten nada de "instinto por castigar a un violador". Responde únicamente a un adn social negativo, que prima o instinto irracioanl por riba de calquera intervención racional sobre as nosas emocións.

Iso e as drogas engadidas, son o que alimenta o instinto destructor dun soldado. Nin máis nin menos.


e mesmo poden xogar a matarse!!!

E isa desesperación ven ser a que explica perfectamente, que un soldado desquiciado se poida xogar a súa vida nunha ruleta rusa.

E dá igual que sexa no corazón da selva natural, aínda que as armas a fagan moi artificial, ou sexa no corazón da selva urbana, onde o adn social negativo urbano nos convirte en animais totalmente irracionais. Capaces de violar e matar a outros seres humanos. Ou rematar coa vida propia, sen ter un só remordemento de conciencia. Simplemente porque xa non temos conciencia.

Como bos animais, só podemos estar preparados para se defender, ou cazar o neecasrio. Co adn social negativo inxertado, podemos cazar sen freo, matar humanos, mesmo un familiar (por exemplo, drogados)... e mesmo, coa "lóxica" da total desesperación, levar a cabo a nosa propia morte.

Porque, que lamento pode haber cando temos claro que xa non somos seres humanos vivos, senón putos zombies destrozando todo o que atopan no seu camiño.

Os zombis non son "eles", os da TV, os zombis somos "nós", os seres humanos normales!

E logo din que é un problema convivir con IAs.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...