Porque descubrir a natureza supón un considerable esforzo...
Sempre temos que lembrar a gran importancia de distinguir entre mirar e ver. Se mira cos ollos, ben abertos, pero se ve co cerebro (a imaxe ten que aparecer no seu interior).
E mesmo non chega con ver ben algo, porque se o queremos observar (deixar a imaxe ben fixa na memoria), para así chegar a o coñecer en parte, se necesita ver con moita atención. Así que observar é ver con atención unha porción de materia inerte ou viva, é d ecir, iso que chamamos realidade (analóxica).
Pero, ademais de atención, se necesita repetición.
Hai que ver o que queremos observar varias veces. En diferentes momentos e desde diferentes lugares. Só así podémoslle chamar observación.
E ,ao mesmo tempo, estamos practicando unha visión con diferentes perspectivas. Algo moi necesario para poder traballar cun tipo de pensar, ao que podemos chamar "pensar críticamente". Ou, doutro xeito, producir un tipo de pensamento que ven ser o pensamento crítico. Algo fundamental, cando cheguemos a reflexionar sobre a relación do ser humano coa natureza.
![]() |
| Algo pode ser en potencia... |
Porque se observamos (sic), por exemplo, a imaxe, que mostra unha fase da metamorfose dunha bolboreta, non vemos nada que nos fale de vida. Salvo polo feito de que a vida ten moito máis colorido que a non vida.
Pero, que podemos saber do que hai dentro desa cápsula verde? Supoñendo que haxa algo.
![]() |
| Para se convertir en acto... |
E tanto que hai!
A marabillosa beleza dunha bolboreta monarca, que ten madurado abondo, como para mudar nunha preciosa bolboreta, a partir dunha eiruga, non precisamente preciosa. Ou non tanto.
E non ten que ver coa maxia, tal como a practican os seree humanos. Esta "maxia", totalmente natural, sen axuad de escuros espíritus, ven sendo simplemente o traballo de moitos millóns de anos, diso que chamamos Nai natureza. Aínda que non sepamos moi ben o que pode ser.
Ela soiña, o do toque diviño xa non o usamos a partir de agora, se fabricou esta marabilla, a partir dunha materia viva moi moi diferente. Non é maxia é o ADN!











