martes, 29 de agosto de 2023

A muller e a filosofía...

 

E será a muller un pensamento típicamente masculino?

Xa "llo dixemos" moitas veces ao gran Sócrates, por que tanto pensar na Beleza da Natuerza ou do Home (e da Muller, supoñemos), pero nunca se preguntou polo feito de que, esa mesma muller "Bela", estivera destinada a unha posición secundaria na pirámide social grega?

Cheira un pouco a que no fixo correctamente os seus deberes filosóficos. Pero xa é auga pasada, agora toca analizar como baixan as augas deste río, que podemos chamar "o machismo primixenio".

Por que seguen baixando a súas augas tan cheas de mentiras e maltrato, por exemplo, cara ese 50% tan importante da Humanidade (chamado Sector Feminino)?


A muller pensada polo home...

Será que realmente o Sócrates foi incapaz de pensar nunha muller realmente libre. Non podía iamxinar a una mullerer exactamenete igual, en dereitos debers, que un home? E de ahí baixan estes lodos machistas, en todo o discurrir filosófico desde entón?

Xa non chega que o chamado San Pablo, caído do seu cabalo, reduxera o platonismo a unha mestura de idealismo varios, para erixir a relixión do vaticanismo católico. Ademais, se preferiu derivar cara un aristotelismo viciado, por excesivamente racionalista (que non racional), deixando de lado as orientacións incabadas dun más emocional Sócrates.


A muller que pensa ser home...

E se o Sócrates non rematou o seu pensamento libertario sobre o concepto muller, como podemos nós valorar filosóficamente a súa idea de"ser muller", ma´si en pleno século XXI?

E, o peor, qué facemos coa nova idea queer, de que sexa a propia muller quen se pense a sí mesma como "varón"?

Xa "vimos" estes días, que científicamente resulta irrisorio, pero, acaso pode ter unha base filosófica menos mediocre?

Barbie (muller) sinte que está nun corpo equivocado e decide querer ser home. Que base filosófica pode usar, para manter en pé ese concepto de "novo home"? O que no Novo Evanxeo Queer se denomina home TRANS.

Se o Sócrates tiña grandes problemas, para definir filóficamenete a unha muller, que poderán facer os afeccionados queer?

Pensar científicamente ou filosóficamente queda (segundo eles) para outros animais, que non teñen intelixencia racional nin emocional. Pero teñen un instinto tan avispado, como para non entrar a xogar coas cousas que permiten definir o sexo. E máis dada a importancia extrema que a reproducción sexual ten para a chamada natureza (sexa o que eso sexa).

Seguro que os machos alfa non se preocupan de si están en corpo equivocado ou non. E iso que o seu instinto de supervivencia debe ser moito máis intenso que calquera sentimento humano, por moi profundo que sexa. 

E pode que, por iso precisamente, terían menos dicicultades para sobrevir como especie. Se non fose polo acoso do ser humano actual, tan mediocre versión de homo sapiens.



E a muller que quere pensar en si mesma!!

Porqie ,afin d econtas, e mentras non avancen os acambios evolutivos nun sentido de acalarar este tipode asuntos : que tipod efiloosfía pode buscara unah muller (naciad hembra) ma´siq ue a seguriaddaea de wque o contexto da muller non retrocede. E, osbre tood, avanza, sobre un terereno non demasiado paantanoso.

porque o probelam d etodos oss profestas, e do seu Evanxeo coa terraa prometida, é que foron ata hoxe unha sserie d ecomecocos reais (non só so hai virtuais), msotarndo un xogo virtual, no que as probabailidadae son ma´ximas en todods os finais de detroce feminino.

mentaras non se demsostre aexisetncia das Amazonas, e, como non, que foar unaha sociedadaea realmeneet libre... aque xogo qureemso xogar?

Sexamos serios (e serias e series)... aínda estamos entrando (século XXI) na adolescencia do proceso evolutivo do ser humano, desde un punto de vista histórico. Aínda nos está costando moito sair da Infancia da Humanidade. E veremos se somos capaces de sair dela!

sábado, 26 de agosto de 2023

A muller e a sociedade...

 

Algo dixemos da muller como problema social...

Un falso problema, por outro lado, xa que pode estar creado polo machismo universal. É máis, podémonos preguntar socráticamente, se haberá machismo no resto do universo, ou xa non haberá problemas sexuais?

E, como non, tamén podemos facer de Sócrates cunha pregunta que el nunca se fixo, cando observaba a escravitude ao seu arredor, durante un día si e outro tamén.

E, se hai machismo no planeta, porque naceu ese machismo? Porque, igual que pasa coa escravitude, hai que ser moi pouco filósofo, para considerar que ese machismo sexa algo natural. Que teñamos todo ser humano un xen, onde ven marcada esa capacidade innata para ser machista.

Nin sequera hai que ser tan ignorante en Ciencias, como era o Sócrates, para non se facer ese tipo de preguntas.

Porque son preguntas que podemos chamar "de sentido común". Pero pode que iso non fora algo que existira realmente no cerebro dos grandes filósofos gregos. Seguro que os filósofos que aplicaban o sentido común, caso de os haber, non eran abondo académicos para a élite filosófica ateniense, non si?



Un adn social negativo...

Neste 2023 triunfa Barbie. A moneca creada precisamente como a quintaesencia da muller que desexamos todos. Polo menos, todos os que recibimos a ración correspondente de adn social negativo, inxertado a través do mundo cinematográfico USA. 

Hollywood e a súa máquina de montar historias na mente dos adolescentes, coa condición de que foran o máis aproximadas ás historias que se montaban os chicos USA. Sobre todo os chicos de ambientes non moi pobres, xa que os máis pobres usamericanos sempre foron considerados carne de cañón. Eles non servían como exemplo, xa que non merecen asistir ás clases de filósofos e economistas en Yale ou  Harvard. Eles nin valen para exemplificar o famoso Self Made Man.

Porque as grandes universities eran e son os cocederos do adn social negativo de calidade. Especialmente deseñado para futuros abogados, políticos e empresarios. Os que van controlar os fios do poder establecido na sociedade dominante USA.

E, por suposto, será sempre cousa de adultos.


inxertado en épocas muy bélicas...


Asi foi aproveitada a época da guerra mundial, para favorecer unha imaxe da muller, que combinara traballar facendo armas e servindo, ao mesmo tempo, de "ameno disfrute" da tropa, cando estivera de permiso. 

Iso sí, tratabase de facer ver que a muller USA era a máia axeitada para usar como esposa. Dado que estaba ben preparada, para exercer como ramera, paralegal ou legal.



y a través da industria "do cine"!!

Era a erótica do poder. Non era que se delegara auténtico poder nos habitantes do planeta, só se lles facía crer que podía gozar dunhas posibilidadee eróticas. Que, lóxicamente, non estarían ao seu alcance, máis que en contadas ocasións, e para moi contados individuos. Era unha erótica imposta socialmente, que logo iría derivando poos derroteiros da pornografía, a prostitución masiva e outros varios camiños de alienación social.

A mesma libertade, que se lle parecía conceder á ama de casa USA era totalmente ficticia.

E por iso, ademais da Pin Up, nacía o concepto do ser humano VIP. Era alguén que tería a posibilidade real, por moi pouco tempo, de gozar do privilexio social de ter un nivel de poder dun auténtico poderoso.

En certo xeito viña ser unha variante del "Self Made Man". Banderín de enganche civil, que usaba a SAD USA (e logo a mundial), para atraer aos novos mandos civís, tanto desde unha aula universitaria, como desde unha banda xuvenil en barrio baixo urbano, por moi conflictivo que fose.

En resumo, a muller como obxecto sexual, a poseer por unha módica suma. Ou, en casos extremos, pola venta da propia conciencia, tal que un moderno Fausto.

E, para iso, se necesitaba un adn social moi potente, xa que debía crear ao memso tempo, adictos masculinos, para pelexar pola muller obxecto... e, como non, adictas femininas, para ocupar o corpo esas mulleres obxecto. A mente da muller obxecto, Pin Up ou ama de casa tradicional, non necesitaba ocupación de ningún tipo, salvo algunhas nocións básicas de "saber estar en sociedade"



martes, 22 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (e VI)


E meténdose algo máis adentro (do corpo humano), que pode pasar?

Que os profes de Ciencias Naturais xa non podemos ensinar o que ata hai anos ensinabamos. Xa que o ADN pasa a ser algo meramente secundario, para definir o que debe ser un ser humano. Dito irónicamente.

Xa non no tocante a cor de pelo, de ollos, número de dedos... mesmo se se ten útero ou non... todo vai quedar decidido pola vontade do ser humano, aínda que teña todas esas características, sexan masculinas, femininas ou neutras (ata hoxe).

Din os evanxélicos queer, que depende de "como se sinta" : home ou muller. Para nada vainod etereminar aexistencia dese aparato repoductor masculino ou feminino. 

Todo dependerá de como, este ser humano, se acomode no corpo que o ADN lle foi deseñando. Unha vez nacido (suponse que antes non), xa pode decidir si lle vai gustando o seu corpo de muller ou de home. Din eles, e parece que sin dúbida algunha.

E xa deixamos de lado o problema dos hermafroditas humanos, que se supón teñen menos dereitos que aqueles humanos, aos que o Evanxeo Queer considera como merecedores do cambio de sexo.


O ADN valerá para algo?

Ter útero, ovarios, clitoris deixa de ser determinante, para dicir o sexo dun ser huamnao recén nacido.E xa no hai que se meter en características psicolóxicas, que a natureza lle deixou marcadas á portadora de cromosomas XX, para que poida exercer o mellor posible co su futuro papel de nai.

Ou será atmén esa marca natural no ADN,(ser nai) unha simple tatuaxe, que algún avispado "terf" (se dirá así?) meteu polo medio, do proceso de maduración, antes do nacemento? Ou nese meses iniciais na vida do bebé.

Porque, en que momento se inicia esa transición no cerebro do bebé, para se situar en corpo non apetecible? Será con dous meses, con catorce, con catro aniños... ou pode que, moitos se sintan disconformes co seu corpo, a partir dos sete anos. Cando a Igrexa católica decía que "nos viña o uso da razón" ás crías humanas. E por iso se facía a Primeira Comuñón, que certificaba o bautismo perpetrado cando se era recén nacido. Así de científica é a Igrexa Católica.


E o cromosoma Y será un conto chino?

E que nos dirá o Evanxeo Queer, sobre estas "menudencias" xenéticas? Quizás sexa unha parte da ciencia (a xenética), que non lles dá moito gusto tratar con ela. Demasiadas preguntas sen contestar, para todo evanxélico?

Porque se o corpo non te gusta con sete aniños, co teu cerebroaínda en fase de maduración inicial (fase infantil), que importancia ten a existencia do cromososma Y? Se supón que o ADN será abondo independente, como para permitir un desenvolvemento de caracterísiticas de femia, aínda non tendo esa conformación de XX. Para qué a necesitas? Pode que a natureza non sepa facer ben o seu traballo, por moito que tardase millóns de anos en seleccionar a mutación que deu no homo sapeins.

Se parece que abonda coa vontade do nene, que quere mudar de sexo, para que tanto esforzo?


Porque agora os XY serán mulleres, se "eles" queren!!

E, ademais deste tipo de aspectos científicos, habería que lle preguntar aos adultos que promocionan estas ideas, algo sobre o seu apoio a estas crías humanas que se ven na querencia de mudar de sexo. 

Habería que se preguntar, por exemplo, polo papel de pais e técnicos no comportamento dun ser humano, que quere iniciar unha transición sexual. Especialmente se se vai facer en base a engadir sustancias químicas, operacións quirúrxicas e, sobre todo, introdución/inxerto de pensamentos, que non son propios da cría humana, que eles din quere facer a transición. Unha cría con sete anos, aquí non falamos de adultos transicionais, que vai acabar con ese tipo de pensamentos no seu cerebro, como se realmente fosen seus. 

E iso non se chamou sempre, lisa e rasamente, lavado de cerebro?

Así que non loitemos por mudar esa SAD, que tanto maltrata aos seres humanos "diferentes". Sexa por caraceterísticas físicas ou por características psíquicas. Non tentemos modificar o sistema chamado educativo, auténtico sistema domesticador, para unha integración (non mera inclusión) natural e libre das cías humanas, que podemos considerar como diversas. Vai con ironía!

Sexa por ter algún tipo de característica autista, de orientación sexual ou de gustos por calquera actividade creativa, que a sociedade, aínda supoñendo que xa non sexa SAD, non quera integrar.

Precisamente, na liña do noso querido adn social, temos que defender esta consideración do cambio de sexo (en crías humanas!), como unha aberración, sempre que se faga antes de que o cerebro da cría humana, poida reflexionar sobre o positivo e o negativo do cambio de sexo tan ansiado.    

Dá igual ser XX ou ser XY, mentras o cerebro non está maduro para pensar (ademais de sentir), analizando con seriedade racional o posible cambio de sexo, que narices fan os adultos manipulando a unha cría humana, nese fodido trance?

Que sacan en limpio esos adultos? Por que resulta moi difícil pensar en que no sacan algo de proveito personal, con esta defensa acientífica do cambio de sexo. E xa volveremoso a falar deste cambio, cando metamos un cerebro xa adulto na ecuación do cambio:

Ti (o teu cerebro inmaduro) + Mamá (o seu cerebro maduro) + Psicólogo (o seu cerebro maduro = TRANS 

E supoñendo que os dous adultos que interveñen na ecuación, teñan realmente o seu cerebro maduro, porque hai moito adulto con cerebro inmaduro (é dicir, perdeu parte da súa adolescencia).

E digamos ademais que, esta ecuación, non é moi fácil de resolver. E que, ademais, pode non ter solución ou dar varias solucións, o que fai casi imposible escoller a correcta HUMANAMENTE.

venres, 18 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (V)...

 

E que tan complicado é o cerebro...

Non é o mesmo sentir un pinchazo, no brazo por exemplo (un simple rosal), que sentir algo, unha atracción forte, por outro ser vivo (amor, por exemplo, sexa o que "eso" sexa). E, neste caso, a intervención racional segue a ser casi inexistente. Ven sendo meramente reflexa, no primeiro caso, e pouco máis que emocional, no segundo.

Pero se te convén seguir pillando amoras, unha vez pinchado, ou continuar sendo amigo desa persona, unah vez que te dá cabazas non requiren, en principio, en canto  ao teu futuro, tomar grandes decisións racionais. 

O profundo amor, por exemplo, pouco vai necesitar a intervención da parte racional do cerebro. Pero se o vas dirixir, ese amor, cara un ser humano do propio sexo ou, xa non digamos, mudar o teu propio sexo, entón iso xa é outro cantar.

Deixar de ter conciencia feminina/masculina, para optar pola conciencia de sexo "contrario", iso sí que precisa un cerebro maduro. A ser posible, moi maduro. 


Posible frase dun feminino trans...

Calquera achegamento ao problema do cambio de sexo, non se pode facer nin por aproximación "a ver que pasa", nin por escasa reflexión, sobre o que supón científicamente e socialmente ese cambio.

Nada que facer antes de alcanzar un nivel de maduración cerebral determinado. Non se pode montar un edificio a base de xuntar mollos de palla, tal como fai un porco no conto dos"3 porquiños". E menos cando non hai edificio construido o por construir, que se poida comparar en complexidade a un corpo humano completo.

E, ademais, non se pode un sentir nun corpo errado, antes de ter unha boa idea do que é ese corpo que habitas. E, menos aínda, de saber o que é o novo corpo que queres habitar.

Demasiadas variables, para atopar unha solución facilona deste tipo de ecuación diferencial. Porque  non se trata de traballar co simpel algoritmo dunha ecuación de segundo grado. E aínda esa xa presenta a dificultade de ter duas solucións. Sendo posible que unha delas, non sexa unha solución real.


posible diálogo entre feminino e feminino trans...

E falamos de ecuación diferencial, pero, esta que tratamos agora, resulta aínda moito máis difícil de resolver. Porque a interrelación entre as diversas variables da ecuación, fai que nunca será fácil escoller unha, como variabel principal, para solucionar a ecuación. Porque, unha vez fixada unha variable, automáticamente implica que varien instantáneamente varias das outras variables. Porque non é matemáticas, é VIDA!

Para nos "entender", podemos dicir que estamos resolvendo unha "ecuación viva". A "x" no é un simple número (enteiro, real, complexo...) que buscamos. Esa "x" ven sendo unha situación máis ou menos negativa, para o ser humano que a recibe. Ven ser algo moi parecido ao intercambio xenético que se produce no ADN : non pode haber cambios aillados, todo cambio presupón un posible cambio adxacente.

Neste caso que tratamos, que obteñamos en principio a solución trans, non impide que, co paso do tempo, notemos que tal solución non era realmente viable. Ven sendo como se, ao final do proceso,  tiveramos unha especie de aborto, en vez do esperado bebé.


posible implicación doutros na decisión final!!


E todo, porque "sentirse muller", non é o mesmo que "ter conciencia" dese sentimento. Sentir é un primeiro paso, simple función de relación, co sistema nervioso al ralentí. Ter conciencia de algo, ven ser o poso dese sentimento ao pasar polo cerebro, unha vez que lle dimos voltas e voltas, coa nosa inteligencia emocional. E, sobre todo, habendo pasado de cando en vez, pola parte racional da nosa intelixencia.

Pero esa parte racional da que falamos, non estará nunca madura se non entramos na pubertade. Quedan varios anos de adolescencia, para que poidamos estar algo seguros de que vivimos unha adolescencia. Porque, non debemos esquecer, que vivir a adolescencia é só unha posibilidade. Tan seguro é que a viviremos, como que a podemos perder se non temos coidado (moito), nese proceso de vivencia.

E que unha vez vivida a nosa adolescencia é cando podemos visualizar internamente, como é o noso corpo, como é o corpo alleo, e, polo tanto, empezar a sentinos ben ou mal, en función desas miradas internas (e propias, non alleas!).

Porque, en caso contrario, xa podemos estar dando algún psao que outro, camiño de perder precisamente esa adolescencia que acabamos de empezar.



martes, 15 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (IV)...

 

E contaremos moitas mentiras, os profes de Ciencias Naturais na clase?

Pero chegamos ao centro da cuestión, na hora de pensar o que somos...

Porque se nos definimos sexualmente por los aparatos reproductores que temo dentro do noso corpo, todo parece estar ben claro. Pero se temos en conta o sentimento, aínda que non estae moi claro que eso precisamente, entón as cousas xa non están tan claras.

E falamos do que "sentimos", non do que somos ou quixeramos ser. Así que a cousa se complica. Dun xeito artificial (con perspectiva social, máis que científica)  pero se complica. E moito.

Así que imo establecer un paralelismo coa toma de decisións que se dan nun ordenados, en función de que a memoria decisoria sexa a RAM ou sexa a ROM. Algo que podemos comparar (flexivamente) con tomar decisións a nivel de inteligencia emocional ou inteligencia racional.

Se temos en conta que as emocións non controladas polo raciocinio, son os que chamamos "sentiemntos" (a súa afloración), que poden ser moi profundos, pero tamén son volátiles (de memoria REM). Porque a sáu fixación na memoria ROM vai depender de que a intelixencia racional os poida controlar, de xeito que se inscriban dunha forma lóxica e sen causar perxuicios "durmintes".

Porque iso que se fai, cando os excesos emocionais se introducen na memoria ROM, sen control racional, ven sendo cando estamos metendo dentro de nós determinados traumas, que van ir aflorando como taras ao longo do que nos queda de vida. A fin de contas son marcas casi xenéticas, que quedan gravadas a lume na nosa memoria, aínda que sexa nun nivel  inconsciente. Actuarán como parte esencial do adn social negativo que nos "acabamos" de inxertar.


Un cerebro para controlar "todo"...

A diferencia dos aparatos reproductores, esta unidade central que controla a función de relación (sistema nervioso), poucas diferencias presenta entre un corpo masculino e un corpo feminino.

Aínda que, como as meigas galegas, habelas hainas (algunhas diferencias secundarias). E outra cousa é que, do cerebro humano, sepamos tan pouco, que podemeso ben dicir que aínda non sabemos ren. Casi tan pouco como do que pode fundamentar un amor de por vida, entre dous seres humanos. Ou saber a  razón de que a mecánica cuántica sexa tan difícil de entender, aínda que dea tan bos resultados experimentais.


todo o que pasa no noso corpo...


A cuestión é que, a diferencia da cuántica, o proceso de funcionamento é moi diferente entre os"electróns masculinos" e os "electróns femininos".

Ata a fase puberal notanse moi poucas diferencias, pero, a partir de aí, o estoupido da sexualidade se dispara dun xeito moi distinto: empeza antes nas femias, remata máis tarde nos machos. E, sobre todo, a relación entre madurez emocional e racional evoluciona moi diferente. Desbócase prácticamente no cerebro feminino. Mentras que no masculino segue un tempo aletargado.



incluida a sexualidade!!

Así que sí. A muller ª"por natureza". A nacida muller terá un proceso da pubertade moi diferente do que ten o home. E non só pola menstruación.

E agora non penso argumentar o motivo de que segue a ser primordial que unha muller nacida non se merece ningún apelido como CIS. Está perfectamente determinada, porque para algo ela é a que nace muller. O do "corpo errado" ou propoñer que alguén pode nacer muller tendo todo o sistema reproductor de home, é algo máis propio de mundos fantásticos que de mundos científicos. 

Outra cousa pode ser pensado ese proceso de cambio na etapa de adultos. Sempre como proceso.

E incluso pode ser discutible na adolescencia. Pero unha cría humana, recén nacida, é muller ou home segundo o tipo de sistema reproductor que posea ao nacer. O resto é elucubrar en modo astrológico, en vez de astronómico.

Polo de ahora quedaremos en que "sentirse mulle" non define para nada que un ser humano sexa realmente unha muller. Repito : nesta fase inicial de recén nacida. E así ata pasar a primeira fase de cría humana(infancia) e chegar á adolescencia. Onde pode emepzar "o debatible".

Básicamente porque a esta as alturas non se pode tomar conciencia. Nin sequera por aproximación, xa que a madurez cerebral non permite ter nin pensamentos racionais nin pensamentos emocionais. Un bebé sinte como sinte calquer animal (cos sentidos), pero non pode ter sentiementos nin de si nin de outros seres (vivos ou inertes). Aínda non. Non está na idade de se facer unha reflexión cartesiana, poñéndose a pensar como un adulto. Nin sequera un adolescente "avanzado". Aínda non pode saber que existe.

A toma de conciencia humana, os demais animais non a teñen, é algo máis que facer un cursiño rápido de calquera evanxeo máis ou menos profético.



sábado, 12 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (III)...


E que pasará "por dentro", aínda que no macho, o dentro e o fora, non queda ben delimitado.

Segundo a Biblia a muller e o home están feitos da mesma materia, barro. Pero debemos supoñer que Yahvé deulle unha forma anatómica diferente a Adán, primeiramente modelado, para logo mudar algo esencial ne Eva, feita a partir de Adán.

Imos supoñer queYahvé fixo iso, ou ben o fixo a natureza despois de sucesivas mutacións. Pero, unha vez que decidiu explorar polo camiño da reproducción sexual, desa parelll creada, quen son os evanxélicos queer para, dun simpel plumazo, borrar todo ese traballo feito? E ben feito, polo experimentado no tempo que leva existindo o ser humano, na súas diferentes versións evolutivas.

Por que xa non vale?


Aparatos reproductores masculino e feminino...

Ao macho deulle un aparato reproductor, que debía ser exterior, por motivos de adaptación dos espermatozoides á temperatura exterior. E iso axudaba a definilo precisamente como macho. Que pasou entón?

Ven sendo unah pregunta simple, tal como llas facemos ao bo do Sócrates. Non podía a natureza pensalo antes, sabendo que os espermatazoides non sobreviven coa temperatura corporal humana? Que sentido ten esa necesidade de "sacalos fora", cando iso se convirte  ademais, nunha fonte de dor para o macho que os leva colgando? Por que non mellorou o "sotfware" de mantenemento testicular a unha temperatura corporal, como fan os ovarios?

Pero, como pasa no caso socrático, haberá que se conformar pensando, que a natureza tiña outras prioridades.


Algo fundamental no a.r. masculino...

O que si está moi claro é que, unha vez deseñados os aparatos reproductores tal como foron deseñados, a nacesidade de erección era algo lóxico. Había que introducir a carga espermática nun orifico, de xeito que se levara ata o seu fondo. 

Así que se necesitaba tubo e chorro. Unha dobre axuda.

E a cousa é que, se "esto" o tiña Adán, por que resulta tan difícil entender que debe ser un elemento crucial, para distinguir a Adán de Eva? 

Menos mal que a Yahvé non se lle prantexou un Adán "con ganas de sentirse Eva", porque seguro que o mandaba a fritir puñetas... e a saber, ond estaría toda a súa posible descendencia?


Algo fundamental no a.r. feminino...

Porque se tanto se esforzou a natureza (ou Yahvé) en diferenciar os sexos, como agora resulta tan fácil, ser home ou muller, mediante un simple desexo e, como moito, diversas operacións quirúrxicas, transformarse en femia?

Desaparece a erección (mediante yoga), pero como desaparecen os sinais químicos (hormonas) que debe mandar o cerebro, para iniciar a pubertade, por exemplo?

Se o inxerto dun adn social leva o seu tempo e o seu esforzo, como é tan cómodo cambiar de sexo?

Pode ser que un macho, que non posee clítore nin a conexión entre aparto reproductor e cerebro,tal como si ten a femia, pode reaccionar como o faría unha femia? Con que tipo de ciencia estamoss xogando?

Tanta maxia pode facer o simple desexo (xa falaremos del, cando toquemos o cerebro)? Ou as sustancias químicas, son tan potentes? E mesmo, a ciruxía que te deixa ese aparato de macho feito unha obra de arte feminina, polo menos en apariencia externa, fará tales miragres?

Porque se a natureza esperou tanto, para facer unha conexión con xeito entre aparato reproductor e cerebro, a que pode quedar rdeucida unha excitación sexual, emitida polos novos órganos sexuais do macho/femia?

Pode chegar a funcionar un glande como un clítore? En pocos anos está superado o enorme traballo mutacional desa natureza, que non sabemos aínda o que é, pero que notamos(recibimos) todo o que ela produce. E se non ela, pois un Yahvé calaqueira.














 




mércores, 9 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia (II)...

 

Corren malos tempos para a definición de muller (femia humana).

E imos desentrañar un pouco máis este enorme lío (algo artificial, eso sí) de como chegamos a que a definición de muller, válida ata hoxe en día, xa non pode ser correcta (queeristas dixit).

En que se basea esta panda de garrulos intelectuais, para desprestixiar así o que foi definido no seu tempo, mediante observacións científicas abondo notables?

Será que a figura da muller xa non evoluciona tal com lle aprendimos ao noso alumnado?


A femia vai mudando dun determinado xeito...


A entrada na pubertade, xa non empeza cunha serie de mínimos cambios corporais, que, ano tras ano, se van facendo máis visbiles? Tal como amosa a imaxe.

Con ese punto de inflexión tan evidente, que supón ademais un estoupido interno de sustancias químicas, provocadoras dunha reformulación corporal externa moi evidente. 

E xa falaremos do cambio cerebral, deses 13-14 anos, pero agora nos fixamos na expresión externa, para calibrar ata que punto hai diferencias notables ou non, entre femia e macho (humanos).

O Novo Evanxeo Queer mantén que, nese momento, xa pode estar incubando esa rapaza un tipo de "infección", que poderíamos chamar algo así como "sentirse no acorde co sexo propio". 

E lle chamamos "infectar" a ese fenómeno, sin ánimo peiorativo, só como concepto científico. Ven sendo como se no seu cerebro, se lle incubara un certo tipo de virus. Porque externamente no hai cambio a macho, dun xeito natural

Para ese cambio inducido, hai que acudir a unha axuda médica e psicolóxica, que nos hormone química e "mentalmente". E decimos mentalmente, xa que (como veremos) é no cerebro onde máis debe incidir ese mecanismo de "infección". A fin de contas non deixa de ser unha variante concreta, do inxerto dun adn social. Con fortes repercusiones fisiolóxicas e que será negativo, para a cría humana, en función da cantidade de manipulación mental, que conleve ese proceso de transformación..



E o macho vai mudando doutro moi diferente...

E será igual co macho?

É dicir, tamén terá ese punto de inflexión (13-14 anos), para se desviar do proceso de cambio madurativo natural? O que tiña escrito no seu ADN.

Traerá xa de "fábrica" unha reescritura en forma de adn social (positivo ou negativo), que lle impele a "sentirse mal co seu corpo anatómico (e xenético)", polo que necesita imperiosamente un cambio de sexo/xénero? Ou serán os adultos que o rodean, unha especie de microsociedade adulta dominante, a que raelmente move os fíos desta posible, que non probable desviación matemática?

En que momento da nosa hsitoria vital individual, "o corpo decide" que non está a gusto tal como está antómicamente? Dice que precisa (ou quere) outra disposición, sea de macho,  de asexual ou a saber "de que".

Pero, antes desta pregunta (algo ilóxica científicamente), haberá que contar co que está "pensando" o noso cerebro. Único órgano capaz (na ciencia actual) de pensar e, polo tanto de tomar decisións, relativas ao corpo onde está sitaudo. 

E preguntarnos tamén, como estará vivindo unhas circunstancias, de cambio profundo y caóticas, ya de por sí (afloración dunha intensa sexualidade, ataa gora "dormida")? Que agora se lle complica tanto, con ese "desexo innato" (di o NEQ), de facerse do sexo contrario. Ou, quizás, de facerse asexual (por que non?).

Será capaz de encontrarse ne se dobre cambio de sexualidade? Ou, peor, nesa necesidade de borrar a sexualidade, que se quere espertar, alí no centro do noso cerebro.


Hai unha definición clara, para o concepto de femia/muller?

Máis adiante volveremos co problemos dese cerebro do que "quere mudar". Tan imprescindible cando nos interesa e, logo, tan despreciable, cando tamén nos intersa. Un cerebro de "quita e pon".

Agora unha pausiña para nos meter de novo co Sócrates.

El non pensou en preguntarse sobre a situación da muller (libre ou escrava), pero si que se preguntou, e moito, sobre o concepto de beleza. Realmente estaba moi preocupado pola Beleza, en termos absolutos. Como bo filósofo non lle iba demasiado baixar ao terreo do concreto. Soe estar algo pantanoso, e se move un por el con certas dificultades.

Na imaxe podemos ver a duas Venus de Milo. Belas como poucas e, polo que parece, mulleres a tope.

Eu, desde logo, non pensaría en elas como machos. Aínda escoitando ao Sócrates ou ao Platón, dando pé a unha posibilidade de tal feito.

E claro, que poden representar a dous machos. Dous homes trans. Ou a medias, por exemplo, a Venus da esquerda se quedou en femia, iso que agora os evangélicos queer queren chamar CIS. Mentras que a Venus da dereita sería, neste caso, unha Venus transformada. É dicir, que sería unha muller TRANS.

Como se fosen moléculas das que se estudian en Química Orgánica (tipo azúcares). A molécula Venus CIS e a molécula Venus TRANS.

O gran problema é que nas moléculas non hai anatomía diferenciadora que valga. A molécula CIS nin ten tetas nin vaxina. A súa diferencia radica en un mero cambio de posición dun apéndice atómico, situado en partes diferentes da molécula. Como se un CIS tivera desenvolta só a teta esquerda e o TRANS a teta dereita.

A diferencia estriba en que os corpos masculino e feminino teñen moitas máis diferencias. Pero pode que, para estes evanxélicos queer, esa diferencia non presenta dificultade alguna.

Pero aquí seguiremos...





domingo, 6 de agosto de 2023

A muller e a Ciencia...

 

Vivindo nun Mundo de Yupi...

Ata que apareceu o Novo Evanxeo Queer, os profes de Ciencia da Natureza, vivimos nunha especie de cápsula "fora da realidade". Tal como si estuveramos nun universos paralelo, ensinamos ao noso alumnado, que un macho humano se diferenciaba dunha femia humana, por ter varias características que os facían completamente diferentes (na súa sexualidade).

Pero estabamos errados. Ou, pode que estemos errados agora, se seguimos ensinando tamañas "mentiras". 

Porque realmente, din os evanxélicos do Queer, que xa non vale ese puntos de vista. Din que pertenecen a un pasado moi pasado. Quedaron obsoletos uns conceptos, que ata onte eran como verdades científicas irrefutables, casi parecían inamovibles. A ter en conta, que uso moito a ironía, nestas reflexións sobre sexo e xénero humano.

Repasemos un momento o que aprendían o meu alumnado. Máis ben digamos, o que eu tentaba que aprenderan. Porque non terían o problema de sentirse macho ou femia, pero sí tiñan grandes problemas para atender na clase e usar a materia gris do seu cerebr, cun mínimo de eficiencia.

Precisamente, xa que estamos aquí, onde falamos tanto do adn social aprendido, aproveitemos para denunciar que veñen de casa, xa cun adn social negativo que "tira para atrás".


E naceremos diferentes?


E claro, como seguir con esta idea que tiñamos sobre o embrión humano, cando o Evanxeo Queer  empeza a poñer en dúbida, mesmo a organización anatómica de tal etapa da cría humana. Ou, polo menos, estarán xa a punto de empezar a negar "a principal": que somos iguais, home e muller, antes de chegar a feto, pero que nos diferenciamos claramente pouco despois.

Ou, estareime adiantado? Porque non é fácil saber que postulados científicos usan este tipo de crentes.

Pero deixemos esta etapa de maduración orixinal do ser humano, tan difícil de estudar. Aínda que logo, como pasa coa chamada eduacación infantil, o único que se faga é manter ás crías humanas aparcadas en "modo garaxe". Cando resulta que debía ser a etapa educativa máis atendida de todas. Mesmo que a universitaria. 

Porque da educación infantil van depender toda as demás etapas educativas. Sobre todo, se se quere que non rematen por ser etapas meramente domesticadoras. Precisamente aquí facemos moito fincapé en evitar que as crías humanas perdan a súa adolescencia. Algo que ven ser o principio de domesticación global. Impedindo que exerzan a súa función rexenadora da SAD (sociedade adulta dominante).

Así que metámonos con esa etapa, de maduración posterior, casi tan complelxa, pero que se pode estudar moito mellor, xa que toda a súa manifestación externa (anatómica) se fai a simple vista.

E como tratan a pubertade estes evangélicos Queer?


E maduramos diferentes?


Na nosa científica ignorancia sempre tentamos facer ver, que era unha fase, dentro da adolescencia, de intensos cambios e profundas disonancias exteriores e interiores.

Máis difícil de estudar as interiores (cerebrais), pero con diversas manifestacións exteriores, que nos poden aproximar algo a esas diferencias tan grandes que se poden dar (debense dar), entre a pubertade masculina e a pubertade feminina.

"Lóxicamente", nada parecido a esa necesidad imperiosa de que un adolescente (ou mesmo preadolescente) decida autodefinirse como "de xénero masculino ou de xénero feminino". E o decimos en modo moi moi irónico.

Polo de agora nos centramos no cambio de xénero. Xa que lle chamar aparato reproductor feminino ao aparato, ata agora explicado na aula como masculino, xa nos parece excesivo. Mesmo cunha serie de copas, que nos proporcione unha borracheira capaz de nos impedir razonar.

Porque, claro, como explicar os cambios anatómicos na pubertade, sin deixar claro que hai dous sexos moi diferentes. Cun proceso totalmente divergente. Que, además, producirase, con máis ou menos "claridade", queiras ser"unha cousa ou a outra", salvo un ataque químico e psicolóxico en toda regra. E aquí entra a manipulación mental de crías humanas en proceso de cambio, ou a punto de entrar nel.

Porque, se se manipulan as crías humanas que non presenten problemas coa "identidade de xénero", por que estraña razón non se iban a manipular a estas crías humanas, que presentan síntomas de "incomodidade sexual". Sexa ao tipo de incomodidade que sexa.

A miña pregunta é : que porcentaxe de incomodidade en identidade pode supoñer a sexual, cando na pubertade o que se presenta é unha incomodidade global para se identificar como persona

A cría humana nin sabe que é (como exemplar de homo sapiens), para xa se preocupar do seu xénero? 

Non andarán os adultos, como sempre, mareándolle o cerebro máis da conta? Cómo se vai facer autónoma, nesas circunstancias de forte presión exterior, en algo, ademais, que cobra tanta importancia nesa fase madurativa?


Pero, tan diferentes somos?

E deixemos os cambios psicolóxicos, xa que é moito máis difícil de reflexionar sobre eles, para nos centrar nos anatómicos. Pois neles radica a posibilidade de que, se volvera a dar clase de Ciencias (estou xubilado), me tería que reacondicionar mentalmente (laavdo de cerebro). É dicir tería que modificar mi adn social positivo, neste aspecto aprendido por min, de explicar as diferencias entre machos e femias. Ou máis ben a súaa "non diferencias". 

Nesta nova perspectiva evanxélica de que nacemos máis iguas do que pensamos. Ou mellor dito, nacemos "diferentes", pero a asignación de sexo xa non se pode facer cos criterios científicos "de antes." 

Quedaron obsoletos e hai outros novos. Teremos o profesosardo que nos documentar no Novo Evanxeo Queer, para que, tal como pasa nas igrexas cristiáns e islámicas, só poidamos ensinar a nova verdade destes profetas modernos.

Como mínimo "curioso". E si, seguiremos!

xoves, 3 de agosto de 2023

Ser muller, un problema científico, filosófico y social...


Cando a Ciencia pasou a ser sustituida polo Novo Evanxeo Queer?

Fálase moito do movemento evanxélico, nos USA ou no Brasil, pero haberá que empezar a mirar con lupa ao novo movemento evanxélico, que eu chamo Movemento Queer.

O lobbismo que últimamnte se empezou a practicar co Movemento Gay, empeza a ser moi superado polo lobbismo Queer. Igual que pasou co Movemento Verde, se subiron ao carro deste tipo de movementos sociais que presumen de transformadores, unha serie de elementos humanos, que non teñen a democracia como unha característica básica no seu adn social.

Realmente pódese dicir que o seu adn social e unha mestura caótica de aspectos positivos e negativos, que empezan a oler abondo mal.

O caso da deriva megalomaníaca de ONGs como Greenpeace, son un símbolo da corrupción ideolóxica deste tipo de movementos.

E así...


Un ADN de femia humana...

O que sempre admiramos como unha muller, unha femia humana, segundo a definición científica, que pareceu correcta, nos inicios da clasificación dos seres vivos. 

Pero actualmenteestamso en momentos de refixar coñecementos sobre a anatomía humana, ou eso parece. 

Así que estamos sufrindo unha disolución de conceptos varios, todos eles pasados polo "non filtro" da ciencia. En certo xeito, volvemos aos tempos da Grecia Clásica, onde a metafísica ocupaba o lugar da "Física".

Eran os tempos nos que as preguntas socráticas versaban sobre a Xusticia e a beleza, en vez de preguntar(se) sobre a escravitude e o maltrato das crías humanas (abuso sexual  de adolescentes).



Otro ADN de femia humana...


Actualmente, confundindo claramente o concepto de ADN e o concepto de adn social, nos queren convencer de que, determinadas prácticas ou costumes dos seres humanos, poden pasar a ser definitorias do sexo dun ser humano. 

Ademais de facer un conglomerado moi diluido con aspectos que están relacionados con otro concepto , aínda peor para "definir" que el sexo (simplementt binómico), ao que chamaron xénero

Pero chegaron os lingüistas y la fastidiaron. Sin querer, porque non podían imaxinar que a diferenia sexual anatómica iba ser tan reñida nun futuro. Mesmo no seu entorrno psicolóxico. O feminino e o masculino, o singular e o plural, usados na gramática, son como atrancos para este debate actual sobre o "xénero sexual".



Y otro ADN de femia humana...

Así que, como pasou coas cores azul e rosa, o que ven sendo simple patrimonio do uso social, en relación ao sexo/género, se quere aproveitar para fomentar unha enorme e interesada confusión, sobre duas definicións perfectamente delimitadas, como son macho e femia (humanos ou non).

Delimitadas anatómicamente, en principio, xa que a nivel cerebral a cousa era moito máis complicada. Pero xa chegaremos a reflexionar sobre un tipo de contradicción, que se pode dar enrte a anatomía corporal e a producción cerebral de pensamentos propios. Porque será moi importante, para tentar un equilibrio entre definición obxectiva (externa) e subxectiva (interna), da esencia de "ser femia"(a finais do XXI).

O único que pode estar claro é que o uso social da vestimenta, por exemplo, resulta trivial na hora de definir sexos/xéneros.

Así, o coiro fíxose un símbolo falaz da característica dunha orientación sexual homerótica. Un gay tiña que vestir de coiro (e negro), como un xove rebelde tiña que vestir de Marlon Brando ou James Dean. 

En certo modo, funcionaba como o chamado toque afeminado (ou "pluma"). Ou como logo encheuse o barrio de punks, e demais familias "diverxentes". Agora se fala de "querer cambiar de sexo", casi como se un fora a unha tenda de roupa, para cambiar de traxe de chaqueta por un vestido estilo hipi.

Se toma o secundario polo pirncipal e se decide que toda discusión científica sobre o tema, ven sendo un ataque claro aos mandamentos que dicta o novo Evanxeo Queer.

Seguiremos...

Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...