xoves, 29 de xuño de 2023

E os cabalos tamén son domados... aínda que non o "queiran"!


Ser ou non ser, esa era a cuestión... que decía o Hamlet.

Agora que se leva moito a necesidade de autodefinirse como CIS, TRANS ou "simplemente" NO BINARIO, imos reflexionar sobre algo, que está moito maís claro no ADN, do que moitos coidan : ser capaces de enamorarse.

Se lle damos importancia a ese concepto de adn social negativo (ou positivo), que se vai inxertndo nunha cráia humana, onde queda esa capacidade para se autodefinir (ou que te definan os outros) como sexo masculino? Ou como sexo femenino? Ou como asexual? Ou como carallo se te ocurra a ti definirte.

Porque unha vez abandoado o territrio da ciencia, xa queda únicamente vagar polo territorio da imaxinación. Ou, moito peor, o territorio da crenza. Da fe!

E decimos que é peor, porque a imaxinación, en certo xeito te libera, sobre todo de estar atado cos pes moi pegados á terra. Pero escapar da ciencia e caer no territorio ae crenza, só te permite quere voar sen ter as necesarias ás. Ou nadar sen aletas. Mesmo te impide andar sen pés.


Un home quere ser cabalo...

Así que imos aproveitar a este homiño, que quere ser cabalo. Para ser máis precisos, quere ser da tribu dos peles vermellas usamericanso, que se autodenominan eles mesmos como "cabalos".

E se te va a "rir" deles, pensa por un momento que en moitas barriadas de grandes cidades as pandas de postadolescente se intitulan con nomes do máis apestoso e irracional.

Con este caso (Un home chamado cabalo)  nos achegamos ese tipo de ser humano, tan tan crente, que podía despositar a súa fe non só nos espíritus, senón tamén na multiplicidade de sexos, por exemplo. Aínda que logo, en esencia, a muller seguía sendo un puro obxecto sexual e de crianza dos fillos "do macho".

Porque, que problema pode ter un tipo de ser humano que non é científico, para facer o que lle pete co seu traballo mental? Pode haber algún tipo de límite matemático (virtual), para unha persona que non quere saber nada das matemáticas? 

E pode ter límites físicos. Porque normalmente non son tan tontos, como para se tirar desde unha gran altura, por moito que descoñezan a leia da gravidadde. Os nativos que coidan voar, por exemplo, tampouco son moi tidos en conta por este tipo de tribus, tan "crídas". Son simples casos a conservar, como diferentes.


cabalo grande, ande ou non ande...

Así que un humaano dispsostoa sufrir atarnsformación d emudarse n cabalo, non deixa de ser una caso concreto de uns er hauamano, que decide ir ma´si aló dos límites que, en principio, tiañ marcados polos eu ADN

Estyá dispsoto volunatraimenete a deixarse inxertar, enunca mellor dito o do "inxerto", un adns ocial (paar el psostivo), cravándose dosu aciros en pleno peito.


pero, sempre, cabalo enamorado!!

E pode que todo sexa unha mera cuestión de amor. Un exceso de afecto humano, dirixido a unha nativa, á que quere "facer para si". Esperemos que, como home branco, non sexa máis machisita que o nativo medio de esa tribu de "cabalos". Porque eles teñen unha maduración do seu ADN, como adn social postivo, que seguro os mantén máis neutros, na súa relación de poder sobre o ser humano feminino.

E agora, que se nos di que elas tamén eran cazadoras, sería bo saber o tipo de caza na que podían intervir. Aparte deste uso das artes amatorias, para cumplir coa función maternal que lle ten asinada a nai natureza. En principio de xeito xeralizado.


martes, 27 de xuño de 2023

E por que nos fascinarán tanto os lobos?


Ao mesmo tempo que nos asustan!

Será porque, no fondo, temos medo de que nos imitemos demasiado a eles?

Porque non nos gusta pensar neso da domesticación (humana), pero sempre tivemos claro que o ser humano está máis domesticado do que debería, sobre todo dada a súa capacidade xenética para madurar natural e libremente.

Entón, por que tanto medo?

Ou tamén podemos dicir, entón porque tanta xent non quere ser consciente do seu grado de domesticación? Por que, tanta xente se considera libre, aínda que, no seu día a día, pode notar que algo falla : que non é tanta a libertade que ten. 

Que lle prometen máis libertade da que pode disfrutar realmente. Se se compara cun corpo sólido, por exemplo, que ten 3 grados de libertade, o ser humano, como moito, dispón dun só. Non pode ir nada máis que "cara diante e cara atrás. Nunca "cara aos lados", e moito menos, "cara riba". 

Para usar esas dimensións necesita o permiso do poder establecido. Xa non falemos doutras posibles dimensións, por onde se desprazar. Canta xenet poderá dispoñer dunha vaixe no espazotempo (4ª dimensión?), cando iso sexa posible?

Por que?

Resulat terribel obseravr como en lobo reepresenta perefcatmeneet,a o ememso tempo,a esencia d aliberatade e da doemsticación. O que podemsos er, libres, eoq eu seremos, unah vez doemsticados. Oprimidos poal sociedade adulta dominante.


Hai un ADN en cada un de nós...

De pequeno lle tiña moito medo aos "indios". Os Peles Vermellas, os nativos usamericanosnon os nativso da India. 

E todo era porque a tremenda Lavadora de Cerebros, que sempre foi a industria do cine made Hollywood, nolos pintaba como malos. Máis ben, malísimos. Como Animais Salvaxes e Sanguinarios. E nada bo podía sair da súas cabezas. Había que os odiar, para que, a cambio, sentir amor polos "bos e xenerosos" militares. Isos que salvaban á nacente USA, para masacrar todo tipo de nativo, humano o bisonte, que eran os auténticos amos e señores daquel territorio a conquistar polos europeos colonizadores.

E así, regalarllo a eses corruptos colonos, que lles vendían armas e alcohol aos nativos. 

Eses eran os auténticos lobos USA. Tanto vestidos de civiles como vestidos de militares. E como non, os políticos de Washington  facendo o seu corrupto traballo, que é o que mellor saben facer en todo o planeta.

E sí, todo isto é tamén un inxerto claro de adan social negativo. Para que as crías humanas terrestres, "maduremos" aprendendo a odiar a todo aquel ser humano, que sexa algo diferente, todo aquel que non conte co beneplácito da sociedade adulta dominante.

Así que os lobos "están" para ser domesticados, nas casas huamanas e os lugares onde se usan para loitar con outros lobos.

E os "indios" nativos usaamericanos, os poñen a montar Casinos en Reservas de Merda, onde no se pode máis que malvivir. Ou, lóxicamente, aproveitando a corrupción que lle oferta o Home Branco. Como non!


e logo está o ecosistema onde nos van soltar...

Porque non só hai un inxerto do adn social negativo, que nos converte en peza oprimida da maquinaria social. O lavado de cerebro leva sempre consigo unha casi perfecta readaptación a un novo ecosistema, onde a natureza non ten nada que dicir, porque as normas as impón esa SAD, da que tantos piropos decimos aquí.

Por exemplo, na película que estamos citando (Bailando con lobos), exterminan unha poboación de bisontes, para que o pobo nativo, dependa totaemente da alimentación e da droga, mesmo do armamento, que lle proporcionan os colonos brancos.

Así que, no fondo, todos intuimos, que os verdadeiros lobos non son os que acompañan ao protagonista, na súa buscc dunha vida máis natural e libre. Os verdadeiros lobos (asilvestrados) son os colonos, que buscan o xenocidio da especie nativa dese territorio agora chamado USA.


para buscar unha adaptación que sexa propia (natural e libre)!!

Así que non mareemo a perdiz demasiado. O ADN desta xente, sexa un ex-miliatr ou unha nativa, será rescrito totalmente, para facer deles unhas marionetas do poder establecido.

E non abonda con ir ao cine, made in Hollywood, para sufrir un inxerto de adn social negativo.

O levamos decindo moito tempo : desde a cuna, ata o centro educativo. Pasando primeiro polos "amigos da rúa" e logo polos compañeiros de traballo, é un constante proceso de inxerto. Sen esquecer ese esencial momento de "formar unha familia tradicional".  

Intoxícannos, igual que nos contaminan a saúd. E seguimos crendo que todo ten un "aire natural". Porque se te pintan un "feroz indio", que quere saltar da pantalla do cine, paar te matar, que coño de reposta podes dar?

O ser humano, sobre todo macho, é un lobo para outro ser humano. Pero non de xeito natural, senón por un mecanismo de inducción (inxerto), que se chama adn social negativo. Así de "simple". E logo nos asusta a improbable abducción alieníxena, ou o control mental dunha IA, creada para colmo por unha IH.

Si, somos terriblemente mediocres, como versión actual de homo sapiens.


domingo, 25 de xuño de 2023

Existirá a adaptación e readaptación "sucesivas"?

 

E que poden dar de si os experimentos humanos?

Podémosnos preguntar : Pode suceder unha desdomesticación a todo proceso de domesticación? Estará nesa posibilidade o camiño para pensar, que o ser humano pode chegar a ser algún día realmente libre?

Porque está moi ben pensar neste tipo de universos virtuais que, como o desta Cicely ou os máis típicos do Walt Disney, mostrar universos irreales de aventura e amores casi imposibles. Donde incluso unha Bela e unha Besta, poden ter unha gran historia de amor. Ou unha nativa usamericana e un colono británico, como ven ser o caso da Pocahontas.

Imposibles no mundo real, porque este nunca será o que nos amosan nesas películas tan "de Hollywood".

O mundo real está mediatizado por unha versión mediocre de homo sapiens, que, polo de agora, non fixo moito para dar os pasos necesarios, no proceso da evolución natural e libre da especie humana.

Máis ben fixo todo o contrario.


Un ADN libre, tal como o xenera a natureza...

Así que volvemos ao noso Cicely, pero, neste caso, ao real. No ao da serie de TV. Situémonos nun  bosque real, onde o lobo é señor e amo. Mentras lle deixe, algún que outro posible depredador, que lle invada on seu ecosistema natural.

E ahí teremos a un ser vivo, co seu ADN a tope. Natural e libre. Facendo de macho alfa, de lobo obediente, ou de femia disposta a ser a que trae a este mundo ás novas promocións de lobatos. Y, como non, temos a esas crías de loba, que deben aprender moito. Necesitan saber moitas  cousas, que lle permitan adaptarse ao ecosistema onde lles vai tocar vivir.

Dito coa linguaxe que empezamos a usar por estes lares : teñen que se deixar inxertar un adn social animal, totalmente instintivo e positivo. Para que a semente escrita no seu ADN, os mude en auténticos lobos adultos. Lobos e lobas. Xefes de manada ou simples "soldados". O que "lles toque" xenéticamente.


Un ADN reconvertido en adn domesticado...

Pero sempre será, o seu destino xenético natural, algo que supoña vivir en libertade. Non vivir domesticado polo ser humano. O seu fodido e antinatural domesticador. 

Porque, como se verá ao longo da historia humana, o adestramento do lobo será un suplicio para a súa especie, unha vez domesticada. Mesmo para os que aínda queden libres, por esa obsesión enfermiza do ser humano en non recoñecer os grandes erros que pode ser capaz de cometer. Especialmente na súa relación coa natureza. E neste caso concreto o cruce tan irracional de cans domésticos. O que ten levado a criar razas totalmente irercuperables como aniamis de uso doméstico. Só valen para loitas de cans e acabar como cans asilvestrados, en modo salvaxe incontrolable, unha vez que consiguen ser liberados. 

E así, con este caso podemos reflexioanr sobre un feito claro de desdomesticación, que no caso da readaptación human tipo Dr. Fleishman no nos permitía facer.

Porque unha boa pregunta podería ser, que lle pasaría ao Dr. Fleishman se, unha vez que se afai á vida pacífica e campestre de Cicely, as súas circunstancias vitais o devolven ao peor ecosistema posible de NY? Sería o mesmo doctor, bonachón e pacífico, ou se convertiría nun Don Nadie, quen, unha vez enfadado, esatría disposto a ser máis bruto que os típicos brutos do barrio onde lle tocara vivir?


Un adn domesticado reconvertido en adn salvaxe!!!

Porque no noso ADN están moi ben marcadas as fronteiras, apar no seguir sendo un puro e instintivo animal irracional. Eses límites xenéticos humanos nos dan a capacidade de racionaliza, sen esquecer a de nos emocionar, para que sexa máis fácil atopar un equilibrio que evite o noso descontrol mental.

Iso que  precisamente, pretenderá romper o inxerto dun adn social negativo, para poder manter o control do noso comportamento social.

Así que nos preguntaremos, que tipo de ser humano iba ser ese, que foi readaptado no territorio de Alaska, cando se ve obrigado a comportarse como "un can" reurbanizado en NY, para se defender no novo e violento ecosistema de NY?. Seguirá sendo pacífico, o se desatará o peor de animal instintivo que estaba agochado aínda dentro? 

Ven acostumado, por exemplo, a que a comida non é un problema. Sempre había alguén para lla dar. Pero agora terá que pelexar por ela. E se para iso necesiat matar matará, xa que o posible equilibrio "ecolóxico" alcanzado en Cicely, xa non lle vale paar nada en NY City. Cando ademais a ley da selva novaiorquina é moito máis salvaxe e traicioneira que os bosques de Alaska. 

De feito se temos en conta a adoración do humano novaiorquino polas razas de cans máis brutais, temos unha idea clara do que esperan dun can asilvestrado. O caso do Cairo Branco do Jack London é outro bo exemplo de como a interacción entre domesticación e desdomesticación, sempre se librará con máis perxuicio para o can/humano readaptado. Cando se ve obrigado a sufrir un proceso de volta a unha selva urbana. 

Así como o can asilvestrado, acostumado a vivir co humano, vese obrigado a volver a unha vida salvaxe, nun monte que xa non controla, como cando era un lobo natural e libre. 

venres, 23 de xuño de 2023

E como se (re)adaptan os nativos, aos cambios dun determinado ecosistema?

Supoñendo que se queiran readaptar, a un adn social diferente...

... aunque iso non queira dicir que deba ser un adn social negativo. Hai moitos posibles adn sociais, para revestir (fructificar) o que ven escrito no ADN, e todos de tipo positivo. Cada ser humano se ten que ir adaptando (e readaptando) en constante evolución, ao que mellor "o vista".

Para iso hai que vivir nun ecosistema tipo Cicely, onde o revestimento (maduración) das marcas do teu ADN, se fagan dun xeito claramente natural e libre.

Pero coidado, porque na vida real non existen os Cicelys virtuais. Os ecosistema reais son moito máis traicioneiros, especialmente por estar controlados pola especie humana. Tan traicioneira de por sí. E traicioneira por imperativo social, non natural.


Un ADN nativo que non se quere readaptar...

E así podemos ver na serie, que os nativos de Alaska, son reacios a readaptarse seguindo as normas "civilizadoras" dos seres humanos blancos, que veñen do imperio USA. Xa conquistado bebendo da sangue dos nativos, que antes poboaban eses inmensos territorios do que podemos chamar Norteamérica.

Nada moi diferente das invasións, que os "civilizados" romanos facían, a sangue e lume, sobre os chamados por eles "bárbaros do Norte".

E, polo mesmo motivo que entón, sempre quedan os que se consideran irreductibles. Por exemplo os famosos galos, que tan ben representa o Asterix. Porque pensan (ou creen simplemente), que o novo sistema de poder non vai ser o mellor para eles. Serán tratados como escravos disidentes e, polo tanto, claramente dispensables.


El ADN que se iba readaptando paseniño...

Pero tamén temos nesta animosa serie aos nativos, que están dispostos a sufrir un procesos de readaptación ao novo ecosistema "civilizado", por eses novos e poderosos usamericanos pseudocivilizados.

Deixar que lles rouben a súaas riquezas naturais, como fixeron máis ao sur, pero tratando de conservar algo máis, do que puideron conservar os nativos usamericanos. 

Non perder ese equilibrio coa súa natural esencia humana, esa que foron perdendo pouco a pouco os nativos usamericanos. Que se tiveron que conformar con reservas, para sobrevivir malamente con honra ou introducirse no capitalismo salvaxe dos casinos.

Marilyn tentará sobrevivir adaptándose a un ecosistema alleo, onde o seu ADN xa non sirve. Pero evitando ser totalmente abducida, polo adn social negativo que lle pretendan inxertar, nesa nova modalidade de ecosistema social.


Y el ADN que tenía prisa por se readaptar!!!

E logo xa está o caso do mozo nativo. Ed, tentará readaptarse, para escoller a mellor vestimenta que lle deixe o poder establecido, pero tentando tamén manter un certo equilibrio, coa súa esencia máis natural. Pode que non sexa capaz de evitar o disfraz do típico Self Made Man USa, pero pode que conserve a súa capacidade xenética intacta, para aportar outra mirada diferente sobre a colonización de Alaska.

Porque agora tocaríaa salientar a importancia suprema dun concepto vital, para manter os pés sobre a terra de Alaska e non te deixar asoballar polo adn social negativo, que a SAD te vai tentar inxertar, ao longo da tua maduración como cría humana.

Trátase do equilibrio natural, un aspecto muy importante, y más tendo en conta este proceso vital, que leva a natureza de controlar unha serie de mutacións excesivamente complexas. Eso que chamamos en Ciencias Naturales evolución natural. 

Que haberá que se ir acostumando a pensar que o artificial tamén enrtar dentro dese proceso de evolución, xa que non deixa de ser unha aportación de alguén tan natural como é o ser humano.

E non debemos esquecer algo tamén moi importante, neste contexto de buscar constantemente como manter ese equilibrio co que chamamos natureza. 

Trátase de ir na busca do placer, sen romper o equilibrio natural, que nos pode deixar que o experimentemos. Porque pode ser que, na busca dun exceso de placer corporal, rematemos con impedir que logremos precisamente alcanzar un placer natural e libre. É dicir, un placer básicamente humano, realmente liberador e non castrante.

E reflexionamos agora sobre este aspecto, por considerar tamén esencial en todo proceso de readaptación, o feito de ter en conta este principio : a readaptación é inevitable, queiramos ou non, porque o  ecosistema está en constante evolución. Non se pode quedar ocupando o nicho dos dinosaurios, por exemplo, esperando a súa lóxica extinción. Y menos si se provoca ese fenómeno extintor, con medios artificiais, tal como está facendo o ser humano actual. Esta mediocre versión de homo sapiens, que estamos resultando ser (como non lle poñamos remedio).




mércores, 21 de xuño de 2023

Adaptarse non é fácil, pero se pode facer...

 

E hai moita variedade no proceso de adaptación...

Porque a primeiar adaptación ao ecosistema onde nacemos, máis ou menos natural, máis ou menos dirixida, sempre vai ter un proceso de readaptación moito máis forte. En función do que levara xa feita a adaptación natural, en relación á maduración do ADN. Ven sendo o que aquí chamamos inxerto progresivo dun adn social negativo. 

Que ven a sustituir ao adn social positivo, que a maduración natural e libre tentaba inxertar. Porque o feito de inxertar non cambia, só é a forma de operar, o diferente é o contido socioxenético (xen social) que se está a inxertar. En vea de ler o que trae marcado o ADN, se vai ler ese marcado artificial que se nos está facendo socialmente.

A partir do noso ADN imos madurando as nosas capacidades xenéticas, para facer un mundo mellor do que nos atopamos. Porque sempre se pode mellorar... non chegaremos nunca ao límite, para iso é un límite, pero nos podemos achegar cada vez máis a el. Iso é avanzar.

Esa maduración do noso propio ADN, é o que aquí chamamos inxerto dun adn social positivo. Ese que, como tanto repetimos, debe levar como capacidade imprescindible a de rexenerar o ecosistema. No caso dos humanos, o ecosistema non é outro que a sociedade adulta dominante. Xa qu ela é a que controla os posibles cambios, a ben ou a mal, dentro do ecosistema dominado. E non quere as inxerencias propias dos adolescentes rexeneradores.


Como se readapta unha, que acaba sendo pilota de avioneta...

E así traemos hoxe, a tres exemplares de readaptación made in Cicely. Eles tamén tiveron que readaptarse a Cicely, despois de pasar un tempo nun ecosistema totalmente diferente. Como se readaptan a esa nova situación vital?

Pode ser fácil ou casi imposible? 

Y que os diferencia dun doctor, urbanita a tope, que entra no novo ecosistema con poucas ganas de readaptase en su "personalidade típicamente novaiorquina"? Se ata xogaba ao golf con paixón.

Maggie decide adaptarse de novo, deixando que a sociedade adulta dominante en Cicely lle vaia rescribindo sobre algúns aspectos do seu ADN anterior. Aqueles que lle podían ser (como ao doctor) un freno total para esa rescritura, en este caso positiva. Ata se ten que desfacer do fantasma, de que remaat "matando" a todas as súaas parellas afectivas.


E unha, que iba para Miss e se perdeu "como camareira"...

E que dicir dunha camareira atípica? Que foi Miss nun concurso na capital de Alaska (ou iso me parece lembrar).

Que foi traida  como un auténtico trofeo, polo que quería ser astronauta e mudou no poderoso terratenente da comarca. Miles e miles de hectáreas son súas, supoñemos que na típica compra/roubo aos nativos "incivilizados".


Ou un que quería ser astronauta e se fixo co poder!!

Porque así é a SAD (sociedade adulta dominante), aínda que neste caso a forme un só individuo (cos seus cans de presa adxuntos, ben pegados por ben pagados, pero que na serie non teñen importancia vista).

E aquí se pode ver un detalle moi importante, porque no todos os poderosos fan abuso do seu poder co mesmo estilo de comportamento.

Este tenta facer todo en función do benestar do pobo, que habita ese lugar perdido, no inmenso territorio alasqueño. Pero, quen sendo abondo poderoso, non di facer o mesmo. Outra cousa son os seus actos, a dura realidade social .dese ecosistema qu el controla. 

O comportamento dun macho alfa, dominante, variará moito en función da cantidade de poder que pode poñer en actuación, no mesmo instante en que a necesite. O poder tamén ten unha loxística precisa, para que sexa eficiente.

Ven ser como un "capital de poder". Como a Forza que tiñan os Jedis (e os Siths) en SW. E o usa a súa conveniencia, como tamén facían nesa saga cinematográfica.

Así que se pode inxertar un estilo de adn social ou outro (positivo/negarivo), dentro destas duas grandes clases, teremos unha variedade enorme de tipoloxía, desde un extremo ao outro. Cando lle quita a radio a Chris, por exemplo, é por un malentendido, xa que todos pensamos que era por ser un facha e resulta que era polo contrario. 

Unha boa proba de que as apariencias engañan e de que necesitamos filtros mentais propios,  para analizar con xeito todos os datos que nos entran no cerebro. Rebaixar o nivel de erro todo o posible.

Porque el mesmo, malinterpretara ao Chris. O cal tampouco era tan difícil, xa que lle gusta adobar as súas reflexións cun toque demasiado filosófico. Nada raro, por outra banda, se temos en conta que estamos en Cicely! 

Pero ao que iba para astronauta, tamén lle faltaban filtros mentais propios, xa que a súa cultura non superaba as viaxes espaciais e os grandes negocios con terras e madeiras. O que si tiña era certa flexibilidade mental, non moi abondosa no mundo empresarial.

Pero, como antes dixemos, estamos en Cicely... non é difícil conseguir un equilibrio social, xa que nin tacos se din!


luns, 19 de xuño de 2023

Adaptarse en Alaska, por exemplo, como pode ser?

 

Pero non é o mar o peor sitio para vivir...

Usamos onte unhas orcas, para reflexionar sobre o comportamento tan pouco evolucionista do ser humano.

Que tal se imos ata un lugar de Alaska, onde analizar o comportamento de varios habitantes, e así sacar algunha conclusión do tipo que soemos sacar aquí, sobre o comportamento global do ser humano. Que relación pode gardar o feito de vivir en Alaska e o adn social negativo, que os seus habitantes teñan, a partir dun ADN dado.


Hai seres vivos, que xa están adaptados...

No lugar de Alaska que nos mostra a serie Doctor en Alaska, hai diversso tipos de seres vivos, que deberon sufrir as adaptacións pertinentes, para ter un proceso de adaptación natural ao ecosistema alasqueño.

Como por exemplo o reno, que abre nos titulos de crédito o previsisble desfile de seres vivos, de todo tipo, que, dalgún xeito, se poden considerar habiatntes de Alaska, en modo natural ou "incorporado".


Hai outros que se van adaptar...

Por exemplo o entrañable Dr. Fleischman. Alguén que desemboca nese territorio, para el totalmente descoñecido. Cando, pola contra, el está perfectamente adaptado ao que podemos chamar ecosistema megaurbanita tipo NY. Ven sendo como un río ao que fan volver ás montañas, onde nacen os demais ríos, cando el xa leva moito tempo discurrindo pola urbe novaiorquina.

Que facer xunto a tanto río que está recén nacido, cando el xa chegou a esquecer as súas propias circunstancias de nacemnto? Terá que se poñer a "nacer" de novo...

En certo xeito é un ADN, que debía madurar en adn social urbano, para, en cambio, ter que se adaptar dun xeito algo brutal, a unha maduración en modo adn social negativo. E decimos "negativo", porque, en principio, non vai ser o proceso de aprendizaxe (artificial, pero natural e libre) que o Dr desexaría. De seguir en NY.

Porque, en esta serie, podemos contemplar un aspecto moi importante do inxerto que, decimos, fai a SAD : impedirte que desenvolvas o teu ADN libremente, para forzar un adn socila, que te resultará negativo, por evitar precisamente a tua maduración natural e libre.

Só que, no caso do Dr, pode que esa readaptación á vida "salvaxe" lle poida ser moi positiva, ao final do proceso, por neutralizar o adn social "realmente" negativo, que se lle estaba inxertando na "selva" de NY.
Porque se trataba de facelo unha peza típica da maquinaria branca dominante novaiorquina.



E algún deles nolo tentará explicar...

Unha enorme copntradicción (NY/Alaska) que se ilustra perfectamente con otro personaxe da serie : o locutor afeccionado e impulsivo, chamado Chris.

O seu gran amor pola lectura e a reflexión en voz alta do que le, nos ilumina moi ben este papel que xoga no relato da humanidade (calquera que sexa o punto da Terra onde habite), o que aquí xa chamamos hai tempo Socioxenética. En certo xeito, podemos dicir que o Chris foi un modelo de divulgador nato, sobre os efectos positivos (adn social positivo) e negativos (adn social negativo), que provoca o ambiente natural e social de Cicely, sobre a mente dos seus habitantes.

Sen o rollo científico (es máis filosófico), que nos montamos aquí. Chris te fala de como podemos modificar o noso comportamento, en función da interacción, que se vai dar, entre a personalidade que traemos de fóra, e as variantes, sobre todo afectivas, que debemos traballar, para que a nosa readaptación sexa positiva.

El mesmo, sen dúbida algunha, xa se vai poñendo como claro exemplo desa interacción "positiva".

E o Dr, con Maggie, o dono do bar, a súa muller, o astronauta que ven sendo o capo da aldea, a enfermeira nativa, o mozo nativo e, como non, o xefe tribal, sos as diversas personalidades (lembremos ADN en proceso de maduración), que representan ese choque de variable humanas, entre nativos e inmigrantes. 

E un sin fin de fauna salvaxe e urbana (outros diversos humanos), que van aparecendo sin parar ao longo de toda a excelente serie, mostrando un maior ou menso grado de integración.

Como dixo a Maggie, falando da serie aló polos anos 90, era unha serie onde nin tacos había. Todo era humanidade, máis ou menos complexa, pero sempre evolucionando dun xeito natural e libre.

E si, Chris, nos ilumina tanto sobre a Socioxenética, como sobre a extrema importancia do equilibrio na interacción entre os diversos seres vivos, que pululan por un ecosistema dado.

Seres vivos que se necesitan adaptar ao ecosistema tal como está, cando chegan a el. Sen esquecer que tamén necesitarán adaptarse aos posible cambios, que ese ecosistema vai soportar, para que permanezca como habitable. A evolución é unha resposta da natureza, para favorecer esa posible e imprescindible adaptación.

Cicely, nunha lectura actual, non deixa de ser un claro símbolo do planeta Terra.



venres, 16 de xuño de 2023

E costará moito adaptarse a un ecosistema?

 

Que salto houbo que dar, entre o peixe pescado polo humano, e ese mesmo humano pescador?

A evolución nos explica moitas cousas. E dela podemos sacar leccións interesantes, para reflexionar sobre o comportamento dos pescadores, é dicir, dos seres humanos. Como xa levamos repetido aquí ben de veces.

Imaxinemos unha orca, que non sexa Willy (Keiko), porque a ela xa lle molestaron abondo en Hollywood.

E imaxinemos, que, dado o seu grado de intelixencia, se pode facer certo tipo de reflexións internas.


O seu ADN pídelle que se comunique...

A orca pode facerse preguntas, desas que non se faría o Sócrates. Por exemplo, por que o ser humano segue pescando peixes, cando xa descubriu xeitos de fabricar alimentos de todo tipo? Por que debe maltratar ás ocas, por exemplo, para lle sacar un fígado excesivo, como se aínda vivíramos nos tempos de Luis XIV?

Por que seguen a ter tan mala comunicación entre os humanos, pode pensar esta orca, cando a súa capacidade intelectual é infinitamente superior á nosa? Pode ser por iso, precisamente? O seu ego non lles deixa pensar racionalmente?

E para que teñen intelixencia emocional, se se deixan levar polo que lles queda, aínda, de instinto animal?



O seu ADN pídelle que se reproduzca...


Como é posible que trate tan mal ao ser humano (a femia), que o complementa para reproducirse e criar os fillos?

Como é posible que o maltrato infantil se dea maioritariamente na contorna familiar da cría humana maltratada?



E o seu ADN pídelle que defenda ás súas crías...

E xa para rematar, que explicación lle podería eu atopar a un feito tan demencial : o ser humano desprecia casi por completo o enorme potencial en capacidade por desenvolver, que trae no seu ADN?

Prefire deixarse inxertar un adn social negativo, que lle impide ser natural e libre. E así, como pasaba co filete de Cifra na película de Matrix, prefire vivir encadeado a unha realidade virtual, que, para colmo el prefire tomar como real.

E logo ven de visita aquí, mira para min, dentro da piscina onde nos teñen encarcerados e ata sinte compasión. Non quere reflexionar sobre as cadeas virtuais que o teñen atado a unha casa, a unha familia, a un país, a unha tradición... a ter unha adicción a non pensar, en vez de buscar constantemente novos camiños de avance, naturais ou artificiais, e libres.

E para rematar (por hoxe). Como non enetende que, sabendo isto que sabemos os mamíferos mariños, poidamos ter interese en sair do mar? Non "quixemos" nos facer anfibios, porque no océano, aparte de submarinistas e a quilla dalgúns barcos, non nos molestan demasiado. Se a evolución é o que representa este ser humano, que me mira con compasión, estamos moi ben sen haber evolucionado tanto.

Outra cousa é que non queiramos esquecer o que facemos aquí, nesta piscina, en vez de nadar libres polo océano. Pensar no océano e na libertade é o que mellor nos fai estar vivos. Queremos estar adaptados á libertade do océano, pero non nos adaptarn áo cárcere da piscina. E por iso, sempre esatremos loitando por volver a ser libres.

Aínda iso vai ter que aprender o ser humano de nós. A pesares de que no seu ADN ven moito máis marcada a necesidade de libertade.













Una pausa en el camino.

 ¿Y puede darse la contramanipulación? O manipulador que ben nos manipule bo manipulador será... E como atopar a alguén, que nos axude a ser...