Porque esta "cartiña" si que era xenética!
A escravitude non está marcada no ADN dun ser humano, pero a súa etapa indispensable de pasar pola adolescencia, si que ven sendo unha marca vital no seu ADN. Como tamén é, se queremos ser xustos e lembrar ao 50% da poboación mundial, a marca de ser femia. Ser simplemente muller, iso que queren esquecer no movemento Queer.
Pero tomemos agora a reflexión co grupo que representa o inicio de cada nova xeneración de humanos : as súas crías.
E pensemos de novo en que tipo de reflexións andaban metidos os filósofos gregos, para non se facer preguntas tan simples como estas : Unha cría humana é "un adulto en pequeno" ou terá algunha diferencia clave, que os fai diferentes? Se a vida sexual é algo moi importante, para un ser humano, por que non debe ser iniciada con outros adolescentes (iguales), en vez de "con adultos moi experimentados"?
Claro que esta segunda pregunta nos levará a outra tan importante, que tocaremos máis adiante, que pinta o feito de ser femia na sociedade grega? Tan machista ela, aínda que ese concepto nin se "descubrira" nese momento.
 |
| Os pederastas ou violadores de adolescentes... |
Centrémonos agora nos adolescentes.
Son violados nun proceso educativo que ata ten nome propio e todo. Os pensadorse gregos poroin acapces ede se inventar un sissteam "educativo" chamado
Paidea, onde os adolescentes machos (as femias non contaban educativamente) eran prácticamente violados, mental e moitas veces físicamente, polos máis preclaros adultos da sociedade grega.
Fagamos unha pausa, nesta reflexión sobre adolescentes gregos, para salientar o machismo do concepto Paideía. Xa que se refire exclusivamente á educación do macho erego. Para nada está contemplada a femia. Neste sentido chirría moito, como o uso da palabra home, en este caso concreto, a reviste dun machismo total. Porque sabemos que ven de homo (ser humano, "hombre" en xenérico), pero está claro que eran machos os que usaban a linguaxe, que iba servir para redactar toda a historia clásica.
E si, para máis inri, volvendo aos adolescentes, non eran os pobres e incultos gregos os violadores, que supoñemos tamén o eran. Tiñan como rasgo de sabiduría comportarse como maestros sexuais, precisamente, as grandes figuras da élite grega : filósofos, xuices, políticos e militares.
E iso pasaba, nas sociedades máis elitistas e guereriras, como Esparta, ou con sociedades que presumían dunha metademocracia "de élite", como era Atenas.
E si, repetimos, por se non quedase ben claro. Identificamos pederastia, con Paideia ou sen ela, e violación de crías humanas. Esas crías que, precisamente, necesitan ser tuteladas por adultos, para que teñan unha maduración natural e libre. Porque natural non quere dicir sen intervención humana, só implica que se manteñan libres as marcas que se traen no noso ADN. Nada de facer un lavado de cerebro (inxerto de adn social negativo) a toda cría humana. Quen debería ser alguén capaz de rexenerar a anquilosada sociedade grega.
Que podía ser moi culta e pensante (a sociedade adulta dominante), pero era anquilosada, como ten que ser calquera tipo de sociedade humana, onde os adultos rematan por ser os únicos que rexentan o poder. E, para máis inri, un grupo reducido deses adultos, os que teñen propiedades (roubadas hai tempo). Que normalmente son os menos indicados para educar en positivo ás novas xeneracións.
 |
| Un pederasta tocando o que non debe... |
Porque nada garantiza que os vellos sátiros, integrantes na élites ateniense (incluído Sócrates), fosen os máis indicados para educar a ninguén, neste terreo da educación sexual. E menos saboteando o corpo e a mente das criaturas humanas, que necesitan ser libres para madurar libremente. Non como pezas axeitadas da maquinaria social ateniense.
De feito, neste tipo de sociedade (tan filósofa), dase o primeiro tipo de inxerto mental "sofisticado" (pola filosofía), para que se rescriba o ADN das crías humanas nacidas no ecosistema ateniense.
 |
| Ata o Apolo facía de pederasta... |
Porque os primeiros pederastas e violadores (mesmo de mulleres indefensas) eran os chamados deuses. Como se ve na imaxe o deus da Beleza, Apolo, esa sobre a que tanto reflexionaba o noso amigo Sócrates era un simple pederasta.
E desde logo, dubido moito que practicase unha
pederastia casta, como, segundo din algunhas fontes clásicas, practicaban certos atenienses de alto rango social.
Non hai pederastia casta, como non hai relación de igualdade entre un adolescente e un adulto. O adulto sempre se aproveitará da súa posición de poder, para impoñer o seu punto de vista. O dominio sobre a mente (e o corpo) adolescente fai que se trate dunha auténtica violación. Se mire como se mire.
Mesmo se o adulto deixa que faga todo "o que a cría humana queira" (en modo hipi), está controlando a maduración da cría. A está facendo medrar sen que tome realmente as rendas do seu futuro, xa que vai quedar de por vida, lastrado por esa "educación" supostamente libertaria.
Sin limites claros, non existen campos onde esteamos protexidos. Imos medrar n modo que podemos chamar "a monte", incapaces de interaccionar positivamente con outros seres humanos. E mesmo coa natureza que nos creou.
E iso é así, aínda que a ciencia aínda non nacera (separándose da filosofía) e podemos pensar, que estes adultos gregos non sabían a debilidade conxénita dunha cría humana. Nin se quixeron preguntar por esa lóxica posibilidade. Xa que chegaba con observar a difrencia de mnaduración entre unha cría humana e unha cría dos outros animais.
O seu mantra acientífico, de que eran "adultos en pequeno", lles impedia ver as árbores que habitaban no bosque. Coidando así, que se podía facer cunha árbore nacente o mesmo que con unha árbore xa madura.
Como levamos repetindo, ao Sócrates lle faltou enfocar o río de preguntas cara un mar que realmente fose "de coñecementos". Dedicouse a pasear pola beira, mirando as flores tan belas, que nela iban nacendo. E que si existía ou non a Beleza. E, todo iso, ben acompañado por efebos, aos que seguro violaba sen ser consciente de cometer tamaña violencia.
Como non considerara violento que a túa primeira caricia a un corpo huamnos sexa ao dun vello, cando podía ser o dun igual, macho ou femia, en función do gusto sexual. Que naad impide fuese probando amboss exos. pero coa mesma idade e falta d experiencia. Que un adolescente está preparado paar ir colelndo experiencia coas acatividaaes exuais que vaia practicando, non necsita recibir leccións enlatadas dun vello sabio.
E, falando de violencia, debo dicir que censurei as duas imaxes finais, para que o Tito Google non me volva a cerrar o chiringuito. O sinto, pero cos algoritmos hai que ter as costas ben gardadas. E por ser algoritmo (só vida virtual), non se está libre de "ser violento".